www.paquebote.com > Xosé Lois García
Uxío Novoneyra. Revisitado constitúe un testemuño excepcional sobre a vida, a obra e o pensamento de Uxío Novoneyra escrito por un dos que foron os seus mellores amigos e un dos máis destacados especialistas na súa obra: Xosé Lois García.
Desde unha ollada privilexiada arredor do poeta do Courel e o seu contexto, o autor vai pasando revista á concepción do universo poético de Novoneyra, ás correntes que máis influíron nela, aos seus encontros e amizade co poeta, á paixón deste polo gravado,á súa época en Madrid, á etapa como presidente da AELG, á súa consideración da lingua galega, á súa formación ideolóxica, ao compromiso, á súa posición de vangarda na creación...En definitiva, este libro proporciónanos unha visión rigorosa, científica e ao tempo próxima e profundamente humana sobre un dos poetas claves da literatura galega do século XX.
“Kalendas” de Xosé Lois García é un único e enorme poema que narra a existencia do seu creador dende o 26 de xaneiro ata o 31 de decembro de 2003. Asumindo un esforzo formal, de escribir cada día un poema, todos os textos correspondentes aos sábados e domingos posúen oito e sete versos, mentres os demais días da semana, contan con vinte. O rescate da memoria emigrante, a reflexión sobre o tempo, a defensa da matria galega, a paisaxe, a música, a escultura, a denuncia das miserias da guerra, a exaltación do amor ofrécense como temas dunha proposta sen precedentes na poesía galega.
1ª edición.
1ª edición.
POESIA.
1ª edición.