logo paquebote
3152 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-670-5409-5

Cantares gallegos «Edición bilingüe»

Editorial: Austral   Fecha de publicación:    Páginas: 440
Formato: 19 x 12,5 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cuando el Romanticismo europeo volvió los ojos hacia las costumbres populares y sacó del fondo de los siglos la conciencia de los pueblos, Rosalía de Castro se sumó en su primer libro, "Cantares gallegos," a esa corriente para convertir la alborada poética de un pueblo en el inicio oficial del rexurdimento. Sin el triunfo decisivo de este libro sería impensable el triunfo posterior de la literatura gallega.


ISBN:

978-84-9121-408-3

Eu ben vin, virivín «Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: Rústica cosido a fío, 18,00 x 20,00
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.



• Manuel Rico Verea (Autor/a). Manuel Rico (Boimorto, 1948). Desenvolve a súa actividade docente en Madrid, no País Vasco e, a partir de 1978, en Galicia, onde se implica directamente no proceso de normalización da lingua galega. Este compromiso coa cultura propia lévao a desenvolver unha actividade de creación, investigación e publicación de obras sobre a lingua e a literatura galegas, así como sobre a música tradicional, atendendo á súa aplicación pedagóxica. É autor ou coautor de publicacións didácticas pioneiras como a «Guía didáctica de preescolar Puff» (1981), «Cantares» ou o nivel 4 de «O noso galego», editado por Xerais. En formato libro, de contido musical, publica o «Cancioneiro popular das terras do Tamarela», «Imos canta-los nadais», «Tantarantán, tarantán, tarantiña», «Eu non canto por cantar», cancioneiro xeral, «Heiche cantar un conto», cancioneiro infantil galego, «Cantos de berce» e, agora, «Eu ben vin, virivín. Cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar» (Xerais, 2018).Así mesmo, é tradutor, coordinador de coleccións literarias e de suplementos culturais. Formou parte do grupo musical A Quenlla e actualmente dirixe un taller experimental de música tradicional que publica varios documentos sonoros, entre os que destacan «A pulguiña e o pulgón», «Cantares», «Arrolín, arrolán», «Vente vindo, ven cantando» e «Cantos de berce tradicionais». Pola súa actividade cultural na radio e na prensa, recibiu o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor labor cultural continuado no ano 1985, o Premio do Ministerio de Cultura ao mellor programa radiofónico no ano 1987 e o Premio Xunta de Galicia de xornalismo polo mellor programa musical do ano 1989, que se emitiu en Radio Nacional de España en Galicia., David Rodríguez (Ilustrador/a). David Rodríguez (Vigo, 1975) é deseñador gráfico de profesión e activista político vocacional. Publicou teatro radiofónico: «O Bambán» (Xerais, 2007), «Nunca me esquecerei de ti» (Xerais, 2010); poesía: «Lapidarias, os versos escuros» (Xerais, 2010); ensaios colectivos: «Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural» (2010), «A praza é nosa» (2011), «15-M. O pobo indignado» (2011), «Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção» (2012), «Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política» (2014).Desde 2005 mantén o blog «O funambulista coxo», do que ten publicada unha escolma en papel titulada «Retomando a palabra. Das guerras culturais ao crac financeiro» (2012).Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Vieiros», «Altermundo», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Mientras Tanto», «Espai Marx», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal».No enderezo de correo electrónico «ofunambulista@gmail.com» pódese contactar con el, así como a través da súa conta en Twitter (@ofunambulista), onde desafoga as súas coitas.
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>LIBROS ILUSTRADOS, LIBROS DE ACTIVIDADES Y MATERIAL DE APRENDIZAJE TEMPRANO>Aprendizaje temprano/conceptos de aprendizaje temprano>Aprendizaje temprano: rimas y juegos de palabras>Aprendizaje temprano: los versos y las rimas;IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>INFANTIL Y JUVENIL: NO FICCIÓN GENERAL>Música (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>MATERIAL DIDÁCTICO>Didáctica: música;Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 6 años;

• INFANTIL E XUVENIL>PEQUENO MERLÍN>Albums.


ISBN:

978-84-9121-448-9

Besta do seu sangue

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Besta do seu sangue relata, con grande orixinalide, unha historia inspirada na figura e no mito de Blanco Romasanta desde unha visión que propugna unha revisión de xénero.
Disposta como un conxunto fluído de microunidades narrativas, na novela conviven os rexistros culto e coloquial para vencellar as voces partícipes da historia e da creación do mito nacido arredor da persoa que foi considerada a primeira asasina en serie da nosa historia. A obra supón unha proposta transgresora e fragmentaria que se caracteriza por esa multiplicidade de voces, polo seu esencialismo narrativo e por exhibir diversos rexistros para abordar o tema da licantropía desde unha perspectiva de xénero. Narrada desde unha linguaxe poética, ao longo das páxinas desta excelente novela, salienta unha atmosfera de desacougo e angustia para abordar o tratamento dun personaxe que bebe das fontes cultas, mitolóxicas e populares galegas para reavivar a figura do lobo e a súa convivencia co ser humano.


ISBN:

978-84-15250-96-8

Unha historia detectivesca de dobre canón

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Na época da febre do ouro, o famoso detective Sherlock Holmes está de vacacións en California. Mais a historia do crime nunca se detén e maniféstase neses días cun gran rebumbio nun campo mineiro onde, casualmente, traballa un sobriño de Holmes, Fetlock Jones. Alí tamén vive o vello Flint Buckner, asasinado cando alguén fai voar a súa cabana con el dentro. Nesa vila traballa Archy Stillman, un mozo que naceu cun olfacto de sabuxo. Será Sherlock Holmes co seu rigor científico, ou será Archy Stillman coa súa intuición, quen nos conducirá até o asasino?


ISBN:

978-84-16721-20-7

Momentos estelares da humanidade

Editorial: Faktoría K de Libros   Fecha de publicación:    Páginas: 372
Formato: 20,5 x 13,5 cm.
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O relato da Historia da humanidade está suxeito á múltiples causas e azares, e mesmo os grandes personaxes históricos deben estudarse como un produto da realidade social da súa época. Porén, algúns sucesos ben datados incidiron de forma determinante no devir das sociedades e das culturas. Ao longo desta fascinante obra, Stefan Zweig reúne 14 miniaturas históricas; momentos en que -en palabras do propio autor- «o drama reviste formas inauditas, sublimes».


ISBN:

978-84-9121-440-3

Premio 2018 de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

RELATO CURTO K.A.R.M.A. [Francisco Javier Fernández Davila] Masculino Feminino [Lucía del Río González] O dominio da auga [Xosé Sobral Amoedo]
POESÍA As espiñas do ourizo [Noa Rodríguez Méndez] Dama de auga [Francisco Javier Fernández Davila] Seis paseos [Nicolás Vázquez Ben]
TRADUCIÓN Todo nós: os poemas recompilados [Manuel Arca Castro] O sol e as súas flores [Moncho Iglesias Míguez] A impertinente supersónica [Nancy Cuquejo Araújo]
Un problema de autoridade [Mateo Ramos Merino]nin a vergonza do galego!


ISBN:

978-84-9121-423-6

Ulf de Jakobsland «Os viquingos en Galicia»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 16,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a súa historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.


ISBN:

978-84-9121-431-1

A ciencia do día a día «Respostas rápidas para preguntas enxeñosas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Wire-O, 14,00 x 20,50 cm.
Precio: 16,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Por que aparece a nosa imaxe nos espellos? Que é un coche eléctrico? Como funciona un GPS? Por que quenta o microondas? Estas son algunhas das preguntas ás que responde A ciencia do día a día, un libro para satisfacer a curiosidade máis larpeira. Queres saber se un robot pode ter sentimentos? Queres saber por que estoupan os flocos de millo? Este libro explica, de xeito moi breve e sinxelo, moitos feitos da ciencia que nos acompañan na nosa vida diaria. Un libro para aprender... divertíndote.


ISBN:

978-84-9121-449-6

Calendario Xerais Mulleres José Suárez 2019

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 24
Formato: Grampado con Cubertas, 30,00 x 30,0
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Calendario fotográfico de parede (30 cm de ancho por 60 cm de alto que inclúe festivos e fases da lúa) con 12 fotografías do fotógrafo José Suárez. Atopamos na obra de José Suárez unha preocupación constante pola xente no medio das súas tarefas cotiás e, máis concretamente, a preocupación polo traballo das mulleres situadas no seu ambiente.


ISBN:

978-84-9121-424-3

Os piratas «Conto para ler ás escuras»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 20
Formato: Cartoné
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Son piratas barbudos, piratas ousados e, se hai festa rachada, apúntanse á foliada: son piratas! As aventuras de piratas cativan desde o primeiro momento a nenos e nenas. Ademais, este libro é moi especial: pódese ler ás escuras! Se o poñedes aberto baixo un foco de luz e despois apagades, as páxinas iluminaranse dunha maneira misteriosa, máxica e sorprendente. Embarcamos!




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal