logo paquebote
287 libros encontrados buscando autor: Seoane

www.paquebote.com > Seoane

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9121-660-5

A póla branca

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 70
Formato: Rústica
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«A póla branca», que se inicia cun espléndido limiar sobre os haikus e a súa tradición, trasládanos á capacidade creativa de Xavier Seoane ante ese xénero e ofrécenos versos enormemente actuais, sintéticos, moi ocorrentes, persoais, capaces de abraiar. En palabras de Juan Martínez-Casanueva Viqueira, son haikus «máis preocupados por captar a impresión do momento, por atender a voz da natureza, por deixarse levar pola admiración ante todo acontecer que por dar cumprimento á formalidade do canon estrófico. Están entre o sentimento panteísta e o asombro cósmico, onde tamén hai sitio para a experiencia cotiá, o urbano, o pop».


ISBN:

978-84-9121-760-2

Dicionario irreal para un país imposible

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 544
Formato: Rústica
Precio: 28,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este Dicionario irreal para un país imposible, do escritor e profesor humanista Xavier Seoane, é un libro singular, fermoso, entregado, distinto e atrevido sobre este vello e milenario país que é Galicia. Concibido con moita orixinalidade, editado con sumo coidado e fermosamente ilustrado por Ramón Trigo, o libro combina a óptica analítica, o alento poético, a imaxinación e o humor co sentido crítico, a reflexión matizada e a información exhaustiva.
Por este dicionario literario, que constitúe un orixinal ensaio, desfila a historia de Galicia, a súa cultura, os feitos, as persoas, os tópicos, os mitos e carencias...
Escrito desde detrás da silveira, o seu formato permite lelo en calquera orde, en calquera sentido e de calquera xeito, focalizando a atención sobre os máis diversos aspectos do país galego, ese que procura o seu lugar na historia, na cultura e no reino do imaxinario e do proxectivo.




ISBN:

978-84-9121-803-6

Cancións para Ana Lúa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Hai quen oíu cantar o cervo. E sentiu o paso do unicornio. E viu saír a lúa do pozo. E coñeceu a existencia dos trevos de sete follas. Destas e moitas outras cousas fala este fermoso canto poético á infancia. Se a poesía é irmá da música, estes poemas, de ritmo tan marcado, son un cántico á maxia, á fantasía e á imaxinación dos nenos e nenas. Escritos polo poeta e escritor Xavier Seoane, están magnificamente ilustrados por un dos máis recoñecidos artistas galegos do noso tempo, Xavier Correa Corredoira, que soubo traducir os poemas en imaxes de alta creatividade, beleza e lirismo.


ISBN:

978-84-9121-133-4

Os aforismos do riso futurista «Autores galegos polo aforismo»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este volume constitúe unha achega colectiva a un xénero non moi traballado na literatura galega: o aforismo. Un conxunto de 48 autores das máis diversas traxectorias e xéneros desprega un variado repertorio de enxeño, lucidez e creatividade a través da chispa da imaxinación, do bisturí da análise e da cortesía da brevidade.
Estilos moi variados. Estéticas plurais. Cosmovisións intelectuais diversas. En definitiva, todos os posibles camiños estéticos, conceptuais e formais aparecen nestas sentenzas, apotegmas, reflexións aforísticas do noso tempo, cunha temática que vai da denuncia á observación lúcida, da evocación poetizadora á máxima moralizante, da reflexión ontolóxica á sátira social, do ferrete contra un vicio ou unha vexación á revelación do mínimo, do sutil, do dificilmente apreixable e expresable.
O aforismo, un xénero en verdadeira expansión na actualidade, recibe así un pulo extraordinario na nosa tradición cultural. Un xénero breve e incisivo, acaído á vertixe dos tempos que corren.


ISBN:

978-84-9121-044-3

Todos somos Ulises «Por unha educación democrática e humanista»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 472
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Na liña dos seus libros anteriores, “Atravesar o espello”, “O Sol de Homero” e “Saudar a vida”, esta nova proposta, “Todos somos Ulises (Por unha educación democrática e humanista)”, constitúe o elo máis amplo dun ambicioso ciclo ensaístico que reflexiona sobre a transcendencia da escola e da educación, do coñecemento e da cultura nun momento histórico de difíciles retos para as persoas, os colectivos e as sociedades.
“Todos somos Ulises” analiza criticamente a hexemonía da razón economicista e produtivista nas nosas vidas, o impacto tantas veces desilustrador e alienante da publicidade, do consumo e dos media, a dimensión plural da intelixencia, a transcendencia da linguaxe e da lectura, as destrezas necesarias na Sociedade do Coñecemento, a necesidade dun entendemento fluído entre a escola e as familias, o uso crítico e creativo das ferramentas tecnolóxicas, a pertinencia dunha educación pública equitativa, as demandas da diversidade, a educación en valores, a vocación, o esforzo, a convivencia, a disciplina... aspectos relacionados cos incisivos problemas da escola actual e as preocupacións do profesorado, o alumnado e das nais e pais. Xa que logo, Xavier Seoane propugna a necesidade dunha sólida formación científica, humanística e social, apostando pola adquisición de elevados niveis de realización estética e sensible, espiritual e moral.
Nesa viaxe cara a Ítaca do coñecemento e da autocreación individual e social, que a todas as persoas se lles debe facilitar e á que todas deberían contribuír coa súa actitude vixiante e decidida, todos deberiamos ser Ulises, para poder alcanzar as máis elevadas cotas de emancipación, eudaimonía e felicidade. As persoas deberiamos, segundo o autor, pronunciar un si afirmativo á fecunda viaxe dunha educación crítica e democrática, humanista e liberadora á altura dos complexos retos contemporáneos.




ISBN:

978-84-9782-563-4

Remoldiño vai á feira

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 32
Formato: Rústica, , 18 x 20 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Remoldiño nunca fora(*CR*)a Monterroso na vida,(*CR*)e quería ver a feira(*CR*)máis famosa de Galicia.(*CR*)Para viaxar sen billete(*CR*)argallou unha artimaña:(*CR*)subíuselle nunha bota(*CR*)a un tratante da montaña.(*CR*)Na feira estaba agardando(*CR*)un vello amigo de seu,(*CR*)o caracol don Rolando(*CR*)que nesa vila naceu.(*CR*)




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal