logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-497-9

Fantasmas de luz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».


ISBN:

978-84-9914-577-8

Premio 2013 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica
Precio: 12,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Relato curto - Cativa [Ana María Rodríguez González], Algunhas cousas é mellor non dicilas [Raquel Fernández González], Chove [Lorena Salgado Costa], Un día na radio [Sandra Táboas].
Poesía - Río Miño [Xurxo Martínez González], Dani [María Fiúza Lago], Notas dispersas para un prólogo imposible [Genaro Dasilva Méndez], Por amar loitamos [Marisol Gándara Sánchez].
Tradución - Hanwell o Vello [Belén Poutón Reboredo], O conto de Nadal de Auggie Wren [Antía Veres Gesto], Un libro de soños [Miguel Ángel Alonso García], Invernalia [María Rosales Fernández].


ISBN:

978-84-9914-589-1

A miña primeira Rosalía (Faro de Vigo)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9914-564-8

Cadeas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 408
Formato: Rústica
Precio: 22,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila. Dous grupos de mozos provocan unha trifulca durante unhas festas patronais ao inicio da Transición. O músico dunha orquestra e a camareira dun ambigú establecen unha engaiolante historia de amor...
Cadeas é unha novela de novelas. Un baúl de historias que denotan unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar. A novela iníciase a partir da anécdota dun escritor que descobre na praia unha muller nova que le unha novela súa. Entre ambos os dous establécese unha curiosa e incómoda relación que nos conduce a un debate sobre a identidade do que é ou non é hoxe unha novela. Desde o fragmentarismo dun narrador que ás veces é pop e ás veces é culto, Cadeas paséanos por diferentes atmosferas, rexistros e historias con gran sentido do humor e cunha áxil ironía.
Esta é a novela dun ventrílocuo, alguén capaz de enredarnos a través de diversos xogos textuais que pretenden evidenciar para o narrador a imposibilidade de contar, problematizando as dificultades da escrita.


ISBN:

978-84-9914-534-1

Astérix e os pictos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartoné
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Chega o novo álbum da colección clásica de Astérix cos personaxes de sempre e moitos novos: varios clans enteiros, de feito! Desta volta, Astérix e Obélix viaxan a Caledonia, a Escocia romana.


ISBN:

978-84-9914-558-7

Ámote Leo A. Destino Xalundes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: Rústica
Precio: 14,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona?
Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.


ISBN:

978-84-9914-563-1

Dióxenes en Dolorida

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 296
Formato: Rústica
Precio: 19,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Dióxenes en Dolorida, novela gañadora do XXX Premio Blanco Amor, narra as peripecias dun personaxe singular ––misóxino e excesivo–– que chega a unha cidade costeira, Dolorida, tras un fracaso amoroso; vai fuxindo do recordo de Marta. Na vila, tres homes que pasan por momentos delicados das súas vidas deciden seguilo incondicionalmente, asumindo o seu liderado natural. Todos adoitan frecuentar Praceres, un establecemento orixinal que ten especial interese para as mulleres de Dolorida. A novela, escrita cun estilo áxil e directo e co humor como elemento destacado, ofrece unha visión desenfadada das relacións de parella. Gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2012, a xuízo do xurado salienta “pola orixinalidade na construción do personaxe protagonista e pola recreación dun ambiente que flutúa entre o real e o paródico”.




(G).CADERNO PROFESORADO ED. PRIMARIA (2013-2014)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Precio: 9,30
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal