logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788499149462

Retorno aos clásicos «Obras imprescindíbeis da narrativa infantil e xuvenil»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 584
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI), achegan un novo volume cargado de ensaios, destinados aos profesionais da mediación entre o libro e a lectura co fin de orientalos nas súas recomendacións lectoras cara á formación literaria. Retorno aos clásicos propón seleccións de obras así consideradas, tanto da Literatura Infantil e Xuvenil universal coma das respectivas literaturas que conforman esta rede de investigación. As relacións de obras incluídas son o resultado da aplicación de criterios comúns, entre eles, a calidade literaria e a permanencia e repercusión na Historia da Literatura Infantil e Xuvenil, ademais do propósito de delimitar un posíbel canon de obras de LIX nos diferentes ámbitos que se contemplan.

• Blanca Ana Roig Rechou (Coordinador). Blanca-Ana Roig Rechou é profesora de Literatura Galega e Literatura Infantil e Xuvenil nas Facultades de Filoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, onde coordina o Grupo de Investigación LITER21 «Literatura galega. Literatura Infantil e Xuvenil. Investigacións literarias, artísticas, interculturais e educativas» (GI-1839). Investigadora no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, directora neste centro dos proxectos «Informes de literatura» e «Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil», e colaboradora dos proxectos «Dicionarios de Literatura». Investigadora principal da Red Temática de Investigación «Las Literaturas Infantiles y Juveniles en el Marco Ibérico e Iberoamericano» (LIJMI). Presidenta da Asociación Nacional de Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ). Membro da Asociación Galego-Portuguesa de Investigación en Literatura Infantil e X/Juvenil ELOS, da Asociación Nacional de Investigación en Literatura Infantil y Juvenil (ANILIJ) e de ELOS-Galicia. Autora de monografías e diferentes traballos sobre Literatura galega e Literatura Infantil e Xuvenil. webspersoais.usc.es/persoais/blanca.roig/, M.ª Isabel Soto López (Coordinador). , Marta Neira Rodríguez (Coordinador). , Red Temática de Investigación "LIJMI" (Autor/a). “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI)


ISBN:

978-84-9914-970-7

Astérix. O papiro do César

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartoné
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Dous anos despois do éxito de Astérix e os pictos, os personaxes creados por René Goscinny e Albert Uderzo regresan nun novo álbum escrito por Jean-Yves Ferri e debuxado por Didier Conrad.
Un novo e vil personaxe aparece en O papiro do César: Promoplús.


ISBN:

978-84-9914-913-4

Onde viven as fadas? «Conto para ler ás escuras»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 20
Formato: Cartoné
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Buscando o lugar onde viven as fadas, atoparedes un mundo de fantasía cheo de personaxes marabillosos, coma os trasnos que viven no bosque, as sereas que habitan no mar, as pantasmas…, e descubriredes cal é o fogar das fadas. Este libro é moi especial: pódese ler ás escuras. Se o poñedes aberto baixo un foco de luz e despois apagades, as páxinas iluminaranse dunha maneira misteriosa, máxica e sorprendente.


ISBN:

978-84-9914-916-5

Lendo lendas, digo versos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do … cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte
os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo»
(G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas).



ISBN:

978-84-9914-931-8

De remate

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...
A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.
Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.
Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.
De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.

Héctor Cajaraville (Santiago de Compostela, 1974) é xornalista e desenvolveu a súa actividade en medios de comunicación como La Voz de Galicia e De Luns a Venres, e en gabinetes de comunicación de entidades e institucións como a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias, a USC ou o Concello de Santiago. Desde 2011 dedícase tamén a tarefas de corrección para diversos selos editoriais. É coautor do Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato (Xerais, 2014) e De remate é a súa primeira novela (Premio Xerais de Novela, 2015).


ISBN:

978-84-9914-929-5

Calendario Xerais 2016. Emigración de Alberto Martí

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Grampado con Cubertas, 30,00 x 30,0
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto) con 13 fotografías da colección Emigración de Alberto Martí. Inclúe festivos e fases da lúa.
Alberto Martí naceu na Coruña o 14 de marzo de 1922 e, aos seus 93 anos, aínda segue en activo ordenando e clasificando os miles de negativos do seu arquivo, que talvez cheguen a un millón. Entre os seus traballos destaca a serie sobre a emigración, da que se coñece unha ducia de fotografías das máis de 200 que tomou nos peiraos da Coruña e tamén en Vigo, após o secuestro do Santa María polo DRIL.
O fotógrafo José Caruncho fixo a selección das fotografía e o prólogo para o calendario Emigración 2016 de Xerais.


ISBN:

9788499148885

Lingua e literatura 3º ESO. Caderno de traballo. Ortografía

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: 21 x 29,7 cm.
Precio: 9,81
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9914-886-1

Lingua e literatura 3º ESO (2015)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 296
Formato: rústica, 22,5 x 29 cm.
Precio: 45,32
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.





Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal