logo paquebote
2335 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-485-4

Viaxe ao futuro «Respostas rápidas para preguntas enxeñosas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Anillas
Precio: 15,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Poderán crearse edificios en 3D?
Cales serán as profesións do futuro?
Poderemos conectar o cerebro cun ordenador?
Todos comezamos a tremer cando un cativo ou unha cativa nos mira directamente aos ollos e abre a boca para dicir:
Por que?
Con este libro poderán atopar a resposta de seu!


ISBN:

9788491215509

O ceo das reixas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 14,85
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Noelia está presa no módulo de respecto cando na cela contigua sucede algo grave. Ela, que é cirurxiá, séntese obrigada a intervir. Logo, da dirección da prisión solicítanlle que vixíe e informe sobre a súa nova compañeira de cela, Fina, unha vella que semellaba dócil pero coa que terá que manter un pulso complicado.
O ceo das reixas, de Eli Ríos, recrea o ambiente carcerario a partir de protagonistas femininas e fainos descubrir que a liberdade non sempre depende do número de barrotes que teña unha reixa. Esta novela fala da invisibilización, dos silencios, da violencia e da linguaxe que constrúen cadeas imperceptibles arredor das mulleres.


ISBN:

978-84-9121-544-8

Os gritos das illas Lobeiras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 264
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario da súa aventura, cando descobre as aves que voan cara a atrás e que existe o misterio das illas Lobeiras: un lugar que non recollen os mapas e que só poden ver as persoas coñecedoras do seu segredo.


ISBN:

978-84-9121-542-4

O divino sainete

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: Rústica
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Publicado en 1888, O Divino Sainete é un poema satírico de tipo caricaturesco que narra a peregrinación de Curros Enríquez a Roma, guiado por Francisco Añón (que se presenta como capitán da Santa Compaña galega) con motivo do ano xubilar celebrado polo pontífice León XIII. Mediante a deformación da Divina Comedia de Dante, Manuel Curros Enríquez utiliza esa obra como modelo para caricaturizar o mundo clerical da época e certas institucións e personaxes do mundo político e cultural galego. Trátase dunha obra de gran vigor expresivo e forte sentido narrativo. Tremendamente polémica no seu tempo, foi unha das obras galegas máis lidas e editadas.


ISBN:

9788491215431

A nena, o monstro e o mar «Unha historia de Leopolda Diéguez»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 11,20
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro. Gran Gogol escoita con atención, porque se cadra iso é o mellor que pode facer alguén que está pechado no alto dunha torre...
Unha nova historia da viaxeira Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas.


ISBN:

978-84-9121-506-6

Os tempos e o clima de Galicia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Que récords climáticos se alcanzaron en Galicia? Cales son os lugares máis calorosos? E os máis fríos? Onde chove máis? Onde se rexistran máis días de precipitación? Que zonas gozan dun maior número de horas de sol? Cales teñen maior nebulosidade? Que lugares son os máis ventosos? Como está a afectar o cambio climático a Galicia?
Neste libro atoparás as respostas a estas e a outras preguntas relacionadas co clima de Galicia e os diversos tipos de tempo que o caracterizan. Nas súas páxinas explícase como se producen os fenómenos meteorolóxicos máis habituais no noso territorio: as inversións térmicas, as néboas costeiras e orográficas, as illas de calor urbanas, os tipos de precipitación, o efecto foehn, as brisas mariñas, o arco da vella etc. A través de exemplos concretos, analízanse tamén os riscos climáticos que afectan regularmente a Galicia, como vagas de calor, temporais de neve, cicloxéneses explosivas e temporais de choiva e vento, tormentas, secas, tornados... Tamén poderás coñecer como está a cambiar o clima da nosa comunidade debido ao quecemento global e cales son os escenarios de futuro.


ISBN:

978-84-9121-549-3

Un peixe no parqué

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 240
Formato: Rústica
Precio: 17,30
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Un peixe no parqué é un atlas de vidas en combustión, de faíscas acesas debaixo da borralla.
A medio camiño entre a novela e o libro de relatos, Ramón Vilar Landeira ofrécenos unha narración ateigada de ironía e humor, que trata das parellas que os sábados cean sushi diante da televisión; das pintadas máis insidiosas no váter da facultade; da xente que guinda preservativos dende os seus autos; do olor a naftalina na entreperna; dos camións que veñen de fronte pola estrada comarcal; da funcionalidade das casas prefabricadas; das clases medias e de Le Monde diplomatique; e, sobre todo, dos flashes dos teléfonos móbiles. Un peixe no parqué é ficción cosida coa vida cotiá, que non esquece as contradicións, silencios e esgazamentos da condición humana; ficción na que resoan os ecos deses golpes que o paso do tempo dá no rostro e no corazón ao decatarnos de que todo cambia.


ISBN:

978-84-9121-548-6

Galileo no espello da noite

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 336
Formato: Rústica
Precio: 19,30
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Galileo, un dos astrónomos máis célebres da humanidade, vese proscrito de vello, condenado polo Santo Oficio. El, que fora filósofo oficial na corte dos Medici e persoa reputada e achegada á curia pontificia, agora está maldito. Desde a vellez, o sabio cavila sobre a súa vida e a súa desgraza. Galileo no espello da noite é unha novela que nos mergulla na súa propia memoria, a través
da que desfilan o cativo acosado pola nai, o estudante irreverente, o home testalán, o pai de familia e o filósofo e científico xenial. Sen esquecer a importancia que tiveron as mulleres na súa vida, sobre todo a súa filla, a narración vai compoñendo o tapiz dunha traxedia na que, canto máis avanza o seu coñecemento dos ceos máis o apertan as ameazas dos rivais e inimigos.


ISBN:

978-84-9121-540-0

Dragal V «O segredo do dragón»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 400
Formato: Rústica
Precio: 12,30
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI? Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do dragón non descansan: o achado dun pergamiño que desvela a existencia das catacumbas pode supor o desastre. Que sabían os trobadores do tesouro de Dragal? Intensa, sorprendente, máxica, adictiva... Dragal V explora os límites entre realidade e ficción científica para satisfacer os fans máis esixentes do universo dragaliano e conquistar novos lectores. «Só quen se mergulle no sangue da lúa descubrirá o segredo do dragón.»


ISBN:

978-84-9121-539-4

Penumbra

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: Rústica
Precio: 12,30
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

A desaparición de Bryn, unha das sentinelas do muro de entullo que protexe Terra de Sol do escuro reino de Penumbra, pon de manifesto a sombra que ameaza a convivencia entre os cinco territorios de Sol: Desértica, Montaña de Xeo, Cavernas de Sombra, Terra de Sur e Illa Dourada. Ashlyn, a pequena irmá da sentinela desaparecida, é quen avisa as cinco terras do perigo e, ademais, quen guía a expedición na procura de Bryn a través das terras áridas de Desértica. Mentres, Penumbra maniféstase na terrorífica sombra que intenta darlles caza.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal