logo paquebote
3152 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788416460687

NA PEL DAS ÁRBORES DO VENTO

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 9,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

El libro de poemas 'Na pel das árbores do vento' de Paulino Peña (Vilardevós - Ourense, 1960) recibió en 2019 el 2º Premio de la primeira edición del Certamen de Poesía Torre de Caldaloba, que convoca el Concello de Cospeito (Lugo). Consta de veinticinco poemas precedidos por una introducción de Montse González Álvarez. El jurado valoró en esta obra su “evocación de los sentidos, con un afinado uso de la retórica y de la voz poética, en forma de versos como látigos que nos interpelan dejando un suave poso de nostalgia”.


ISBN:

978-84-9121-615-5

Un lume azul

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 400
Formato: Rústica
Precio: 24,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Esta novela é a historia dos corpos sen vida. Unha trama de suspense que nos arrastra ata posuírnos, da que é preferible non saber nada previamente, mesmo evitando que ninguén nos desvele nada sobre ela, e gardar para nós o pracer de descubrir, de golpe, cal é a verdadeira historia que aquí se agocha. Dura, por veces mesmo violenta, pero tamén emotiva e, sobre todo, imprevisible, " Un lume azul " é unha apaixonante e intensa novela de Pedro Feijoo, escrita con ese arrebato ao que nos ten afeitos.


ISBN:

9788491215912

Calendario Xerais 2020. Traballadoras de Massó

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Grampado con Cubertas, 30,00 x 30,0
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Calendario Xerais Traballadoras de Massó 2020.
Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do arquivo do Museo Massó. Estas doce imaxes realizadas nos anos vinte do século XX recollen o traballo das mulleres na industria conserveira galega.


ISBN:

978-84-9121-609-4

Os camiños do vento

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Lucas e Sara comezan o novo curso xuntos no instituto. O cambio á ESO non será doado, e menos cando un novo misterio peta nas súas portas. Unha pequena ladroa de peixe aparece no peirao onde adoitan ir pasear. Na súa pescuda por descubrir quen é esa rapaza, aprenderán a ver o mundo con outros ollos e coñecerán dous novos amigos e a odisea que viviron ata chegar á vila: unha viaxe a través dos camiños do vento.


ISBN:

9788416721504

Vitamina N

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As probas indican que as experiencias nos espazos naturais poden paliar os síntomas do trastorno por déficit de atención con hiperactividade, mitigar a depresión e a ansiedade, axudar a previr ou reducir a obesidade e a miopía, reforzar o sistema inmune e reportar moitas outras vantaxes para a saúde física e psicolóxica. Ademais, o tempo que se pasa na natureza tamén pode mellorar a socialización e reducir a violencia social, estimular a aprendizaxe e a creatividade, reforzar a ética conservacionista? Richard Louv sostén que o aumento galopante da tecnoloxía provocou a aparición do denominado trastorno por déficit de natureza. Acostumados durante milleiros de anos de evolución a adaptarnos a unha contorna, nos últimos tempos cambiamos o medio natural pola cidade; da comunidade rural pasamos a unha sociedade altamente urbanizada. Esta situación produce desordes nas funcións fisiolóxicas e psicolóxicas, agravadas segundo aumenta a exposición á velocidade e á hiperestimulación dos avances tecnolóxicos. O cerebro de nenos e mozos habituouse a manexar aplicacións en dispositivos móbiles e a consultar Internet nun ordenador portátil mentres simultaneamente escoitan ou ven series de televisión; para eles, a natureza tense reducido a un estímulo lento.


ISBN:

978-84-9121-592-9

Shanghai a Barcelona

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: Rústica, 15,50 x 23,00 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Orlando viviu na súa propia pel o trauma de ser «segado» da aldea cando tiña catro anos para marchar á emigración a Barcelona, onde conforma a súa vida. Pero a idea de paraíso nunca desaparece. E, non obstante, a aldea, vencida e despoboada, pouco ten que ver co paraíso.
" Shanghai a Barcelona "
é unha novela situada nun non-lugar literario que enfronta os espazos urbanos «especialmente a cidade de Barcelona» co máis esquecido e abandonado rural galego, logrando crear unha atmosfera abafante que se vale dos haikus para reforzar o seu carácter simbólico. O autor xoga coa intriga dos graves acontecementos que sucederon no ámbito das amizades do protagonista, pero tamén coa psicoloxía dos personaxes e co trauma do desarraigamento, fiando, con ese obxectivo, diversas voces narrativas.
" Shanghai a Barcelona "
é unha novela corrosiva, irónica, con diálogos brillantes e retranqueiros, que non esquecen o esbozo da migración galega a Cataluña.


ISBN:

9788491215875

Vinte mil leguas baixo dos mares

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 448
Formato: Rústica cosido a fío, 16,50 x 24,00
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, ao mando do capitán Nemo.
Cando Jules Verne ideou a construción do Nautilus, escribiulle a Hetzel, o seu editor e amigo, para asegurarlle que a súa arca estaría mellor equipada ca a de Noé. Verne, que visitara xa os centros da terra e do aire, quixo baixar aos abismos do mar. Imaxinou un personaxe épico, o atormentado capitán Nemo, un sabio desenganado da raza humana, que se move guiado por un deses motivos tan recorrentes na novela de aventuras: a xustiza implacable, non exenta de vinganza, e a humillación do adversario.


ISBN:

9788416721481

A batalla de Occidente

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

En 1810, Prusia montou unha escola de guerra. As palabras «escola» e «guerra» crean un efecto estraño cando se poñen unha ao par da outra: fannos imaxinar alumnos en fila, con botas grandes de máis para eles, e dormitorios onde a xente esperta ao son da corneta. E que se aprende nunha escola de guerra? O 28 de xuño de 1919, na Galería dos Espellos do Palacio de Versalles, asinouse o tratado que puxo fin á I Guerra Mundial. Cumpríanse cinco anos do atentado de Saraxevo no que fora asasinado o arquiduque Francisco Fernando, que foi o detonante da Gran Guerra. O acordo entrou en vigor o 10 de xaneiro de 1920.


ISBN:

978-84-9121-485-4

Viaxe ao futuro «Respostas rápidas para preguntas enxeñosas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Wire-O, 14,00 x 20,50 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Poderán crearse edificios en 3D?
Cales serán as profesións do futuro?
Poderemos conectar o cerebro cun ordenador?
Todos comezamos a tremer cando un cativo ou unha cativa nos mira directamente aos ollos e abre a boca para dicir:
Por que?
Con este libro poderán atopar a resposta de seu!


ISBN:

9788416721498

Eu son Suleimán

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: 20,5 x 13,8 cm.
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Superado pola extrema pobreza que padece en Mali, Suleimán decide marchar co seu amigo Musa na busca dunha vida mellor en Europa, onde esperan traballar, conseguir diñeiro para voltar ao seu país, abrir os seus negocios e axudar as súas familias. A viaxe resulta dura e difícil: cruzan o deserto en camións escangallados, ateigados de xente tan desesperada coma eles; chegan á fronteira con Melilla pero, ao tratar de cruzar a reixa fronteiriza, son arrestados e expulsados. Suleimán loita por sobrevivir e volve intentalo por mar, dende as costas de Senegal ata Gran Canaria.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal