logo paquebote
2385 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-325-3

Falemos de caricatura

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Siro é o pai da caricatura na prensa galega despois da Guerra Civil e o caricaturista político galego por excelencia dos últimos cincuenta anos. Aos milleiros de caricaturas que ten publicado en xornais e revistas cómpre engadir o seu labor teórico sobre a caricatura en estudos monográficos como " A caricatura como arte " , publicado na revista " Grial " xa na temperá data de 1974; no libriño didáctico " Como debuxar caricaturas " (1991); ou de forma dispersa en moitas das súas publicacións, especialmente nos libros " Castelao humorista " (1996) e " Castelao en el arte europeo " (2016). Agora, nesta entrevista de Félix Caballero, verte o seu saber práctico e teórico sobre o asunto, abordando con sistematicidade todos os aspectos esenciais, dun xeito sinxelo, claro, directo e didáctico. Unha boa oportunidade para nos achegar á maxia da caricatura da man dun dos seus mestres.


ISBN:

978-84-9121-340-6

Cartas de inverno

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica cosido a fío, 13,00 x 21,00
Precio: 12,15
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que enfrontarse a misterios que talvez as persoas nin tan sequera somos quen de imaxinar.


ISBN:

978-84-9121-332-1

Soños. Arquivos. Cartas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Rústica, 14,50 x 22,00 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Soños. Arquivos. Cartas " é unha obra experimental e aberta que entra en diálogo co diario poético e co xénero epistolar, explorando os puntos de xuntura entre estas dúas modalidades de escrita. Fronte á tradición que ve no poema o reino da expresión subxectiva, o libro sostén que a poesía é un xeito privilexiado de apertura aos outros. " Soños. Arquivos. Cartas " componse de fragmentos cosidos por un fío narrativo, non propiamente novelesco, que é o da vida, o dos días pasados e presentes, posto ao servizo dunha procura: falar das condicións nas que ese lume lento que sempre arde nas mans e que chamamos poesía pode ou non ser transmitido ás ávidas mans daqueles que o procuran. Un libro que, a imitación do delgado fío vermello da vida, ve na poesía unha herdanza oculta que pasa por enriba de case todo e de case todos. Por iso mesmo, é un libro sobre o amor, semellante neste concepto a case todos os da autora. Mais, a diferenza doutros, " Soños. Arquivos. Cartas " non rende tributo aos amores persoais senón á forza que precisamos para que as cousas que acontecen no día a día (as conversas, as lembranzas, os soños, os encontros, os espertares, as noites, os paseos, os poemas) merezan verdadeiramente ser vividas.


ISBN:

978-84-9121-331-4

Galicia en bus

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: Rústica, 14,50 x 22,00 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

" Galicia en bus " é un libro de poemas que traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo. Este libro, co que a escritora María Reimóndez gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu, afonda na identidade persoal e na identidade política establecendo e proxectando unha forte ligazón entre distintos periplos e espazos que se vencellan á memoria, á experiencia, ao país e ao feminismo.


ISBN:

978-84-9121-329-1

O canastro sen tornarratos «Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 376
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro pescuda nas orixes políticas, económicas e filosóficas do cada vez maior afastamento dos centros de decisión a respecto da xente e da súa vida cotiá. Afonda na reflexión sobre a elitización dun capitalismo que retoma a súa faciana máis incompatible coa democracia. En «O canastro sen tornarratos» abórdase a dificultade para articular resistencias e hexemonías alternativas nun tempo en que a ideoloxía dominante conta cunha capacidade inédita de penetración en calquera recanto xeográfico, cultural e mesmo psicolóxico; ademais de na propia teoría e praxe do movemento emancipador. O «tornarratos» –a pedra horizontal que impedía ás alimañas accederen ao gran almacenado no canastro– proponse como metáfora dun tempo sen devasas políticas e culturais que mitiguen o espolio do mundo do traballo e da natureza. Neste ensaio, David Rodríguez, lonxe de pensar o ser humano desde o cosmopolitismo abstracto, opta por unha ollada ampla e global, pero ben afincada nun lugar xeográfico e cultural concreto aínda chamado Galicia. En palabras do autor: «Trátase de delimitar o ermo en que nos atopamos, paso primeiro para que algún día volva medrar a herba.»


ISBN:

978-84-9121-326-0

Camiñar o Vigo vello «Un paseo pola historia da cidade»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 184
Formato: Rústica cosido a fío, 16,00 x 21,00
Precio: 20,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, este libro propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos –nalgúns casos inéditos a día de hoxe–. Pero en realidade este libro é outra cousa... É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello. A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario. Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.


ISBN:

9788491213109

Pioneiras «Galegas que abriron camiño»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: Cartonado, 19,50 x 26,60 cm.
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha das primeiras correspondentes de guerra foi galega, tamén unha das primeiras navegantes, escritoras ou directoras dun xornal. Este libro fala de doce mulleres que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero e dar os primeiros pasos por vieiros transitados ata ese momento só por homes. Mulleres reais e diversas que no seu día foron pioneiras en diferentes ámbitos e cuxas historias merecen ser coñecidas e postas en valor.



• Anaír Rodríguez Rodríguez (Autor/a). Anaír Rodríguez (Vigo, 1978) licenciouse en Filoloxía Galega pola Universidade de Vigo e traballa dende hai anos como editora en Edicións Xerais, o que compaxina co activismo a prol da lectura na asociación Espazo Lectura, da que é socia fundadora. É coautora de diversos materiais de ensino da lingua galega, tradutora de obras da literatura infantil e xuvenil e autora do álbum "Pioneiras. Galegas que abriron camiño" (Xerais, 2018), ilustrado por Nuria Díaz., Nuria Díaz (Ilustrador/a). Nuria Díaz (Vilagarcía de Arousa, 1982). é licenciada en Belas Artes. Compaxina o traballo de ilustración editorial co de deseñadora gráfica. No ano 2010 gaña o Premio Pura e Dora Vázquez e publica o seu primeiro libro: ''Palabra era un universo paralelo'' con texto de Xoán Babarro. En Xerais ten publicados ''Rubicundo'' (Xerais 2015), “Manuel María. Vida, versos e rebeldía” (Xerais 2016), "O valo" (Xerais 2017) e "Pioneiras" (Xerais 2018).
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>INFANTIL Y JUVENIL: NO FICCIÓN GENERAL>Personas y lugares (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 11 años;

• INFANTIL E XUVENIL>PEQUENO MERLÍN>Albums.


ISBN:

9788491213116

María Victoria Moreno. A muller que durmía pouco e soñaba moito

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro é un acto de cariño, no que Fina Casalderrey e Marilar Aleixandre ofrecen un fermoso retrato de María Victoria Moreno, a escritora, á que está dedicado o 17 de maio de 2018. Iniciada polo relato apaixonante do que sucedía na libraría Xuntanza de Pontevedra, da que era socia María Victoria, esta biografía segue o fío da vida da autora, dende os seus anos difíciles de infancia e formación, até a súa chegada en 1963, a Galicia, onde exerceu como profesora de lingua e literatura. Un relato no que están presentes, a súa paixón polo ensino e polos animais, reflectida en boa parte das súas obras, a súa capacidade para meterse na pel dos personaxes dos libros propios e alleos, até a valente actitude coa que enfrontou o cancro. Un libro, nacido do cariño e admiración por María Victoria, que reconstrúe con emoción toda unha vida de novela dedicada ao amor aos libros e a comunicar o pracer pola lectura en galego, lingua coa que mantivo unha historia de amor.



