logo paquebote
275 libros encontrados buscando editorial: Alvarellos

www.paquebote.com > Alvarellos

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-18567-44-5

O BENSHI DE GALICIA «O arrebato cinematográfico de Rey Soto»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 232
Formato: Bolsillo
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O Benshi de Galicia. O arrebato cinematográfico de Rey Soto (Alvarellos Editora) de Manolo González, relata a insólita e descoñecida historia dun crego que foi tamén poeta, bibliófilo, bohemio, sedutor, visionario, sibarita... e inaudito director de cine. Nos anos vinte chegaría a ser o que hoxe dariamos en chamar toda unha celebrity. En 1922 Antonio Rey Soto (Ourense, 1879-Madrid, 1966) emprendeu un proxecto moi singular: fundar en Vigo a produtora Celta Film e rodar a película Un viaje a través de Galicia y Asturias (hoxe, perdida). Con ela xirará por América en 1923. Posuído dunha extraordinaria oratoria, Rey Soto actuará, en cada proxección, narrando ao público ?de emigrantes galegos, principalmente? os contidos do seu filme, exercendo o papel dun verdadeiro «benshi», esa figura capital do cinema mudo xaponés, que explicaba a trama a unha audiencia moitas veces analfabeta. O Benshi..., que está ilustrado con cen fotografías e documentos moi descoñecidos, descóbrenos a peripecia existencial dun home cuxa vida é realmente a trama dunha verdadeira película, na que por certo participa boa parte da intelectualidade galega de comezos do século XX.


ISBN:

9788418567438

CONTÁRMONOS

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 262
Formato: , 21 x 14 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As catorce voces reunidas neste volume xurdiron no Obradoiro da Escrita impulsado en 2021 e 2022 polo Concello de Santiago co apoio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Son textos creados arredor da memoria histórica das mulleres e que sitúan ás mulleres no centro. A partir daqueles obradoiros naceu o colectivo Comadres das Letras.


ISBN:

9788418567421

Murguía, o Patriarca «A biografía inédita de 1953»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 552
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 29,50
Añadir a la cesta

Setenta anos despois da súa redacción, publicamos esta meticulosa biografía de Manuel Murguía, escrita por Lois Carré Alvarellos (A Coruña, 1898-1965) e conservada inédita ata hoxe nun mecanoscrito de 370 páxinas. Abarca desde o nacemento do historiador en 1833 ata o ano 1882, pouco antes do falecemento da súa esposa e colega, Rosalía de Castro. Malia que non puido rematar o seu traballo, a edición deste volume contribuirá de maneira decisiva á reconsideración da figura de Murguía, a quen por certo Lois Carré coñeceu e tratou persoalmente na súa infancia e adolescencia. As profesoras Esther García de Lucas e Olivia Rodríguez González destacan no Limiar (onde se incorporan numerosas fotografías descoñecidas do autor) a minuciosa bibliografía manexada por Lois Carré, nun texto que combina desde certas doses de novela histórica ata extensos apartados -con raíces no Positivismo científico- onde todo debía ser documentado. A publicación deste novo volume da Colección Rescate coincide coa conmemoración do centenario da morte de quen foi e é considerado o Patriarca das Letras Galegas.


ISBN:

9788418567407

¡ABAJO LAS ARMAS! ¿DÓNDE ESTÁ EL PACIFISMO? «32 Miradas incómodas»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 236
Formato: , 23 x 13 cm.
Precio: 22,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

¡Abajo las armas! ¿Dónde está el pacifismo? es el título de una obra colectiva de profunda reflexión en estos momentos de urgencia al cumplirse un año de la invasión de Putin a Ucrania.
Llega a librerías a inicios de mayo de 2023, publicada por la editorial gallega Alvarellos Editora en colaboración con la Fundación Cultura de Paz, que preside Federico Mayor Zaragoza. El exdirector general de la UNESCO afirma en el prólogo: «Que las generaciones que llegan a un paso de nosotros no nos acusen de silencio cuando tan acuciante era nuestra voz. En pie de paz, infatigables en la resistencia, a favor de la democracia auténtica. Que nunca puedan decirnos: ?Esperábamos vuestra voz... y no llegó?. Delito de silencio». Bajo la coordinación del educador e histórico activista por la Paz Manuel Dios Diz, este volumen reúne a 31 de las más prestigiosas voces internacionales, expertas en análisis y resolución de conflictos, que cuestionan la respuesta dada por Occidente a la guerra de Ucrania. Entre ellas figuran David Adams, Ingeborg Breines, Adolfo Pérez Esquivel, Carmen Magallón, Boaventura de Sousa Santos, Tica Font o Pere Ortega. «Son 31 prestigiosas miradas, todas ellas más o menos incómodas, en tiempos en los que manifestar públicamente discrepancia, optar por la paz y el entendimiento, por el diálogo y la solución pacífica de los conflictos, no está bien visto, no está de moda o, lo que es mucho peor, significa convivir con el sambenito a la espalda de ?buenista?, ?cómplice? o incluso de ?traidor?», afirma Manuel Dios.


ISBN:

9788418567414

DE COMPOSTELA AO EXILIO INTERIOR. FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 164
Formato: , 19 x 20 cm.
Precio: 23,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A vida de activismo incesante de Paco del Riego contada para todos os públicos e ilustrada con 200 imaxes. Publicada por Alvarellos Editora en coedición co Consorcio de Santiago en abril de 2023, a través de 164 páxinas e máis de 200 fotografías e documentos, o autor percorre a vida única de don Paco, incesante construtor da identidade e das Letras galegas dende os tempos da República ata o seu pasamento en 2010. De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego detense especialmente nunha década fundamental: os anos 30 en Santiago de Compostela.


ISBN:

9788418567391

IRMÁS «Oito diálogos contra a desmemoria»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 68
Formato: , 21 x 14 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta

Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas na Galiza do período de 1916-1936. Mulleres que, desde logo, non correron a mesma orte que os seus contemporáneos, homes, que si ficaron nas páxinas da nosa Historia formando parte das Irmandades da Fala. A través de poemas, relatos ou ilustracións, en Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria (Alvarellos Editora) conflúe a mirada de oito mulleres do pasado e oito do presente. Este volume xorde a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ, a entidade que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda e a presente publicación está coordinada pola tamén escritora, e docente, Beatriz Dourado.


ISBN:

9788418567377

DE MAR A MAR

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 172
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 21,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar é un extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo, 1907-A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contemporáneos tan notables como Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, e, no noso país, de Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, o poemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volume rescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador. Esta edición bilingüe de Alvarellos Editora, publicada na súa coidada (e premiada) Colección Rescate, incorpora unha versión en lingua galega dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira. O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, e enriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cos valiosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos MartínezBarbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán. Os poemas de De mar a mar son «como berros de afogado», en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han fascinar hoxe coa súa enorme sensibilidade e magnetismo.


ISBN:

9788418567384

AS FERIDAS DUN AMOR EFÉMERO

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 50
Formato: , 14 x 21 cm.
Precio: 13,00
Añadir a la cesta

As feridas dun amor efémero é o título do primeiro libro de Sue Camaño, unha nova voz poética que se alzou en 2022 co Premio de Poesía do Concello de Vilalba e que agora publicamos na nosa colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora. A obra, ilustrada por Diego Estebo, competiu con outras cen presentadas a este Premio, que en 2022 alcanzou a súa edición nº 48. En palabras da propia autora, a súa ópera prima «aspira a ser, por unha banda, unha homenaxe aos clásicos da poesía e da literatura universal que marcaron a miña vida: dende as cantigas de amigo a Garcilaso, Rosalía, Lorca ou Emily Dickinson. Con eles como inspiración, quixen reelaborar eses grandes temas que levan protagonizando a creación escrita dende as súas orixes: a morte, o desamor ou a angustia existencial».


ISBN:

9788418567346

A RAÍÑA DAS GAIVOTAS

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 44
Formato: , 17,5 x 22 cm.
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"A raíña das gaivotas" é o primeiro conto letón que se publica en galego. Foi o debut en 2017, da autora e ilusturadora báltica R?ta Briede. Traducido agora por El?na Brasli?a, Lawrence Schimel e María Reimóndez.
Esta é a historia de Renata. Ela semella a típica veciña rosmona que sempre está de mal humor polo boureo que fan as gaivotas. Mais ás veces é certo que nos enrabechamos sen saber por que. Todo lle molesta a Renata: as gaivotas, a veciñanza, os ruídos... Ata que vive unha viaxe transformadora de ensoño, de aotudescubrimento. Nacerá nela a compresión do outro, a empatía, e unha nova mirada sobre as persoas e o mundo.


ISBN:

9788418567353

COMPOSTELA COMO DESEXO

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 19 x 12 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un filósofo, un economista, dous arquitectos e un filólogo expresan un anhelo común: hai que pensar de novo a cidade. "Desexamos un Santiago creativo, intelixente, plurar, bohemio, respectuoso, creador de alto valor engadido e repartidor de riqueza. Un Santiago de benestar e igualdade, amable, verde e acolledor: Un Santiago para andar. Compostela precisa mirar de novo, o que temos e o que somos, no horizonte de 2027.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2023 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal