www.paquebote.com > XOSE TOMAS
Contos de Reis e de Nadal, libro escrito por Miguel Vázquez Freire e ilustrado por Xosé Tomás, contén na súa primeira parte catro contos de Reis (“A mañá do monstro”, “A Noite de Reis da Princesa”, “Marquiños quería un balón”, “Xandro e Tomé”) e, na segunda, outros tres de Nadal (“A viaxe de Fátima”, “O home que reconstruía a súa casa” e “O señor Scrooge tiña razón”). Nos do ciclo de Reis aparecen nenos aos que os Magos nunca lles traen o que piden; nenas que cando chegan os Reis Magos aínda están espertas, e nenos, coma Xandro, que pese a que os de Oriente si lles traen o que lles piden, só son felices cando comparten os xoguetes con outros nenos que teñen menos. Nos contos do ciclo de Nadal, hai mulleres que foxen da guerra e da fame e queren que o seu fillo naza en Europa; e hai homes que constrúen de novo a súa casa cada vez que unha bomba as destrúe. Sete contos, escritos co clasicismo narrativo do conto emotivo, sete portelos para construír un mundo máis solidario e feliz dende a infancia.
«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. «Animalia 4. Gris» céntrase nos animais urbanos. En que nos parecemos as persoas aos animais cos que convivimos a diario?
«Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, «Animalia 1. Verde», localizada na selva; a segunda, «Animalia 2. Branco», no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.
«Animalia» constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.
Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos: “Bum, Bum”. O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza.
" Animalia "
é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira,
" Animalia 1. Verde " , localizada na selva; a segunda,
" Animalia 2. Branco " , no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.
" Animalia "
constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.