logo paquebote
2131 libros encontrados buscando editorial: Kalandraka

www.paquebote.com > Kalandraka

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788413433103

Queres xogar comigo?

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: Pontevedra
Precio: 13,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un divertido libro ilustrado por Eric Carle en galego con formato acartonado e cheo de sorpresas.

Un ratiño sae da súa casa á busca de alguén con quen xogar. No seu camiño atópase con colas moi diferentes (marrón, verde, laranxa,
peluda, emplumada...), pero todas elas pertencen a animais que non desexan pasar tempo con el. Tras unha longa camiñada, encontra
unha pequena cola de cor gris. Quererá o seu dono xogar co ratiño? 

Unha proposta sinxela, co estilo inconfundible de Eric Carle, que nos propón o desafío de identificar os animais polas súas colas; misterio
que se resolve ao paso de cada páxina. E, como factor de suspense, un xiro final que lle dá un novo sentido ao conto.


ISBN:

9788413433080

Cousiña Linda

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 32
Formato: Pontevedra
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha das obras imprescindibles de Anthony Browne, un álbum tenro e con doses de humor sobre o valor da amizade e a solidariedade. 

En 1974, Koko, unha gorila adestrada na Universidade de Standford para usar a lingua de sinais, pediulles un gato aos científicos que a observaban e coidou del coma se fose o seu fillo. Uns meses despois o gato desapareceu e durante varios días Koko expresou a súa tristura a través de sinais. Este feito, que provocou a discusión sobre se outras especies poden sentir emocións humanas, serviulle de inspiración a Anthony Browne para a creación dunha das súas obras máis coñecidas.

En Cousiña Linda, como o caso real, un gorila que sabe comunicarse por sinais, e ten todo o que desexa, séntese só e decide pedirlles aos seus coidadores un pouco de compañía. Así coñece a Linda, unha gatiña coa que toma leite e mel, pasea, xoga... Xuntos son felices, mais unha noite, mentres ven unha película, o gorila ponse moi nervioso, enfurécese, e os seus coidadores deciden separalos. Nese momento, Linda mira para o gorila e na súa reacción revélase o verdadeiro valor da amizade.

Anthony Browne sente unha gran paixón polos gorilas, e esa fascinación, que xorde do contraste entre a forza e a tenrura destes animais, reflíctese en boa parte da súa obra. Nas coloridas ilustracións deste álbum, combina elementos realistas cun toque de fantasía
e humor, dando vida a dous entrañables personaxes.


ISBN:

9788413433264

Onomatopoemas y otros pequeños sonidos

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: Pontevedra
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Regresa el exitoso dúo formado por Leire Bilbao y Maite Mutuberria con un nuevo y divertido poemario inspirado en los diferentes sonidos del día a día.

Levantarse, desayunar, ir al baño, vestirse, ir al colegio... Desde que nos despertamos hasta que llega la hora de dormir, podemos percibir a nuestro alrededor multitud de sonidos. En este nuevo título de las autoras de Bichopoemas y otras bestias y Bestiapoemas y otros bichos, los sonidos cotidianos se convierten en poemas para leer y compartir, para ver y escuchar, poemas que conversan con el lector repletos de juegos fónicos, caligramas y otros recursos tipográficos propios de la poesía de vanguardia.

Las composiciones poéticas que conforman esta obra, escritas en primera persona, aparecen ordenadas siguiendo lo que podría ser una rutina diaria y acompañan al lector a lo largo de la jornada, mostrándole un universo sonoro y rítmico que puede, a menudo, pasar desapercibido.



ISBN:

9788413433134

Papagaio

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: Pontevedra
Precio: 22,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha nova edición dunha das obras máis comprometidas e feministas da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024. 

No ano 2001, o barrio coruñés do Papagaio, espazo tradicionalmente dedicado á prostitución, foi derrubado vítima da especulación inmobiliaria. Durante o proceso de demolición, a fotógrafa Maribel Longueira captou coa súa cámara as máquinas, as paredes dos edificios e os cascallos, así como algúns obxectos, testemuñas do que aquelas vivendas acolleran durante anos.

Convidada por Maribel, a escritora Luísa Villalta puxo voz a estas imaxes con 19 poemas. Neles móstrase reivindicativa, directa, rotunda e ao
mesmo tempo solidaria ao proxectar unha ollada que deixa en evidencia a violencia patriarcal e o estigma sufrido polas mulleres que exercen a
prostitución. A hipocrisía, o oprobio, o abuso, a deshumanización ou o anticlericalismo son outros temas presentes nesta obra escrita pouco
tempo antes do inesperado falecemento da autora, que se converteu nunha sorte de testamento literario que revela a singularidade dun
pulso poético único; dunha ollada crítica e reivindicativa moldeada pola autoesixencia que sempre se impuxo como creadora.


ISBN:

9788413433219

Animais fantásticos

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Pontevedra
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un percorrido pola mitoloxía e as crenzas populares en compañía dalgúns dos seus personaxes máis coñecidos. Dende o Centauro ao Lobishome, do Unicornio á Esfinxe, protagonistas dos nosos soños e dos nosos medos que nos acompañan dende o principio dos tempos.

Hai animais verdadeiros, reais, e outros fantásticos, marabillosos, nados da imaxinación, que pasaron a ocupar un espazo no imaxinario poético
das civilizacións, nas mitoloxías, nos libros de contos e lendas tradicionais, e que sentaron as bases da literatura fantástica tal e como a coñecemos hoxe.

Nesta galería literaria e visual, José Jorge Letria e André Letria, pai e fillo, presentan unha selección de 19 destes animais máxicos, rescatándoos do
esquecemento. Unha viaxe a través da memoria e da imaxinación creadora dos pobos, que lograron concentrar as súas esperanzas, os seus soños
e os seus medos en seres fantásticos creados precisamente por ese imaxinario colectivo.


ISBN:

9788413433189

Labirinto. «Diario de viaxe dun artista monocromo»

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: Pontevedra
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha viaxe simbólica ao corazón de África para descubrir as súas paisaxes, cores, sabores e segredos.

Ramón Trigo relata en Labirinto a historia dun pintor que, canso de empregar unicamente o negro e o gris nas súas obras, emprende unha viaxe
cara a un territorio descoñecido. Unha vez alí, disposto a descifrar todos os seus segredos, descubrirá un mundo repleto de novos aromas,
texturas e tonalidades. Pero terá que agardar ao seu regreso para darse conta tamén de que algo no seu interior cambiou. 

Este álbum, inspirado nunha experiencia persoal do artista no continente africano, destaca polo emprego de imaxes impactantes, expresivas e cunha
forte compoñente simbólica, que expresan á perfección todos os estímulos percibidos polo autor na súa viaxe.


ISBN:

9788413433196

Laberinto. «Diario de viaje de un artista monocromo»

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 40
Formato: Pontevedra
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un viaje simbólico al corazón de África para descubrir sus paisajes, colores, sabores y secretos.

Ramón Trigo relata en Laberinto la historia de un pintor que, cansado de emplear unicamente el negro y el gris en sus obras, emprende un viaje hacia un territorio desconocido. Una vez allí, dispuesto a descifrar todos sus secretos, descubrirá un mundo repleto de nuevos aromas, texturas y tonalidades. Pero tendrá que esperar a su regreso para darse cuenta también de que algo en su interior ha cambiado.

Este álbum, inspirado en una experiencia personal del artista en el continente africano, destaca por el empleo de imágenes impactantes, expresivas y con un fuerte componente simbólico, que expresan a la perfección todos los estímulos percibidos por el autor en su viaje.


ISBN:

9788413433226

Animales fantásticos

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Pontevedra
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un recorrido por la mitología y las creencias populares en compañía de algunos de sus personajes más conocidos. Desde el Centauro al Hombre Lobo, del Unicornio a la Esfinge, protagonistas de nuestros sueños y nuestros miedos que nos acompañan desde el principio de los tiempos.

Hay animales verdaderos, reales, y otros fantásticos, maravillosos, nacidos de la imaginación, que pasaron a ocupar un espacio en el imaginario poético
de las civilizaciones, en las mitologías, en los libros de cuentos y leyendas tradicionales, y que han sentado las bases de la literatura fantástica tal
y como la conocemos hoy. 

En esta galería literaria y visual, José Jorge Letria y André Letria, padre e hijo, presentan una selección de19 de estos animales mágicos,
rescatándolos del olvido. Un viaje a través de la memoria y la imaginación creadora de los pueblos, que lograron concentrar sus esperanzas, sueños
y miedos en seres fantásticos creados precisamente por ese imaginario colectivo.


ISBN:

978-84-1343-312-7

¿A qué sabe la luna? B.A.T.A.

Editorial: Kalandraka   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: Cartoné
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Los animales pensaban: «¿A qué sabe la luna?». Por las noches, miraban al cielo. Se estiraban mucho, mucho, mucho, alargando el cuello y las patas. Pero no podían alcanzarla. Un día, la pequeña tortuga subió a la montaña más alta para poder llegar a la luna? «¿A qué sabe la luna?» es la primera obra de autor en incorporarse a la colección De fácil lectura - Makakiños, que reúne adaptaciones de cuentos tradicionales adecuados al sistema de pictogramas, junto con los títulos de la serie Día a día, formada por guías de apoyo que facilitan la autonomía y la intercomunicación con el entorno. Esta iniciativa pionera impulsada desde la Asociación Autismo BATA y KALANDRAKA permite acercar la lectura a personas en el espectro del autismo, ayudando a romper las barreras de la comunicación y haciendo comprensible el mundo de la fantasía a muchas niñas y niños. Este álbum de Michael Grejniec se ha ajustado para que la lectura sea accesible, restando abstracción al lenguaje. Además del texto y las ilustraciones, la lectura se apoya en el sistema SPC (Símbolos Pictográficos de Comunicación) creado en Estados Unidos por Roxanna Mayer-Johnson a base de dibujos y colores. Esta colección también se utiliza en Educación Infantil como material de apoyo para un primer acercamiento a los libros por parte de las prelectoras y los prelectores. Las ilustraciones, realizadas en papel-couché, destacan por su estilo sencillo y cálido. La distribución de las imágenes y del texto, sobre fondo blanco, consigue un equilibrio que potencia el efecto artístico del libro.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2025 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal