logo paquebote
3152 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788416721306

O que eu creo (de todo) «Reflexións inmorais de Xavier Piñeiro Traba»

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Xavier non se conforma. Por iso pensa, por iso soña. E por iso escribe este libro. Con frases propias ou alleas. É un apaixonado das letras. E con cada palabra a súa imaxinación voa. A pesar da cidade na que vive. Das rifas dos seus pais. Das parvadas da súa irmá. Dos amores e desamores. Ou dos matóns do colexio. Porque o importante é sentirse vivo. E poder compartilo con alguén. Non cres?


ISBN:

9788416721320

Cerráronseme os ollos

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 13,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Maëlle é unha rapaza francesa que quere cambiar o mundo. Aos seus dezaseis anos ten un carácter firme, é unha alumna aplicada no instituto, simpática, solidaria cos seus compañeiros e líder no equipo de balonmán. Pero algo sucede na súa vida, que dá un xiro de 180 graos. Cada día pasa máis tempo pendente das redes sociais, abandona o deporte, cambia a súa forma de vestir, deixa o seu mozo?


ISBN:

9788484644040

Pedagoxía do oprimido

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: 21,5 x 15 cm.
Precio: 20,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ensinar o alumnado a «ler o mundo» para poder transformalo é o obxectivo da escola, segundo Paulo Freire, o máis célebre educador brasileiro. Coñecido polo método de alfabetización de adultos que leva seu nome, a súa obra máis destacada é ?Pedagoxía do oprimido? (1968), convertida nunha icona da pedagoxía progresista e nun clásico do pensamento. Parte dunha fonda e complexa lectura da realidade latinoamericana, propoñendo unha vía e un horizonte para a transformación radical das persoas e das sociedades.


ISBN:

9788484643937

Un dous tres, vampiro ti es

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 20
Formato: 17,5 x 22 cm.
Precio: 10,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Despois do premiado ?Un dous tres, que ves??, esta nova proposta segue apostando pola dimensión lúdica do libro e da lectura, co tándem texto-ilustracións como fórmula para recoñecer palabras e imaxes a través da rima e do ritmo. Este libro presenta un esquema baseado na repetición e o xogo encadeado de personaxes extraños e desgarbados en diferentes situacións e actitudes. Nesta ocasión, a galería de figuras que se asoman a estas páxinas destaca polo seu aspecto aparentemente inquedante: vampiros, pantasmas, monstros e esqueletos súmanse a animais a primeira vista desagradables, perigosos ou asociados á mala sorte como arañas, carrachos, serpes, tiburóns, crocodilos, gatos negros ou morcegos. Con todo, proxectan unha ollada tenra, afectuosa e burleira que nos atrapa e fainos sorrir.


ISBN:

9788484644125

Ler o mundo «Experiencias de transmisión cultural de hoxe»

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: 21,5 x 15 cm.
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Michèle Petit fai unha reflexión a prol da literatura e da arte, en todas as súas formas, coa intención de que chegue a formar parte da nosa vida cotiá, especialmente na das rapazas e rapaces. ?Ler o mundo? nace como un acto de rebeldía ao comprobar que a lectura estase a converter nun instrumento para conseguir rendabilidade inmediata, como se a utilidade fose a súa única razón de ser.


ISBN:

978-84-9121-296-6

Astérix e Cleopatra

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartonado, 21,80 x 28,80 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Nesta ocasión, Astérix e Obélix enfróntanse a unha nova misión: construír un palacio para a mesmísima Cleopatra!


ISBN:

978-84-9121-405-2

A balada dos unicornios

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Cartoné, 14 x 21 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A Escola de Artefactos e Oficios acolle os mozos e mozas máis brillantes. Son capaces de crear casas motorizadas, sombreiros voadores e outras proezas abraiantes. Ágata McLeod é unha das mellores alumnas, pero hai moitas cousas que descoñece da institución... e do seu pasado. A inventora terá que viaxar á orixe do mundo nunha travesía ateigada de aventuras e perigos. Fantasía e ciencia mestúranse nunha loita sen cuartel que enfronta corvos e unicornios.


ISBN:

978-84-9121-297-3

Astérix. O combate dos xefes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartonado, 21,80 x 28,80 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Astérix adestrando a Abraracúrcix para que se enfronte a outro xefe galo? Que pasou coa poción máxica? Descúbreo en «O combate dos xefes»!


ISBN:

9788491213413

Flocos de millo 3 anos. Método completo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 474
Formato: 25 x 31 cm.
Precio: 106,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística


ISBN:

9788491213499

Flocos de millo 5 anos. Método completo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 348
Formato: 24 x 30 cm.
Precio: 106,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Subvencionado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral de Política Lingüística




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal