logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Salgado, Fernando; Alonso Montero, Xesús; Ferreiro Fente, Xosé Gregorio; Portas Gómez, Alberto; Lópe

www.paquebote.com > En gallego > Lorenzo Varela (1916-1978) 'Unha fotobiografía'

ISBN:

84-9782-320-6

Lorenzo Varela (1916-1978) 'Unha fotobiografía'

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: Cartonado 20,50 x 27 cm.
Precio: 51,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A presente obra, coordinada por Fernando Salgado García, un dos biógrafos máis destacados do poeta Lorenzo Varela, recolle un detallado percorrido fotobiográfico sobre a peripecia vital e traxectoria literaria do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2005. Un libro, prologado polo profesor Xesús Alonso Montero, que recolle centos de fotografías (a maior parte deles inéditas), textos e documentos organizados nas seguintes etapas:
1916-1931: Infancia: La Habana – Monterroso- Buenos Aires.
1931-1934: Aceiro e mel: Lugo
1934-1939: Armas e letras: Madrid – Guerra Civil.
1939-1941: Camiño do desterro: Francia – México.
1941-1947: A esperanza renacida: Buenos Aires.
1947-1952: O Exilio no exilio: Uruguai.
1952-1976: A dobre patria galaico-criolla: Buenos Aires.
1976-1978: As cicatrices do retornado: Madrid – Galicia.
A obra, ademais do percorrido fotobiográfico, inclúe ensaios de Xesús Alonso Montero (“Raíces lingüísticas, raíces literarias e raíces políticas de Lorenzo Varela”), Xosé Gregorio Ferreiro Fente (“Do socialismo ateniense ao mi mamá me mima. Lorenzo Varela e o padroado das Misións Pedagóxicas”), Alberto Portas Gómez (Lorenzo Varela. O militante e o seu tempo”), Carlós L. Bernárdez (“Lorenzo Varela: ‘o diagrama dun grito`. Unha visión esgazada e reflexiva da poesía, a arte e a vida”) e Xosé Luís Axeitos (“Lorenzo Varela, unha voz amurallada). O volume complétase cunha completa cronoloxía e bibliografía de e sobre Lorenzo Varela. A edición desta fotobiografía realizouse en colaboración entre o Consello da Cultura Galega e Edicións Xerais de Galicia.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal