logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788497823302

CADERNO ORTOGRAFIA 3O-4O.ESO (2O.CICLO) (GALEGO)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Precio: 9,53
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

9788497826518

(PROPOSTA DIDACTICA).MATEMATICAS 3O.ESO

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:   
Precio: 14,43
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9914-507-5

Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2013

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: 29,6 x 21 cm.
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2013 é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2013.
Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas alternativas que sirvan de práctica para afrontar a Selectividade deste curso.
Ademais tamén se aconsella de forma exemplificada sobre a correcta resolución das actividades, incidindo sobre todo no referente ás preguntas de sociolingüística e literatura, así como na análise de textos: esquema de ideas, resumo, título, tema, estrutura e comentario crítico.


ISBN:

978-84-9914-495-5

Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: Rústica
Precio: 10,15
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións vinculadas coa produción teatral, que tanto contribuíu a dignificar e a modernizar Roberto Vidal Bolaño. Debuxou coa súa voz, falou con máscaras, coa forza expresiva do corpo, dos ritmos populares, das técnicas audiovisuais, deseñou espazos onde concitou heroes e mitos do pasado ou desagraviados e silenciados do presente. Inconformista, polémico, ocupado en oficiar en cada función a máis fresca e vibrante liberdade da acción dramática. Esta obra amosa o que hai detrás dos fíos que crean a maxia inesgotable, eternamente transformadora, da arte do teatro.


ISBN:

978-84-9914-490-0

As palabras do silencio

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: Rústica
Precio: 11,20
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Este relato recrea a Noite de San Valentín chinesa, tamén coñecida como Qixi, A Noite dos Sete ou Festival da Pega, paxaro que a autora decidiu simbolizar na Rula, tan da nosa tradición amorosa. Esa noite os namorados contemplan o ceo e falan de amor ao tempo que buscan as estrelas Vega e Altair, que representan os amantes desta antiga lenda da dinastía Han, na que se relata o amor entre a Princesa Tecedora, un ser máxico, e o Home das Vacas, tan só un humilde mortal.


ISBN:

978-84-9914-488-7

O merlo de ferro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: Rústica
Precio: 11,50
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos…
Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes. Os vidros da xanela semellan caramelos de menta.
Un día, mentres o ferreiro vía a través dos vidros, na xanela póusase un paxariño.
—É un merlo! –exclamou moi contento.
A partir daquela Manuel decidiu facer un merlo de ferro, pero non un calquera, senón un que fose capaz de cantar e de voar por enriba dos ventos.


ISBN:

978-84-9914-491-7

Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: Rústica
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha noite desapareceron todos os zapatos do pé esquerdo; no barrio todo o mundo sospeita do Mangallón, un vello rabudo que vende calzado. Tan só un grupo de rapaces que lidera Nica cre na súa inocencia. Son Os Sabuxos. Eles ocuparanse de descubrir a verdade e de que non derruben a casa do Mangallón para ampliar un campo de golf. Por outra parte, Nica intentará que o guaaapííísimo Sam lle preste un chisco de atención...


ISBN:

978-84-9914-486-3

Tastarabás «Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 1080
Formato: Cartoné
Precio: 80,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Froito de dez anos de traballo, velaquí temos Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. Nesta obra, o autor, ao longo de máis de mil páxinas, ofrece un extenso catálogo dos brinquedos e enredos diversos que forman parte da nosa tradicional cultura lúdica.
Máis de 2.500 fotografías acompañan os arredor de 1.000 brinquedos, enredos e mesmo brincadeiras efémeras que compoñen o volume, todos eles descritos de forma pormenorizada e completados con informacións sobre o seu uso, a dificultade de construción, as súas variantes, os lugares de recolla das informacións, anécdotas dos informantes relativas aos xoguetes descritos e tamén textos literarios ou doutra índole, nos cales un gran número de autores se refiren a eles.
Velaquí un libro de divulgación que recompila nun só volume a meirande parte dos xoguetes tradicionais que formaron e forman parte da nosa cultura, clasificados en brinquedos do mundo animal, vexetal e inanimado, brinquedos de enxeño e habilidade, bonecas, brinquedos de desprazamento e transporte, arsenal infantil, brinquedos sonoros e xoguetes ou elementos para xogos regrados, entre outros.


ISBN:

978-84-9914-498-6

Estilística da lingua galega

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 576
Formato: Rústica, 24 x 17 cm.
Precio: 29,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xosé Ramón Freixeiro Mato elaborou esta Estilística da lingua galega co obxectivo de ordenar e sistematizar os valores expresivos do idioma galego, dotándoo así dunha ferramenta de análise da cal outras linguas próximas xa dispoñen desde hai tempo.
A obra, realizada fundamentalmente con base nos textos literarios contemporáneos, contribúe a unha posta en valor do noso patrimonio lingüístico-literario e do labor artístico dos escritores e escritoras, que conseguiron labrar artesanalmente a lingua nacional para tiraren dela toda a súa potencialidade expresiva. O arduo traballo de construción da lingua literaria galega a partir dun idioma desprestixiado, abandonado e ruralizado só desde o propio país pode ser hoxe recoñecido e reivindicado.
Esta completa Estilística da lingua galega, cun tratamento pormenorizado e actual dos aspectos gráficos, fonéticos, morfosintácticos, léxico-semánticos e textuais, tórnase aínda nestes momentos oportuna, útil e necesaria, pois é particularmente nos seus valores expresivos onde se debe alicerzar o prestixio e o futuro do idioma galego, así como a autoestima dos seus usuarios e usuarias.


ISBN:

978-84-9914-461-0

O Capitán Aspanitas e o misterio das Burgas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Rústica
Precio: 9,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Nas termas da cidade de Ourense están a ocorrer acontecementos estraños: as augas flúen e, de súpeto, detéñense, coma se atendesen a ordes calculadas por alguén. Unha banda de encarapuchados parece estar detrás dos sucesos. Só o Capitán Aspanitas e o seu equipo serán quen de descubrir a trama que se agocha tras tan sorprendentes feitos.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal