www.paquebote.com > Ramón Caride Ogando
Hai moitos, moitos anos, vivía nunha aldea da montaña un home moi pobre, moi pobre, tan pobre que non tiña nada, nin eidos, nin casa, nin sequera roupa, vestíase con farrapos, por iso lle chamaban Xan Farrapeiro. Pero a historia de Xan non é unha historia triste, trabucariamonos se pensasemos iso; Xan era pobre pero alegre, animoso e valente e ben espelido, por iso as cousas cambiaron para el un día que estaba a procurar guizos e apañar piñas no monte e atopou a dona dos penedos, unha moza fermosa de pel alba como o leite, que levaba un vestido ricamente bordado.
Andanzas de Xan Farrapeiro é a reinvención que Ramón Caride realiza dun conto marabilloso ben coñecido, aquela historia dun Xanciño pobre que se facía pobre por arte de maxia e logo o esquecera todo. As ilustracións de Marisa Irimia axudan a brotar as cores dunha historia de noites escuras, altos penedos e paisaxes de verde intensidade.
Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata desfeita, colle un conto na librería e alá van os andeis e os libros," ata na gardería respiran se Bertiño cae con febre. Bertiño pon patas arriba a consulta do pediatra…
Said e Sheila, os dous rapaces do futuro que xa protagonizaron Perigo vexetal (Premio Merlin 1995) e Ameaza na Antártida, viven nesta ocasión a súa aventura máis arriscada e transcendente. Cando a súa amiga Irina chega a visitalos ó muiño de Loreda atópase coa súa repentina e misteriosa desaparición ¿Que lles aconteceu? Axiña o saberedes...
Nesta ocasión, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos grupos que, movidos só por intereses económicos, buscan destruir amplas zonas da beiramar, sen importárenlles as desfeitas ecolóxicas e culturais que produzan.
INFANTIL E XUVENIL-MERLÍN-De 11 anos en diante.