• Marilar Aleixandre (Autor/a). Marilar Aleixandre (María Pilar Jiménez Aleixandre). (Madrid, 1947). Vive en Galicia dende 1973. Doutora en Bioloxía. Catedrática de Ciencias Naturais de Ensino Medio. Catedrática de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela. Colaboradora das revistas “Nó”, “Luzes de Galiza” e “Festa da palabra silenciada”. Como narradora ten publicado: “A formiga coxa” (Xerais 1989), novela xuvenil; “O rescate do peneireiro” (Xerais 1990), novela xuvenil; “Tránsito dos gramáticos” (Xerais 1993), novela; “Nogard” (1994), novela xuvenil; “A expedición do Pacífico” (Xerais 1994), Premio Merlín e Premio da Crítica á creación literaria en galego en 1995, sendo a primeira vez que recae nun libro xuvenil e nunha muller; “Lobos nas illas” (Xerais 1996), relatos; “Agardando polos morcegos”, conto incluído no volume “Antoloxía do conto galego de medo” (1996); “O trasno de Alqueidón” (Xerais 1996), contos infantís, Premio Rañolas 1996 ao mellor libro infantil do ano; “A Compañía Clandestina de Contrapublicidade” (1998), novela, Premio Álvaro Cunqueiro; “Desaforados muños”, relato incluído en “Airadas palabras” (1998), Premio Manuel Murguía; “A banda sen futuro” (Xerais 1999), novela, Premios Lazarillo e Lecturas Galix 2001; “Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón” (1999), conto infantil; “Unha presa de terra” (2001), Premio La Voz de Galicia de novelas por entregas; “O Rato de Biblioteca e a Gaiteira de Marín”, incluído en “Contos para levar no peto” (Xerais 2001); “Teoría do caos” (Xerais 2001), novela, Premio Xerais; “Paxaros de papel” (Xerais 2001), álbum en colaboración con Lázaro Enríquez; “O chápiro verde” (2001, Xerais 2003), conto infantil; “Basilisa, a princesa sapiño” (2002), conto infantil; “Rúa Carbón” (Xerais 2005), novela finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006 e “A Cabeza de Medusa” (Xerais 2008), novela gañadora do Premio Fundación Caixagalicia de Literatura Xuvenil 2008 e Premio The Withe Ravens, 2009. Un relato en ''Materia prima'' (Xerais 2002); “Palabras descarreiradas”, relato incluído en “Longa lingua” (Xerais 2002) e ''O coitelo en novembro'' (Xerais 2010). Boa parte da súa obra narrativa foi traducida a todas as linguas peninsulares. No eido da poesía, recibiu o Premio Esquío por “Catálogo de velenos” (1999), o premio Caixanova por “Mudanzas” (2008), tendo publicado, ademais, o volume “Desmentindo a primavera” (Xerais 2003) e “Ovella descarreirada” (Xerais 2014). Colaborou como guionista con Fran Bueno na banda deseñada “Os Escachapedras”, e publicou a biografía “Castelao segundo Rañolas” (2000). Traduciu do inglés para o galego “A caza do carbairán” (Xerais 1995) de Lewis Carroll e o poemario “Muller ceiba” (Xerais 1997) de Sandra Cisneros. No ámbito profesional publicou o estudio “Dubidar para aprender” (Xerais 1996). É coautora, xunto con Fina Casalderrey, de "María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco" (Xerais 2018)., Fina Casalderrey (Autor/a). Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra 1951) é mestra e escritora cunha ampla obra escrita para nenos e mozos. Para o público infantil publicou, entre outras: “Dúas bágoas por Máquina” (Xerais 1992), novela, premio Merlín de Literatura infantil 1991; “A noite dos coroides” (1993), novela; “Chamizo” (Xerais 1994), novela; “¡Asústate, Merche!” (Xerais 1994), novela; “O misterio dos fillos de Lúa” (1995), novela, Premio Barco de Vapor 1995 e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 1996; “O estanque dos parrulos pobres” (1996), novela, premio Edebé de Literatura Infantil 1996; “Prohibido casar papá” (1996), novela, Lista de The White Ravens 1998; “¡Puag, que noxo!” (1997), conto; “Podesvir” (1997), conto; “Unha raíña negra” (1998), conto; “Cuca e o abrigo marrón” (1998), conto; “Nolo e os ladróns de leña” (1998), conto; “Ás de mosca para Anxo” (1998, Xerais 2002), novela; “Pimpín e dona gata” (1999), conto; “O misterio do cemiterio vello” (1999), novela; “Unha pantasma branca” (2001), conto; “O avó é sabio” (2002), conto; “O avó sae de paseo” (2002), conto; “A avoa non quere comer” (2002), conto; “A avoa ten unha menciña” (2002), conto; “Derradeira carta ós Reis Magos” (Xerais 2002), conto; “Eu son eu” (Xerais 2004), conto; “¿Quen me quere adoptar?” (Xerais 2005), conto; “O meu avó é unha gata” (Xerais 2005); “A lagoa das nenas mudas” (Xerais 2007), novela; “A Pomba e o Degolado” (Xerais 2007), novela; “¿E ti que farías por min?” (Xerais, 2010), conto; “Un saco de estrelas” (Xerais 2010), conto; “O misterio do Faro Vello” (Xerais 2012), novela. Premio Irmandade do Libro á Autora do Ano, 2006; “Historia da bicicleta dun home lagarto” (Xerais, 2014). É coautora, xunto con Marilar Aleixandre, de "María Victoria Moreno. A muller que soñaba moito e durmía pouco" (Xerais 2018).
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>POESÍA, ANTOLOGÍAS, ANUARIOS PARA NIÑOS Y ADOLESCENTES>Antologías (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>POESÍA, ANTOLOGÍAS, ANUARIOS PARA NIÑOS Y ADOLESCENTES>Poesía (infantil/juvenil);IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>INFANTIL Y JUVENIL: NO FICCIÓN GENERAL>Personas y lugares (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 11 años;

• INFANTIL E XUVENIL>MERLÍN>De 11 anos en diante.


ISBN:

9788491213147

Fóra de si

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Tras visitar o seu pai na residencia, o neurocirurxián Ricardo Marzoa está sobrepasado, fóra de si, pésalle en exceso todo o que leva ao lombo: moitos anos, moitas vidas que pasaron polas súas mans e, tamén, algunha morte recente. Está atravesando un momento profesional moi humillante e semella que tamén se atopa confuso coa súa situación persoal. Acaba de armar unha boa lea no hospital, a súa vida muda radicalmente e precisa da axuda urxente dun psicoterapeuta. O seu caso ten moito que ver coas relacións filiais e os conflitos coa autoridade e supón unha enorme carga moral nun momento en que rompe con todo o que o rodea. A de Ricardo Marzoa é, sen dúbida, unha historia conflitiva e chea de intriga que merece ser contada.Suso de Toro ofrece en "Fóra de si" unha narración memorable e sen concesións arredor da identidade familiar, da perda e da culpa, continuando a liña iniciada en obras fundamentais no seu catálogo como "Calzados Lola", "A sombra cazadora", "Home sen nome" ou "Sete palabras". A agardada volta á novela dun clásico do noso tempo.



• Suso De Toro (Autor/a). Suso de Toro (Santiago, 1956) é licenciado en Arte Moderna e Contemporánea. En 2003 foille concedido o Premio Nacional de Narrativa. Como narrador publicou: “Caixón desastre” (1983, 1991), relatos, Premio Galicia da Universidade de Santiago; “Polaroid” (1986), relatos, Premio da Crítica Galicia; “Land Rover” (1988), novela; “Ambulancia” (1990), novela; “Tic-Tac” (1993, 2003), novela, Premio da Crítica Española 1994; “A sombra cazadora” (1994), novela; “Conta saldada” (1996, 2017), novela; “Calzados Lola” (1997), novela, Premio Blanco Amor; “Círculo” (1998), relatos; “Non volvas” (2000), novela, Premio da Crítica Española; “Trece badaladas” (2002), novela, adaptada libremente ao cine por Xavier Villaverde co título homónimo (2003) e Premio Nacional de Narrativa; “Morgún (Lobo Máxico)” (2003), novela; “Home sen nome” (2006), novela; “Sete palabras” (2009), novela, “Somnámbulos” (2014), relatos e “Fóra de si” (2018), novela. Escribiu, entre outros, libros de xornalismo e ensaio: “F.M.” (1991), “Camilo Nogueira e outras voces. Unha memoria da esquerda nacionalista” (1991), “O país da brétema” (2000, Xerais 2016), “A carreira do salmón” (2001), “Nunca máis Galiza á intemperie” (2002), “Españois todos” (2004), “Ten que doer” (2004), “Outra idea de España” (2005), “Outra Galiza” (2008), “Inmateriais. Vidas da nosa historia” (2013) e “Humildar. Rituais despois de deus” (2017). Publicou ademais a obra de teatro “Unha rosa é unha rosa” (1997) e “Servicio de urxencias” (2002), guións de televisión.
• IBIC: FICCIÓN Y TEMAS AFINES>FICCIÓN MODERNA Y CONTEMPORÁNEA;

• EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVA.


ISBN:

9788491213130

Escaquis e Romeu

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 10,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«É coma un neno», dicían de Romeu os seus coñecidos, pois se algo caracterizaba o vello barbeiro era a súa inocencia. A vida de Romeu transcorría tranquila, entre cortes de pelo, barbeados e lecturas na compaña das plantas da súa galería. Mais unha noite de treboada Escaquis apareceu misteriosamente para poñer patas arriba a súa existencia. Esta estraña nena contaba cun poder moi especial: era quen de abrir portas a outras realidades! Romeu e mais os seus amigos tentarán descubrir a súa orixe para axudarlle a retornar ao seu mundo.



• Antonio Manuel Fraga (Autor/a). Antonio Manuel Fraga Allegue (Pontedeume, 1976) estudou Enxeñaría Técnica Industrial en Ferrol. Dende o 2006 vive na Coruña, cidade na que traballou na refinaría de petróleo. Viviu despois en Alcañiz (Teruel) e no inverno de 2010 trasladouse a Romanía, onde participou na construción dun parque eólico. Tras o seu regreso da emigración, comezou a escribir. Gaña o Premio Merlín de Literatura Infantil 2013 con “O Castañeiro de Abril”. Dende entón publicou en Xerais “Tartarus” (2016), na colección Fóra de Xogo, e "Escaquis e Romeu" (2018) na colección Sopa de Libros., Jacobo Fernández Serrano (Ilustrador/a). Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros “A gardería de dona Bixelmina” (2005), “A pedra e as formigas” (2006), “Mil cousas poden pasar. Libro I” (2009), premio Merlín de literatura infantil e “Mil cousas poden pasar. Libro 2” (2011). Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con “As aventuras de Nunavut” de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: “O nacemento de Nunavut” (2003), “Un día de caza” (2003), “Sedna, a deusa do mar” (2004) e “O caribú namorado” (2005); ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais. Ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada “Os amigos de Archimboldo Roque”, publicada na revista “Golfiño” (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica “Dos Veces Breve”, así como da segunda época da revista “BD Banda”, na que desenvolve a serie titulada “Animais pantasma”. Co álbum de cómic “Aventuras de Cacauequi” (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. É autor da serie de cómic para os primeiros lectores “Marcopola. A illa Remeira” “Lois Pereiro. Breve encontro” (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica. Mantén abertos dous blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos: http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com/http://milcousas.wordpress.com/
• IBIC: INFANTILES, JUVENILES Y DIDÁCTICOS>FICCIÓN E HISTORIAS REALES INFANTILES Y JUVENILES>Fantasía y realismo mágico (infantil/juvenil);Edad Lector: EDAD/NIVEL DE INTERÉS>Edad de interés: a partir de 10 años;

• INFANTIL E XUVENIL>SOPA DE LIBROS>De 10 anos en diante.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2019 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal