logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788491212911

Representacións do mundo árabe na LIX

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 480
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os membros da Red Temática de Investigación “Las Literaturas Infantiles y Juveniles del Marco Ibérico e Iberoamericano” (LIJMI) achegan neste volume diversas reflexións sobre a representación do mundo árabe na Literatura Infantil e Xuvenil. Os mediadores entre o libro e a lectura poden atopar neste " Representacións do mundo árabe na LIX " estudos e comentarios que serven para observar con outros ollos o “Outro” con quen non sempre se empatiza, en moitas ocasións, por descoñecemento.


ISBN:

978-84-9121-284-3

O lapis máxico de Malala

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartonado, 23,50 x 26,00 cm.
Precio: 14,25
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

O primeiro álbum ilustrado de Malala inspirará a nenos e nenas de todo o mundo a atopar a maxia ao seu redor. Malala, como o personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para durmir unha hora máis pola mañá… Pero nun momento dado caeu na conta de que había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía traballar arreo para facer realidade os seus desexos. Este volume, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.


ISBN:

978-84-9121-249-2

Astérix en Italia (en galego)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartonado, 21,80 x 28,80 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os personaxes creados por Albert Uderzo e René Goscinny volveron! Logo de «Astérix e os pictos» e «O papiro do César», Astérix e Obélix regresan con «Astérix en Italia», o novo álbum asinado polos talentosos Jean-Yves Ferri e Didier Conrad.
En «Astérix en Italia», Astérix e Obélix embárcanse nunha gran aventura que fará que coñezan a fondo a sorprendente Italia antiga


ISBN:

978-84-9121-273-7

A arte de trobar

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

No século XIII, unha " troupe " de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal. Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga.
" A arte de trobar " é unha novela luminosa, escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego e occitano.
Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, " A arte de trobar " constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.


ISBN:

978-84-9121-251-5

Nemo. O xigante de pedra

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica cosido a fío, 14,00 x 21,00
Precio: 14,90
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Segunda entrega das aventuras de Nemo, o príncipe indio que oculta o seu verdadeiro nome para protexer a súa vida e a dos seus dous novos amigos, Ashlynn e Daniel.
Xuntos percorren Europa descifrando misterios e fuxindo dos seus inimigos, dos que polo de agora se deron salvado grazas á intelixencia pouco común de Nemo e á lealdade de Ashlynn e Daniel.
Varios contendentes dispútanse Bundelkhand, e Nemo, para salvar o seu reino, terá que renunciar ao seu nome e cruzar o océano na procura dun misterioso tesouro. O príncipe de pel escura, arrastrado polas correntes, fuxirá lonxe. En compañía de Daniel, de Ashlynn e do seu inseparable can Nautilus, sobrevoará Europa a bordo da súa aeronave. Praga é a meta. Alí vive un rabino que talvez poida axudalo a descifrar o enigma necesario para atopar o tesouro. Pero terá que facelo antes de que Madame Zeta e os escarlatas acaben con eles.
Un mundo de criaturas lendarias, gólems e símbolos misteriosos envolve a vida do príncipe indio e dos seus compañeiros de viaxe. Entrementres, a néboa cobre as calellas de Praga, do mesmo xeito que os segredos escurecen o pasado de Nemo e os detalles da súa perigosa misión.


ISBN:

9788491211877

Fonética e fonoloxía históricas da lingua galega

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 704
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 31,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O cambio lingüístico calla cando unha innovación fonética, fonolóxica, morfolóxica, sintáctica, lexical, semántica ou pragmático-discursiva alcanza un suficiente grao de difusión nas distintas variedades dun idioma. Estas innovacións nacen ás veces debido a impulsos que teñen que ver estritamente coa necesidade de que as linguas se manteñan como sistemas ordenados de signos, mais a miúdo responden á influencia de condicionantes extrasistémicos, nomeadamente de carácter social. A tarefa do lingüista histórico consiste en valerse de fontes de estudo sempre precarias para reconstruír a secuencia de mudanzas experimentadas por un sistema lingüístico desde un pasado adoito remoto ata o presente, así como en indagar sobre as motivacións que as propiciaron.
Moitas das páxinas deste libro están dedicadas á exposición das mudanzas fonéticas e fonolóxicas que mediaron entre o latín que os romanos trouxeron á Gallaecia no século II a. C. e o galego que chegou ás portas do século XVI. É un período moi extenso cuxa exposición non podemos subdividir, porque a escaseza dos coñecementos que temos sobre o latín galaico e o protorromance galego aínda non nolo permite. O percorrido complétase coa reconstrución das mudanzas do galego medio (sécs. XVI-XVIII) e do galego contemporáneo (sécs. XIX-XXI), que vive certamente asediado por graves problemas, mais sostido por un grupo social aínda numeroso e en condicións de desempeñar todo tipo de funcións comunicativas.


ISBN:

978-84-9914-260-9

O xardín das letras. Consoantes 3 «Lectoescritura»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: wire-o, 30,5 x 24,2 cm.
Precio: 10,70
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-259-3

O xardín das letras. Consoantes 2 «Lectoescritura»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 84
Formato: wire-o, 30,5 x 24,2 cm.
Precio: 10,70
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9914-258-6

O xardín das letras. Consoantes 1 «Lectoescritura»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: wire-o, 31 x 24 cm.
Precio: 10,70
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

978-84-9914-265-4

O xardín das letras.Ler 1

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Rústica, 30 x 22 cm.
Precio: 15,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal