logo paquebote
3153 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788419213112

Aquela praia dos Hamptons

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"Tanto me angustiaba aceptar como non aceptar, porque a angustia non a causa o que un elixe, como ben dicía Kierkegaard, senón ser consciente de que un ten a liberdade de decidir, de que un está condenado a elixir, pensei para consolarme, aínda que Kierkegaard dixo iso cunhas boas medias de la. A recomendación por parte do seu terapeuta dun paseo polas praias dos Hamptons levouno a coincidir con Merton, un exitoso produtor de televisión a quen coñece dende hai tempo. Este encontro converteuse nunha oportunidade para revitalizar a súa carreira como guionista, pero o único que parece obsesionalo é un burato no seu calcetín dereito. Cun humor mordaz e unha divertida prosa narrada en primeira persoa, ?Aquela praia dos Hamptons? é unha novela breve que remite á intriga, á elegancia e ao enxeño de autores como John Updike, Anne Tyler ou Eduardo Mendoza."



ISBN:

9788411101240

Xestas olímpicas «Escolma de relatos heroicos no mundo do deporte»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: 20 x 14 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo entre a realidade e a lenda, fazañas prodixiosas que elevan a quen as protagonizaron á categoría de heroes e heroínas con letras maiúsculas, polos logros acadados ou porque as súas proezas abrían camiños antes inconcibibles. O elemento en común dos relatos que conforman estas Xestas olímpicas é o esforzo, ás veces sobrehumano, por superar unha marca, unha altura, unha distancia... pero sobre todo por superarse a si mesmos e a si mesmas. E por servir de inspiración e estímulo á xente nova que encontra no deporte o seu divertimento, a súa afección, a súa paixón... Ou, por que non, o seu modo de vida.



ISBN:

9788419213044

A casa grande de Romarigaes

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 360
Formato: 22,5 x 15,5 cm.
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Esta é a crónica dunha casa: dende a súa construción a mediados do século xvii até a súa decadencia e abandono a finais do século siglo xix. E é tamén a historia de Portugal dende a súa independencia de España, pasando pola invasión francesa, a guerra civil ou os recorrentes pronunciamentos militares. A modo de reportaxe contemporánea, pero facendo gala dun estilo poético e refinado que mestura con exuberancia a linguaxe erudita e a popular, desfila por estas páxinas unha dinastía de nobres que ao longo de case tres séculos acumulan relacións prohibidas, fillos ilexítimos, amores, traizóns, heroes ou mortes estrañas. Escrita en 1957 por Aquilino Ribeiro, o escritor portugués, xunto con Fernando Pessoa, máis destacado do século xx. A casa grande de Romarigães é un espello fascinante da historia moderna de Portugal e, por extensión, do resto de Europa: a confrontación entre a servidume da vida rural baixo a hexemonía do clero e a nobreza.



ISBN:

9788411100038

Lingua 1 Educación Primaria. Proxecto Tecelingua.

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 29,5 x 21,5 cm.
Precio: 28,43
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.




ISBN:

9788411100892

A vida na Grecia clásica

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: 20 x 14 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A vida na Grecia clásica é unha porta de entrada á civilización que, xunto coa romana, está na base da nosa cultura. A historia da arte, da ciencia, do pensamento ou das formas políticas non se pode entender sen coñecer e apreciar as achegas dos gregos antigos. Neste libro aprenderás como era o seu día a día, as súas escolas, que comían e bebían, como vestían, como se entretiñan... E, se cadra, verás que non eran tan diferentes a nós.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal