logo paquebote
80 libros encontrados buscando autor: SUSO DE TORO

www.paquebote.com > SUSO DE TORO

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411103251

Ambulancia

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 120
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 13,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous delicuentes que se atopan en situación precaria e que atracan unha gasolineira ao día seguinte de abandonaren o cárcere de Monterroso. Estamos diante dunha novela entretida e desgarradora, na que os personaxes e as súas paixóns se moven pola cidade de Compostela coma se fose un fervedoiro de violencia e dureza, de vida e morte. "Ambulancia" rende homenaxe á novela negra americana, con personaxes sinistros, sempre á beira do perigo. Unha novela
trepidante, de violencia estrutural. "Unha novela negra e redonda que, unha vez finalizada, deixa tan bo sabor de boca que invita á lectura..." (Vicente Araguas) ""Ambulancia" continúa sendo un magnífico relato criminal de primeira orde. Entretemento puro." (Diego Ameixeiras)


ISBN:

9788411102865

Unha rosa é unha rosa

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha inevitable hecatombe tráxica. Os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo ermanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da «comodidade e da ambición» fan desta raxicomedia
de Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.


ISBN:

9788411101035

Deber de Baltar «Medicina e compromiso»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 208
Formato: 22 x 17 cm.
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Velaquí a saga dos Baltar coa presenza dos seus obxectos e mobles vividos, coa seducción dos seus retratos, co engado dos seus filmes familiares, coa memoria dos seus lugares amados. Coa forza da cultura, da política, da medicina: DEBER DE BALTAR. [Catálogo da exposición inspirada na novela "Un señor elegante" de Suso de Toro. Comisario e deseñador: Pepe Barro.]


ISBN:

9788491811275

FUERA DE SÍ

Precio: 7,99
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 4 días.


ISBN:

9788413622019

UN SEÑOR ELEGANTE

Precio: 12,99
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 4 días.


ISBN:

9788420691831

SONÁMBULOS

Precio: 6,99
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 4 días.


ISBN:

9788487783036

2.F.M./PLURAL

Editorial: Positivas   
Precio: 7,19
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

978-84-9914-757-4

Somnámbulos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 104
Formato: Rústica
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

“Somnámbulos” reúne tres relatos de textura semellante, a das voces que falan e que escoitamos falar. Todos tratan do que trata a literatura, da memoria, é dicir do pasado.
A escrita literaria adoita ser como guindar un balde ao pozo que un leva dentro. Non se acostuma contar mais o traballo de escribir ficción é ir cavando nun pozo dentro de un, conforme se descende a auga vai saíndo máis fría. O caso deste libro é outro, nace arredor dun texto, “Negocios de familia”, que hai uns anos tirei fóra do pozo e que logo deitei de volta para o fondo pretendendo esquecelo. Durante anos chegábame algunha voz desde aquel burato máis as urxencias da vida diaria permitíronme non lles facer caso, até que as voces se foron facendo máis claras e fortes e tiven que procurar un oco nos meus días para voltar sentarme a escribir ao ditado desas voces. Ás veces ocorren cousas así.
O segundo, ”Conversando coa auga”, é un texto que naceu dun encargo da “Fundación Agbar”, que me propuxo escribir un texto sobre “a auga desbordada”. O terceiro, “Insomne” naceu de recibir os chicotazos da historia nas costas propias. O orixinal foi escrito como texto para magnetófono e como tal foi escoitado por primeira e única vez na “Sala Galán” de Santiago. Retomeino e corrixino, separándoo un pouco máis das circunstancias históricas que vivía naquel momento. Seguramente a persoas que o lean hoxe, ese ser terríbel lles resulte estraño e lonxano, hoxe o terríbel fíxose invisíbel, noutros tempos os monstros tiñan figura. (Da nota do autor).


ISBN:

84-7507-475-8

Caixón desastre

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 120
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

" Caixón desastre " (seis relatos) recibiu o Premio Galicia da Universidade de Santiago e axiña conmoveu ós lectores: pola súa novidade, pola súa frescura, polo seu corrosivo humor " simbiótico " , pola súa capacidade para observar a realidade, polo que anunciaba... Era o principio dun dos nosos narradores novos máis interesantes e de mellor aceptación popular.
Esta edición de " Caixón desastre " , o primeiro libro de Suso de Toro, sete anos despois, recupera aquela primeira frescura e amplíase con novos textos. " De 10 a 11 " " A paixón segundo San Mateo " é un magnífico relato, cruel e paranoide, extraordinariamente ben construido; " Aquí somos así, positivamente " quizais sexa o preferido do autor, e " Efecto astronauta " cerra a mostra de quen é xa, sen dúbida, un dos nosos escritores máis sobresalientes.


ISBN:

84-9782-098-3

Ten que doer «Literatura e identidade»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 296
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 23,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Este volume recolle unha ampla escolma de textos ensaísticos de Suso de Toro nos que alenta unha voz coherente e poderosa que, como nun xogo de espellos, vai retomando fíos e tecendo un discurso propio que enfronta aos lectores cos grandes interrogantes sobre a función da literatura e do escritor nun mundo sumido nunha forte crise de valores. Textos nos que autor reivindica a necesidade da literatura como excelsa vía de trascendencia, como medio, imprescindible, de dar sentido á vida. Textos nos que o se avoga polo retorno ás formas puras da traxedia e do drama, ao relato iniciático e a narración case arcaica como formas que poidan garantir o discurso humanista. Un libro inzado de reflexións dolorosas que convida aos lectores aceptar a crise das nosas ideas e crenzas e propón atreverse a pensalas de novo.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2025 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal