logo paquebote
3153 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-820-3

Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Grapado
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Calendario Xerais 2021. Mulleres. Llanos. Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con doce fotografías pertencentes ao Arquivo Llanos. O Arquivo Llanos, depositado no Museo Etnolóxico de Ribadavia, está conformado por imaxes captadas por tres xeracións de fotógrafos da mesma familia que, en conxunto, documentan as transformacións da cidade de Vigo e a súas xentes na práctica totalidade do século XX.


ISBN:

978-84-9121-766-4

Un señor elegante

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 560
Formato: Rústica
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste. Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela deslumbrante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea. Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais do aceptamento da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.
Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galiza vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.


ISBN:

978-84-9121-777-0

O Menhir de Ouro. Astérix

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartoné
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Neste fermoso día baixo o sol de Armórica, a apracible calma da pequena aldea gala que tan ben coñecemos rompe de súpeto. Asegurancetúrix, o bardo, xa non atura volver escoitar: «Non, non cantarás!». Desta vez, o seu talento verase recoñecido! Non polos seus «indoutos» veciños da aldea senón polo xurado do torneo dos bardos galos que se celebra no bosque dos Carnutes. O bardo non só ten pensado participar no torneo senón que está convencido de que acadará o máximo galardón: o Menhir de Ouro! Do que si está certo Astérix é de que os terribles rechouchíos do seu amigo desencadearán unha boa pelexa... Por iso, canda o seu inseparable Obélix, acorda acompañar o bardo para protexelo, coa promesa de que, esta vez si, cantará!


ISBN:

978-84-9121-749-7

Salvamos o planeta! «Respostas rápidas para preguntas enxeñosas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Anillas
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Por que hai gaivotas nos vertedoiros?. Que é unha marea negra?. E o quentamento global?. Tan malo é o plástico?. "Salvemos o planeta!" é un libro para aprender... divertíndote.


ISBN:

978-84-9121-750-3

Astérix e os normandos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartoné
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! Unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo o invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum... Nesta ocasión, os normandos chegan á aldea gala dispostos a descubrir o que é o medo. Ao bateren con Astérix e Obélix, e co resto dos irredutibles galos, de seguro que o van conseguir.


ISBN:

978-84-16721-67-2

Breve historia da escravitude

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 368
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

James Walvin escribiu «Breve historia da escravitude» en 2007, polo bicentenario da abolición da trata de escravos no Reino Unido e nas súas colonias. Experto nesta complexa materia, o autor presenta unha escolma de textos históricos que permiten achegarse á mentalidade de quen sostivo unha institución tan aberrante como moralmente aceptable, enfrontándoa coa visión crítica actual. A obra sitúanos con rigor ante un dos capítulos máis vergoñentos da historia, cuxas repercusións aínda perduran na actualidade, facendo unha reflexión sobre a relación entre a escravitude e o sistema económico capitalista occidental.


ISBN:

978-84-9121-744-2

A tropa contra o virus

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19.
Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade.
Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica.


ISBN:

978-84-9121-704-6

Súbditos ou cidadáns? «Reflexións ante a involución democrática e a lóxica dos poderosos»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 272
Formato: Rústica
Precio: 19,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque. Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de "Súbditos ou cidadáns?" vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición. A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. "Súbditos ou cidadáns?" aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas. O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes.


ISBN:

978-84-9121-697-1

Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: Cartoné
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os Mimimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer todo o que lles pete. Todo cambia o día que chega Terraplén, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terán que empregar todo o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Terraplén regrese á vida?





Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal