logo paquebote
3 libros encontrados buscando autor: Xosé Lois García Fernández

www.paquebote.com > Xosé Lois García Fernández

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788499141053

Uxío Novoneyra. Revisitado

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: Rústica
Precio: 17,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Uxío Novoneyra. Revisitado constitúe un testemuño excepcional sobre a vida, a obra e o pensamento de Uxío Novoneyra escrito por un dos que foron os seus mellores amigos e un dos máis destacados especialistas na súa obra: Xosé Lois García.
Desde unha ollada privilexiada arredor do poeta do Courel e o seu contexto, o autor vai pasando revista á concepción do universo poético de Novoneyra, ás correntes que máis influíron nela, aos seus encontros e amizade co poeta, á paixón deste polo gravado,á súa época en Madrid, á etapa como presidente da AELG, á súa consideración da lingua galega, á súa formación ideolóxica, ao compromiso, á súa posición de vangarda na creación...En definitiva, este libro proporciónanos unha visión rigorosa, científica e ao tempo próxima e profundamente humana sobre un dos poetas claves da literatura galega do século XX.



ISBN:

9788440311801

Do A ao Z con... Manuel María «Clásicos en voces contemporáneas»

Editorial: Everest Galicia   Año:    Páginas: 60
Formato: 19,5 x 12,4 cm.
Precio: 8,00
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Un novo libro da serie dedicada aos nosos clásicos, cuxa visión do mundo chega aos lectores máis novos na voz de autores contemporáneos que, co paso do tempo, tamén pasarán a formar parte desa lista de elixidos desa lista de clásicos de lectura imprescindible.

Xosé Lois viaxa, a través das letras do noso abecedario, polo universo literario do tamén coñecido como autor da Terra Chá.

Un reto importante para Xosé Lois, xa que Manuel María é un dos clásicos máis contemporáneos que tanto os lectores adultos coma os lectores adolescentes tivemos oportunidade de coñecer e de escoitar recitar na súa propia voz.



[1-3]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal