logo paquebote
12 libros encontrados buscando autor: Teresa González Costa

www.paquebote.com > Teresa González Costa

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788499141657

A filla do ladrón de bicicletas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Cartonado, 13,50 x 19 cm.
Precio: 12,90
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Serafina, que é filla dun ladrón de bicicletas, vive coa súa tía, dona Perfecta, nunha vila mariñeira. A súa máxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta coa que consegue abraiar, e cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Bravo.

O xurado da XXVª edición do Premio Merlín de Literatura Infantil outorgou o seu recoñecemento a esta primeira novela de Teresa Gonzalez Costa salientando “a perfecta combinación de tenrura e humor dunha historia cuxo fío condutor é unha bicicleta que se converte en personaxe, á beira da protagonista, e que guía con eficacia o desenvolvemento da historia”.

A filla do ladrón de bicicletas foi ilustrada por Jacobo Fernández Serrano e recomendada para lectores de 11 anos en diante.


ISBN:

9788484871088

ALEN DAS BRUMAS.(LAIOVENTO 6). CADERNOS TEATRO

Editorial: LAIOVENTO, EDICIONS   Fecha de publicación:    Páginas: 96
Formato: Rústica, 24 x 17 cm.
Precio: 8,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

TEATRO.


ISBN:

978-84-9121-692-6

A memoria dos paxaros

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A aparición dun mozo inconsciente nunha reserva de aves a noite do Samaín coincide cunha serie de fenómenos estraños que se empezan a dar na vila. Os despoxos de paxaro aparecen polos camiños, escóitanse chíos arrepiantes e hai cortes de luz inexplicables. A sombra dun terrible ser mitolóxico emerxe das tebras, ao tempo que un especulador de terreos asegura ter a solución a todos os problemas. Celeste, a filla do ornitólogo e mais dunha investigadora da mitoloxía das aves, vai tentar descubrir que hai detrás de todo o que está a pasar. Que se repita ou non a traxedia que tivo lugar poucos anos atrás depende talvez da memoria que algunhas persoas valentes gardan do tempo en que as catro pedras con nome de paxaro eran veneradas.


ISBN:

978-84-9121-884-5

Unha abella máxica no camiño «Unha historia de Leopolda Diéguez»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nunha encrucillada de camiños Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia de Daniel, un neno que quere ser superheroe. Unha tarde sae á rúa en busca de aventuras coa súa capa e cun colgante en forma de sol. Non imaxina que está a piques de comezar unha viaxe emocionante ao lado de Virxilia, a nena de Vila Ambrosia. O mundo das abellas máxicas de Eiramae está en perigo, pero que pode facer un superheroe que non soporta os insectos, por moi máxicos que sexan?


ISBN:

978-84-9121-145-7

Fred Quincalla, o nómade do mar «Unha historia de Leopolda Diéguez»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Esta é unha das moitas historias de Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas. Viaxeira por curiosidade e necesidade, un día Leopolda deu co Gran Gogol, un cociñeiro aprendiz de violinista e fuxitivo da inxustiza. Desde entón os dous viaxan xuntos no barco de Leopolda, dando espectáculos musicais en cada lugar ao que chegan e disfrazados para pasaren inadvertidos. Non é para menos: un rei e mais unha duquesa andan tras deles.


ISBN:

9788491215431

A nena, o monstro e o mar «Unha historia de Leopolda Diéguez»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 144
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Leopolda Diéguez cóntalle a Gran Gogol a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro. Gran Gogol escoita con atención, porque se cadra iso é o mellor que pode facer alguén que está pechado no alto dunha torre...
Unha nova historia da viaxeira Leopolda Diéguez, fascinante narradora e facedora de artes máxicas.


ISBN:

9788491213697

A noite das bicicletas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica cosido a fío, 13,50 x 19,00
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Raymond era un apaixonado da bicicleta e experto na apertura de todo tipo de cadeados. Membro dunha familia de saltimbanquis, a súa ilusión era participar nunha gran carreira ciclista, razón pola que era capaz de pedalear todo o día sobre
" Vancouver " , a súa bicicleta azul e vermella. Cando chegou á nova vila amigou axiña con Elías Brimarán, que traballaba no estaleiro familiar e a quen todos os deportes ao aire libre lle encantaban. Xaora, os dous amigos quedarán abraiados ao veren como Valentina aprendera tan rápido a andar e facer acrobacias sobre a súa
" Celífera " , progresando sobre a bicicleta a unha velocidade que ninguén imaxinara nunca. Precuela de
" A filla do ladrón de bicicletas " , Premio Merlín de Literatura Infantil 2010, esta novela consolida un mundo asombroso de fantasía, cheo de humor e tenrura.


ISBN:

978-84-9782-506-1

Sempre quixen bailar un tango

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 88
Formato: Rústica 13,00 x 21,00
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Manuel acolle a nova da súa morte, e de maneira serena considera as cousas que nunca vai poder facer, as palabras que non vai aprender, o tango que quedou sen bailar. Susana, a filla, e Luís, o xenro, móvense arredor del como caricaturas insensibles, preparados para o despegue social. María limpa o que lle mandan, sen facerse demasiadas preguntas porque así doe menos. As palabras proferidas por Manuel apenas atopan interlocutor, a non ser en María, e as frases altisonantes dos autómatas mestúranse coas reverberacións dos neóns da rúa, que impiden ver as estrelas. Será tarde para fuxir desta nebulosa anestesiante? Tal e como fixo Héitor, o fillo que canta nun club, lonxe da insensibilidade.(*CR*)Sempre quixen bailar un tango de Teresa Costa González obtivo o XVIIº Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais, outorgado por AGADIC. O xurado salientou desta peza a solidez da súa estrutura dramática, cualificándoa como unha obra "moi coidada" e "moi ben construída", así como a súa intención de ridiculizar valores dominantes na sociedade actual como o afán de poder, a ambición, as aparencias, a superficialidade ou o materialismo, en contraste co "poder salvador dos soños"


ISBN:

978-84-9914-630-0

Os santos nunca dormen

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 256
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Un médico psiquiatra, o doutor E. Laconte, publica o diario deixado por un dos seus pacientes, Jeremías, un restaurador de imaxes de santos. Unhas páxinas dactilografadas nas que este restaurador de reliquias, un home extremadamente sensible, que podía sentir e ver cousas que polo xeral permanecen invisibles para os demais, relatan a súa «vivencia atlántica», os acontecementos nos que se viu mergullado cando foi chamado a avaliar o estado no que se atopan os santos da ermida dunha vila mariñeira, cuxo nome descoñecemos, mais da que sabemos que fora famosa pola caza de baleas.
Os santos nunca dormen actualiza mitos e lendas de noso coa intención de esculcar na procura da identidade e da descuberta real do pasado. Unha novela enraizada nun universo literario e bíblico moi rico, cheo de simbolismo, onde se reflexiona sobre o que é distinto e diferente, sobre os modos de exercer o poder ou sobre as dimensións da solidariedade e do amor.


ISBN:

978-84-9914-434-4

Eu, pel

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 280
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Aquel rapaz ao que lle puxeron un nome que ninguén pronunciaba nunca, fíxose chamar a si mesmo Innominable. Era fillo dun farmacéutico brillante e dunha fermosa aristócrata da illa Meridiana, mais o mozo tiña unha misteriosa lesión. Desde moi pequeno, comezou a poñer máscaras e a experimentar arreo no laboratorio do castelo para atopar un remedio científico que reparase o seu mal. Ao mesmo tempo, no centro da cidade, o taller de pintura de Leopoldo Galean irradiaba luz a cada recanto da illa. Será nese taller onde unha rapaza chamada Niki revelará os seus insólitos dotes artísticos. Certo día o Gran Teatro encárgalle a Niki un decorado baseado na lenda de San Xurxo e o dragón, mais pouco despois a rapaza é internada na Residencia Periférica. O Innominable fíxose co goberno da Meridiana. Niki podería descubrir pronto as verdadeiras intencións daquel a quen moitos chaman Benfeitor.



[1-10]  [11-12]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal