logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: Xurxo Martínez González

www.paquebote.com > Xurxo Martínez González

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788491217039

Marxes «Guía ilustrada do Vigo rebelde»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 216
Formato: , 21 x 14 cm.
Precio: 22,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"Marxes" traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas. Narrada por Xurxo Martínez González e ilustrada por David Rodríguez, esta "Guía ilustrada do Vigo rebelde" é perfecta para ler ou para percorrer a pé os escenarios dos feitos.


ISBN:

9788499143149

Luís Soto «A xeira pola unidade galega»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 288
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao e aUXT na Guerra Civil; a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra; o Consello de Galiza e a JSUN; o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio; a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento; a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP. En todo isto, Luís Soto foi parte protagonista. O autor acudiu ao fondo Luís Soto (no Arquivo Histórico Provincial de Ourense), practicamente inédito, para realizar unha biografía que se botaba en falta. Xurxo Martínez González incorpora ao libro nova documentación sobre o exilio, o nacionalismo ou a revista Vieiros. Outros arquivos, co descubrimento de novos papeis, completaron unha obra necesaria para comprendermos mellor a esquerda, o exilio en México, a cultura e o nacionalismo galegos. Unha peza imprescindible para encaixar a historia máis recente. -



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal