logo paquebote
286 libros encontrados buscando editorial: Alvarellos

www.paquebote.com > Alvarellos

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788418567391

IRMÁS «Oito diálogos contra a desmemoria»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 68
Formato: , 21 x 14 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres máis destacadas na Galiza do período de 1916-1936. Mulleres que, desde logo, non correron a mesma orte que os seus contemporáneos, homes, que si ficaron nas páxinas da nosa Historia formando parte das Irmandades da Fala. A través de poemas, relatos ou ilustracións, en Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria (Alvarellos Editora) conflúe a mirada de oito mulleres do pasado e oito do presente. Este volume xorde a partir do «Proxecto Irmás», impulsado por Culturalia GZ, a entidade que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda e a presente publicación está coordinada pola tamén escritora, e docente, Beatriz Dourado.


ISBN:

9788418567377

DE MAR A MAR

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 172
Formato: , 20 x 13 cm.
Precio: 21,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Publicado orixinalmente en Madrid en outubro de 1934, De mar a mar é un extraordinario libro de poemas de Feliciano Rolán Vicente (Vigo, 1907-A Guarda, 1935) que mereceu a gabanza de poetas contemporáneos tan notables como Juan Ramón Jiménez ou Federico García Lorca, e, no noso país, de Álvaro Cunqueiro ou Luís Seoane. No entanto, trala prematura morte do seu autor aos 27 anos, o poemario ficou varado no mar do esquecemento. O presente volume rescata esta magnífica obra e repara o nome do seu creador. Esta edición bilingüe de Alvarellos Editora, publicada na súa coidada (e premiada) Colección Rescate, incorpora unha versión en lingua galega dos textos realizada polo tradutor, poeta e profesor Anxo Angueira. O volume ábrese cun clarificador ensaio de Gregorio Ferreiro Fente, e enriquécese con diverso material (imaxes, manuscritos e debuxos) moi descoñecido, cun cadro bio-bibliográfico de Celso R. Fariñas e cos valiosísimos testemuños literarios de Ricardo Carballo Calero e Carlos MartínezBarbeito, dous intelectuais que trataron a Feliciano Rolán. Os poemas de De mar a mar son «como berros de afogado», en palabras de Lois Tobío. Son versos que nos han fascinar hoxe coa súa enorme sensibilidade e magnetismo.


ISBN:

9788418567384

AS FERIDAS DUN AMOR EFÉMERO

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 50
Formato: , 14 x 21 cm.
Precio: 13,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As feridas dun amor efémero é o título do primeiro libro de Sue Camaño, unha nova voz poética que se alzou en 2022 co Premio de Poesía do Concello de Vilalba e que agora publicamos na nosa colección Libros do Sarela de Alvarellos Editora. A obra, ilustrada por Diego Estebo, competiu con outras cen presentadas a este Premio, que en 2022 alcanzou a súa edición nº 48. En palabras da propia autora, a súa ópera prima «aspira a ser, por unha banda, unha homenaxe aos clásicos da poesía e da literatura universal que marcaron a miña vida: dende as cantigas de amigo a Garcilaso, Rosalía, Lorca ou Emily Dickinson. Con eles como inspiración, quixen reelaborar eses grandes temas que levan protagonizando a creación escrita dende as súas orixes: a morte, o desamor ou a angustia existencial».


ISBN:

9788418567346

A RAÍÑA DAS GAIVOTAS

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 44
Formato: , 17,5 x 22 cm.
Precio: 16,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"A raíña das gaivotas" é o primeiro conto letón que se publica en galego. Foi o debut en 2017, da autora e ilusturadora báltica R?ta Briede. Traducido agora por El?na Brasli?a, Lawrence Schimel e María Reimóndez.
Esta é a historia de Renata. Ela semella a típica veciña rosmona que sempre está de mal humor polo boureo que fan as gaivotas. Mais ás veces é certo que nos enrabechamos sen saber por que. Todo lle molesta a Renata: as gaivotas, a veciñanza, os ruídos... Ata que vive unha viaxe transformadora de ensoño, de aotudescubrimento. Nacerá nela a compresión do outro, a empatía, e unha nova mirada sobre as persoas e o mundo.


ISBN:

9788418567353

COMPOSTELA COMO DESEXO

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 120
Formato: , 19 x 12 cm.
Precio: 14,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un filósofo, un economista, dous arquitectos e un filólogo expresan un anhelo común: hai que pensar de novo a cidade. "Desexamos un Santiago creativo, intelixente, plurar, bohemio, respectuoso, creador de alto valor engadido e repartidor de riqueza. Un Santiago de benestar e igualdade, amable, verde e acolledor: Un Santiago para andar. Compostela precisa mirar de novo, o que temos e o que somos, no horizonte de 2027.


ISBN:

9788418567315

GÁRGOLAS DE COMPOSTELA / COMPOSTELA GARGOYLES

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 146
Formato: , 22 x 12 cm.
Precio: 16,89
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Santiago de Compostela es quizás la ciudad europea con mayor densidad de gárgolas, esas máscaras de piedra –enigmáticas, divertidas, transgresoras– que nos contemplan desde lo alto a partir de la Edad Media. Hay más de 300, y en esta guía trilingüe (gallego, castellano e inglés) seleccionamos 30 de las más singulares, en una nueva y muy sorprendente visión —con más de 100 fotografías—de esta capital gallega.


ISBN:

9788418567339

CRIPTOGRAFÍAS

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 70
Formato: , 21 x 14 cm.
Precio: 17,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Criptografías é un exercicio de escrita secreta no que os poetas Pepe Cáccamo (Vigo, 1950) e Baldo Ramos (Celanova, 1971) superpoñen as súas voces nun experimento que xorde da amizade e da complicidade estética. En 2014 os seus mundos literarios comezaron a orbitar arredor dos límites da poesía visual, sobre o libro como soporte plástico e sobre a obxectualidade da palabra poética.
Nesa viaxe sen retorno fixeron diferentes escalas, editando en 2014 CaRa inversa, dous anos despois librosconversos ?que reunía versos de 40 poetas? e elaborando o proxecto expositivo A dobre páxina, unha proposta exclusivamente visual. Criptografías é a terceira publicación na que se reencontran os dous autores. Trátase dunha colección de poemas visuais de liña letrista en conversa con textos poéticos que foron escritos coa vontade de diluír a autoría nunha voz común que fai enormemente singular esta proposta.


ISBN:

9788418567254

LA ENCANTADORA DE SERPIENTES

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: 28 x 21,5 cm.
Precio: 16,00
Añadir a la cesta

Este cuento está inspirado en la lejana India, en su tradición y cultura. Allí, una niña llamada Naisha, tiene unos poderes muy especiales: es faquir, encantadora serpientes e incluso camina sobre las brasas. Ahorra dinero para matricularse en la escuela de magia, ilusionistas y faquires de Bombay, porque quiere ser una excelente maga. Con esfuerzo y determinación lo va a conseguir.


ISBN:

978-84-18567-24-7

A ENCANTADORA DE SERPES

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 36
Formato: Cartoné
Precio: 16,00
Añadir a la cesta

Este conto está inspirado na afastada India, na súa tradición e cultura. Alí, unha nena chamada Naisha, ten uns poderes moi especiais: é faquir, encanta serpes e mesmo camiña sobre as brasas. Aforra cartos para matricularse na escola de maxia, ilusionistas e faquires de Bombai, porque quere ser unha moi boa maga. Con esforzo e determinación vaino conseguir.


ISBN:

978-84-18567-26-1

GALICIA-AMÉRICA «Cantos de emigración e exilio (1875-1951)»

Editorial: Alvarellos   Fecha de publicación:    Páginas: 416
Formato: Rústica
Precio: 23,90
Añadir a la cesta

O presente volume reúne os traballos de catorce especialistas que, en 2017, se reuniron en Santiago de Compostela para reflexionar e debater sobre un tema estrela do Grupo Organistrum: «O espello de Galicia en América: ideoloxía, emigración e exilio (1875-1951)», datas que enmarcan dende o gran movemento migratorio galego a América Latina ata a aparición da Xeración do 51, límite que reflicte as consecuencias da represión franquista. O grupo de investigación Organistrum está dedicado aos
estudos históricos sobre música en Galicia, polo que nesta obra se tratan a fondo aspectos como a capacidade da música de expresar a identidade colectiva, ou como é quen de chegar a todas as clases sociais.
Tamén se dá conta nestas páxinas da enorme importancia dos centros galegos como núcleos de socialización e fomento de actividades, non só musicais senón tamén teatrais, danza, etc. Finalmente, recóllense traballos centrados nas figuras clave de Perfecto Feijóo, Carlos López García-Picos, Carlos Chávez ou Jesús Bal y Gay.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal