logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-228-7

Programa de mellora. Ámbito lingüístico e social. Nivel 2

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: 22,5 x 29 cm.
Precio: 42,65
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9121-246-1

Proxecto Interésame A enerxía

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 68
Formato: 30,5 x 24,5 cm.
Precio: 21,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9121-245-4

Proxecto Interésame O mundo mariño

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 68
Formato: 30,5 x 24 cm.
Precio: 21,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9121-227-0

Programa de mellora. Ámbito lingüístico e social. Nivel 1

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 264
Formato: 29 x 22,5 cm.
Precio: 42,65
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9121-182-2

Reckless. O fío de ouro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 496
Formato: Rústica cosido a fío, 14,00 x 21,50
Precio: 23,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" A nena levantou a man e colleu entre os dedos un fío de ouro, non tan fino coma o dunha araña, senón máis groso, coma de la fiada. Seguiuno cos dedos ata dar co corazón de Fox.
—Xa sabía eu –o fío desapareceu en canto baixou a man–. É teu. "
Cosacos, espías e un tsar que acode ás audiencias acompañado dun oso. Desta vez, a viaxe ao outro lado do espello leva a Jacob e a Fox ao Oriente. Tamén Will regresa ao mundo que lle deu unha pel de xade, seguindo o rastro da Fada Escura para tentar salvar a súa amada Clara. Pero o propósito da viaxe non o van decidir eles. O elfo dos amieiros non esqueceu o pacto que Jacob fixo con el no labirinto do barbazul e vai descubrirlles a Jacob e a Fox máis misterios sobre o mundo que os rodea dos que eles quererían coñecer… O fío de ouro, tan inquebrantable que mesmo as fadas parecen ceder ante o seu poder, guiará os pasos dos personaxes.


ISBN:

9788491212331

ABAU 2017. Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: 21 x 29,7 cm.
Precio: 12,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Lingua e literatura. Avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) 2017» é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de bacharelato para preparar a proba de acceso á universidade do ano 2017.
Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas alternativas que sirvan de práctica para afrontar a Selectividade deste curso.
Ademais, aconséllase de forma exemplificada sobre a correcta resolución das actividades, incidindo sobre todo no referente ás preguntas de sociolingüística e literatura, así como na análise de textos (esquema de ideas, resumo, título, tema, estrutura e comentario crítico) e nas ideas para o argumentario dos comentarios.


ISBN:

978-84-9121-177-8

4 xinetes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 384
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Quizais nunca o pensases. Quizais nunca considerases que algo así podería chegar a acontecer. Así que inténtao. Intenta imaxinar por un momento o que habías sentir se un día descobres que vas ser o causante da morte de sete mil millóns de persoas. Imaxina que es un Xinete da Apocalipse


ISBN:

978-84-9121-189-1

Carlos Casares «Vida e literatura»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 104
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 12,95
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Carlos Casares naceu en Ourense en 1941. Non tivo unha vida moi longa, pois morreu en Vigo cando tiña só sesenta anos, pero durante ese tempo fixo moitas cousas. Foi profesor de ensino secundario, director da editorial Galaxia e deputado no Parlamento de Galicia. Mais a principal de todas as súas actividades foi a de ser escritor. Escribiu seis novelas, dous libros de relatos, varias biografías de persoas importantes na historia e literatura galegas e bastantes contos para nenos e nenas, entre os cales o máis famoso é A galiña azul. Tamén escribiu unha obra de teatro, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, e miles de artigos para xornais e revistas. Home de memoria prodixiosa, cando se falaba con el, era moi normal que contase fermosas historias e anécdotas da súa nenez, que lembraba con moito humor e detalle.
Damián Villalaín, amigo e colaborador de Carlos Casares, realiza neste libro un emocionante retrato de proximidade do escritor e editor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2017.


ISBN:

978-84-9121-069-6

Norteáns

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 544
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Durante a cerimonia de iniciación de Bris, o herdeiro do moi nobre Neixón, o señor de Norteáns, o pobo elixido, anticípanse importantes mudanzas en Nola. Diante dos ollos de Forca, o ourive, fillo da meiga a Reva, tres mulleres, Cances, irmá de Bris, Leta e a súa nai Banda, a tecelá, desafían as sagradas leis norteás. Mentres, Pruno, un escravo liberto, prende a isca da rebelión dos argolados, os servos aos que se identificaba por levar un pecho de ferro ao redor da gorxa. Serán capaces de ceibarse do xugo dos norteáns? O torque sagrado marcará o camiño da súa vitoria?
Novela prehistórica, Norteáns reconstrúe con detalle a sociedade castrexa, a súa organización social, política, militar e familiar; os usos e costumes cotiáns e a relixiosidade da cultura prerromana que poboou Galicia e o norte de Portugal no século I antes de Cristo. Norteáns é, tamén, o retrato dunha sociedade onde había idealistas e opresores, onde reinaba decote o amor e a amizade, mais tamén a cobiza e a vilanía. Un relato engaiolante protagonizado por homes e mulleres capaces de sacrificarse por unha causa xusta ou de traizoarse loitando polo poder, como sucede no noso tempo.


ISBN:

978-84-9121-119-8

Viva Galicia Beibe «Cancións 1982-2016»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: Rústica
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Neste libro Antón Reixa xuntou as cancións que escribiu dende 1982 até 2016 para o grupo do que é cantante, Os Resentidos, así como as poucas mercenarias, compostas para outros artistas. Un cancioneiro de case cento cincuenta pezas escritas para a xente e de costas ao onanista mundo literario por un poeta camuflado na estrita métrica visceral do rock and roll e sometido á erosión dos sucios locais de ensaio e das suores dos escenarios. Cancións publicadas aquí como textos literarios, o que lonxe de pedantería ningunha obedece á convicción de que, por moito que a industria musical o trate de obviar, as letras das cancións non son indiferentes nin neutrais respecto á difusión da música popular en todas as épocas.
Unha edición que Antón Reixa dedica a todos os músicos cos que colaborou ao longo destas máis de tres décadas e aos espontáneos portadores dunha entusiasta pancarta aparecida nun concerto de Os Resentidos en Madrid e que dicía coa contundencia da pintura en spray: Galicia Beibe




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal