logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-333-0

A illa do tesouro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un mociño inglés do século XVIII vive e conta neste libro, clásico no seu xénero, unha aventura extraordinaria. Mesturados el e mais os seus amigos cunha grea de bucaneiros disfrazados de xente de ben, e norteados polo mapa que tirara o rapaz do cofre dun pirata finado na cativa pensión familiar, bótanse ao mar tras o engado do fabuloso tesouro soterrado por unha banda dos autodenominados cabaleiros de fortuna naquela afastada illa descrita no mapa. As peripecias de Jim Hawkins, do capitán Smollet, de John Silver o Longo e do resto dos tripulantes da Hispaniola significaron para varias xeracións non só a cristalización dos soños de mocidade de aventuras, senón tamén a realización literaria da ansia de escapismo que aniña en todo ser humano. Se ben a complexidade psicolóxica dalgúns personaxes, especialmente John Silver, amosa a característica preocupación de Robert Louis Stevenson pola ambigüidade moral das persoas, A Illa do Tesouro representa en estado puro a novela de aventuras na cal a procura mítica dun obxecto prezado actúa como móbil para a fuxida cara a escenarios exóticos onde a liberdade é posible.


ISBN:

978-84-9914-334-7

Relatos de terror

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Relatos de terror reúne oito contos de Lovecraft (“A tumba”, “Do máis alá”, “Herbert West, reanimador”, “O can”, “A ceremonia”, “El”, “A besta da cova” e “O alquimista”)(*CR*)que amosan como este xenial autor foi o inventor dun novo xénero, o conto materialista de terror, no que utiliza os símbolos que se manteñen no inconsciente das persoas para espertar eses terrores ancestrais que xacen dentro do noso cerebro. Trátase desa literatura de terror «cósmico» que se dirixe á parte máis fonda do cerebro, dominada polos instintos e emocións que están na orixe do xénero humano.


ISBN:

978-84-9914-315-6

Premio 2011 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica
Precio: 12,40
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


(2012).AXENDA SEMANARIO

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Formato: Grampado con Cubertas, 16,00 x 22,5
Precio: 12,05
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Características: Axenda para a planificación periódica coa semana á vista. Formato: 17 x 24 cm. Mapa actualizado de estradas de Galicia, 40 páxinas de información xeral, teléfonos de interese e servicios: Medios de Transporte, Oficinas de Turismo, Teléfonos de Urxencias, Concellos, Deputacións, Xunta, Universidades, Organozacións Sociais, Medios de Comunicación, etc. Dietario con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Santoral, Fases da Lúa. Publicidade específica: Páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente e posibilidade de estampación de logotipo na cuberta.


(2012).AXENDA DIETARIO CARTONE

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Formato: Grampado con Cubertas, 16,00 x 22,5
Precio: 16,01
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Características: Encadernación en Cartoné/Telflex negro Páxina día Formato: 17 x 24 cm Mapa actualizado de estradas de Galicia, 40 páxinas de información xeral, teléfonos de interese e servicios: Medios de Transporte, Oficinas de Turismo, Teléfonos de Urxencias, Concellos, Deputacións, Xunta, Universidades, Organozacións Sociais, Medios de Comunicación, etc. Dietario con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Santoral, Fases da Lúa. Publicidade específica: Páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente e posibilidade de estampación de logotipo na cuberta.


(2012).RECAMBIO DIETARIO (XERAIS)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica cosido a fío, 16,70 x 23,00
Precio: 9,80
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Características: Páxina día Formato: 17 x 24 cm Mapa actualizado de estradas de Galicia, 40 páxinas de información xeral, teléfonos de interese e servicios: Medios de Transporte, Oficinas de Turismo, Teléfonos de Urxencias, Concellos, Deputacións, Xunta, Universidades, Organozacións Sociais, Medios de Comunicación, etc. Dietario con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Santoral, Fases da Lúa. Publicidade específica: Páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente e posibilidade de estampación de logotipo na cuberta.


(2012).AXENDA DIETARIO SEMIL-PEL

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Formato: Rústica cosido a fío, 16,70 x 23,00
Precio: 27,59
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Características: Encadernación en Simil Pel negro Páxina día Formato: 17 x 24 cm Mapa actualizado de estradas de Galicia, 40 páxinas de información xeral, teléfonos de interese e servicios: Medios de Transporte, Oficinas de Turismo, Teléfonos de Urxencias, Concellos, Deputacións, Xunta, Universidades, Organozacións Sociais, Medios de Comunicación, etc. Dietario con información complementaria de Efemérides Galegas, Cultura Popular, Feiras e Festas locais, Celebracións Internacionais, Calendario Fiscal, Santoral, Fases da Lúa. Publicidade específica: Páxina ou caderno de información específica a determinar polo cliente e posibilidade de estampación de logotipo na cuberta.


ISBN:

978-84-9914-168-8

Fantasmas de luz

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Cartoné
Precio: 15,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.(*CR*)Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.(*CR*)Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».(*CR*)


ISBN:

978-84-9914-303-3

Vigo a 80 revolucións por minuto «Unha crónica da movida»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 384
Formato: Rústica
Precio: 23,95
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Vigo a 80 revolucións por minuto é unha crónica da movida viguesa da década de 1980 realizada por Emilio Alonso, colaborador activo deses acontecementos que supuxeron unha renovación conceptual das artes nunha época convulsa en Vigo, acabada a sociedade de saír dunha ditadura de corenta anos, con mobilizacións continuas de traballadores contra a reconversión do sector naval, con protestas estudantís en defensa dos seus dereitos, coa proliferación das drogas e as súas consecuencias…
O 27 de decembro de 1981, no cine do Colexio Salesianos, celebrouse o que se pode considerar “acto fundacional” da movida viguesa: o primeiro concerto de Siniestro Total (con Julián Hernández, Miguel Costas, Alberto Torrado e Germán Coppini) prendeu a chama deste fenómeno que deixou unha forte pegada no desenvolvemento cultural de sucesivas xeracións.
Nesta obra, cunha extensa e variada documentación gráfica e xornalística, ademais de falar da música, parte esencial da movida, concédeselle a relevancia que merecen a outras disciplinas como a poesía, a pintura, a moda e a estética, o teatro, a fotografía, o cine… E tamén ao xornalismo radiofónico e aos fanzines que difundían todo o que abrollaba na cidade atlántica que se chegou a converter por uns anos na referencia cultural da mocidade de toda a Península.


ISBN:

978-84-9914-299-9

Vaia tropa!

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo, do sen sentido, e está pensado para ser lido de formas diversas.
Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo.
Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito.
Ao final do libro convidámoste a que inventes algún compañeiro para toda esta xente.
Trátase, xa que logo, dun libro xogo, no que a sorpresa da lectura e das ilustracións conforman un conxunto que non pasará desapercibido ao lector.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal