logo paquebote
3152 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788416721368

1984

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 416
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Imaxinas unha sociedade na que o goberno che impoña como vestir, que nova lingua falar, como actuar, como pensar? En 1984 esa sociedade existe, chámase Oceanía e comparte o dominio da Terra con outras dúas superpotencias coas que adoita estar en guerra alternativamente: Eurasia e Oriasia. Londres é a principal cidade da Aeropista Un e na súa cerna está instalado o centro do poder do estado totalitario liderado polo Irmán Grande, ser omnisciente que controla a vida social e privada dos cidadáns grazas a un sistema de telepantallas instaladas por todas as partes.


ISBN:

9788416721375

O neno do pixama de raias

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Esta novela do escritor irlandés John Boyne converteuse nun fenómeno editorial de altísimo nivel: traducida a máis de corenta e dous idiomas, vendeu máis dun millón de exemplares en castelán, foi líder de vendas durante semanas en varios países e realizouse unha adaptación cinematográfica. En galego xa vai pola súa undécima reimpresión. Trátase dunha fábula literaria para todos os públicos, que bebe de fontes como Charles Dickens, John Irving, Philip Roth, Anne Tyler ou Alexandre Dumas.


ISBN:

9788416721382

Viaxeiros

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: 23,4 x 24 cm.
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A meirande parte dos animais son sedentarios: viven sempre no mesmo sitio ou fan desprazamentos curtos. Pero a lenta evolución dos continentes, os cambios Do clima e as transformacións do contorno levan a moitas especies a viaxar para sobrevivir... Este libro permite acompañar os animais que -por terra, mar e aire- realizan as viaxes máis longas e arriscadas. Uns realizan travesías de milleiros de quilómetros, atravesando continentes e océanos, entre onde pasan o inverno e a súa residencia de verán, ou dende as zonas de cría ás de alimentación. Outros fan traxectos curtos pero expoñéndose a toda clase de perigos y vicisitudes. Estes desprazamentos son asombrosas aventuras que poñen a proba a resistencia de cada criatura, a súa obstinada determinación e capacidade de orientación.


ISBN:

9788484644286

Agora non, Bernardo

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: 26 x 22 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

?Ola, papá ?dixo Bernardo. ?Agora non, Bernardo ?dixo seu pai. ?Ola, mamá ?dixo Bernardo. ?Agora non, Bernardo ?dixo súa nai. ?Hai un monstro no xardín e vaime comer ?dixo Bernardo? Este clásico de 1980 é unha inquietante e divertida historia para primeiros lectores, e á vez un toque de atención aos adultos, tan ocupados nas súas cousas que non atenden abondo as necesidades -xa non materiais, senón afectivas- dos cativos. Malia que Bernardo avisa os seus pais de que hai un monstro a piques de papalo, ningún lle fai caso. No cume do absurdo, o monstro chega a ocupar o lugar do neno no fogar, sen que ninguén máis da familia se decate e persistan en ignoralo, como facían co rapaz.


ISBN:

9788484644514

Cornelio

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: 27,5 x 22 cm.
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cando romperon os ovos, os crocodilos reptaron ata a beira do río. Mais Cornelio ergueuse e foi o único que camiñou sobre as súas patas traseiras... A historia de Cornelio, como todas as obras de Leo Lionni, invita a pensar e a aprender importantes leccións vitais. O valor da diferenza, a comprensión e o respecto a quen non actúa segundo as convencións establecidas, ademais do esforzo que precisa a aprendizaxe, reflíctense neste clásico da literatura infantil.


ISBN:

9788416721245

Feliz Idade

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 152
Formato: 21 x 14,5 cm.
Precio: 13,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Con ?Feliz Idade?, Olga Novo tende unha mecha desde a xeración que a precedeu á que lle segue; entre o onte e o mañá da estirpe, alén do pasamento do pai e da nenez da filla. Nese punto, no territorio puro e esperanzado do presente, estes versos ofrécennos o avanzar dun lume libertario ao que os seus lectores asistimos enmeigados e pampos.


ISBN:

9788417552114

Cinco minutiños máis

Editorial: Blackie Books   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: 28 x 22,4 cm.
Precio: 14,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O tempo, que cousa tan curiosa. Papá fala seguido dese tema. Pero eu creo que sei máis do tempo ca el...


ISBN:

9788416721351

As miñas nanas negras

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

?As miñas nanas negras? recompila 25 contos cos que a autora lle rende homenaxe á narración oral da súa rexión natal, o Chocó colombiano, situado entre o Caribe e o Pacífico. Cada historia -que rescata da memoria da nenez- é un canto alegre á vida, partindo do ritmo e do baile como principais argumentos. As protagonistas destes relatos imaxinativos son mulleres de raíces afrocolombianas nas que ese ritmo vai asociado a unha parte concreta do corpo: a boca, o corazón, as nádegas, as cadeiras?


ISBN:

9788484644262

O segredo de Avó Oso

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: 25,5 x 18,5 cm.
Precio: 15,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Coma un borrón de tinta chinesa sobre un caderno en branco. Así cae a sombra de Mamá Corvo sobre as árbores. Arroupado coa súa manta de neve, o bosque dorme. Mamá Corvo gralla dende unha póla. ?Cinco minutos máis ?bocexa o vento... O bosque é o nevado escenario onde se atopan Mamá Corvo e Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo. Non está entre as árbores, nin no tobo, nin na lagoa? e a inseguridade da dúbida faino sentirse vulnerable. O misterio envolve esta fermosa obra narrativa na que a natureza é un personaxe máis; unha natureza humanizada pola poética do texto de Pedro Mañas, con metáforas que acentúan o ton descritivo da historia.


ISBN:

978-84-16721-29-0

Corredoira

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 10,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Corredoira: o camiño oco. Un carreiro fondo, un vieiro avesedo e profundo. Unha ruta que arregaron na terra séculos de pegadas, de pisadas; de fendas, de ferraduras; o carroulear das rodas e o correr da chuvia. Unha vía desgastada «polo tráfico dos tempos e a roedura da auga, que nalgúns lugares se afundiu ao redor de cinco metros baixo o nivel dos campos»... En xullo de 2004, Robert Macfarlane e Roger Deakin emprenderon unha viaxe para explorar os camiños de Dorset, unha zona ao sur do Reino Unido coñecida pola súa Costa Xurásica, declarada Patrimonio da Humanidade polos seus xacementos arqueolóxicos. No percorrido atoparon unha paisaxe de sombras, espectros e grande estrañeza. Deakin faleceu en 2006 e sete anos despois daquela experiencia conxunta, Macfarlane voltou aos mesmos escenarios co escritor Dan Richards e co artista Stanley Donwood. Este libro ilustrado relata a ruta, a paisaxe e os lugares visitados, combinando literatura de viaxes, historia social e psicoxeografía.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal