logo paquebote
80 libros encontrados buscando autor: SUSO DE TORO

www.paquebote.com > SUSO DE TORO

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788491211938

Humildar «Rituais despois de deus»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 48
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 7,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro naceu da envexa e das soidades de quen perdeu a relixión. Da falta da palabra sagrada e do ritual, da falta da linguaxe. Naceu de quen sabe que o oficio de escribir lle deu confianza no poder das palabras. Fiando nese poder máxico, Suso de Toro ofrece a posibilidade de ordenar as nosas vidas e vivir ritualmente os momentos necesarios, dándolles así sentido e transcendencia: o nacemento, o nome que levamos, a despedida de quen marcha, o casamento, os coidados, os lugares especiais… Estar orfos dun deus obríganos a procurarmos a maxia e o divino necesarios para unha vida ser vivida. Humildar é unha procura.


ISBN:

978-84-9914-372-9

Morgún «Lobo Máxico»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 168
Formato: Rústica
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A profecía do vello druída da fortaleza de Baroña, onde o rei Brath fora asasinado polo seu fillo Corrub, habíase cumprir: “o que morreu con traizón voltará polo mar, entrará no castro tres veces e entón recuperará o reino usurpado polo seu fillo. E o rei será raíña e a espada será o seu signo”. Morgún –aquel meniño aparecido na Lagoa onde moran as señoras da maxia e preto da Laxe do sol e da lúa, a pedra onde están escritos todos os destinos dos vivos– será o brillante guerreiro que libere da indignidade a aquela comunidade que asistirá ao nacemento do seu señor Breogán.
Esta novela épica de Suso de Toro ten por narrador a Dous Corvos, un guerreiro que narra o acontecido a Morgún, a quen el chama Lobo Máxico, un heroe celta que foi atopado cando meniño cun ollo de cada cor e cunha manda de lobos protexéndoo. A súa é unha historia chea de sangue, de feitos grandes e portentosos, de loitas, de terríbeis desgracias e de maxia.
“Morgún” é un relato épico celta enchido de maxia, profecías, vinganzas e destinos de heroes e semideuses. Unha narración que fusiona o relato de aventuras cos dramas shakesperianos e coas traxedias gregas. Unha novela de espada, maxia e bruxería chamada a converterse nun clásico popular da nosa narrativa.


ISBN:

84-9782-308-7

Outra idea de España «Mar de fondo»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro nace dun acto cívico, dun sentido do deber e da civilidade que ten ver coa ética e só dun xeito oculto e subterráneo coa estética. Forma parte, con Nunca máis Galiza á intemperie e Españois todos, dunha triloxía inesperada na que Suso de Toro narra e interpreta dende a súa subxectividade un ciclo histórico extraordinario, un tempo agónico que aínda vivimos. Tres libros nacidos da conmoción que supuxo a actuación do goberno de José María Aznar no asunto do Prestige e escritos dende a historia persoal, a memoria do país de noso, a memoria española compartida e as profundas conviccións democráticas e federalistas do autor. Un libro que propón, a través do diálogo, outra idea política de España e de Galicia. Unha ferramenta para abrir un tempo novo para unha sociedade que quere ser aberta e plural, decididamente libre.


ISBN:

84-9782-447-4

Home sen nome

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 400
Formato: Rústica, 14,5 x 22,1
Precio: 25,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nano, encamado no cuarto dun hospital, acompaña durante dous días a un vello terminal, só, entubado e consumido fisicamente. O vello, un home sen nome, un enigma invadido polas lembranzas, entre o delirio e o soño provocados pola medicación, enunciará o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irmán xemelgo, o seu paso polo Berlín onde emerxía o nazismo co que axiña simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul. A visita de Celia, unha xove guionista, obrigará ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelos…Empregando formas achegadas ao drama, Suso de Toro ofrece a súa obra literaria máis ambiciosa: un relato de ficción intenso e emotivo onde pairan como teón de fondo os acontecementos da represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexión perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos. Unha novela que procura as palabras necesarias que expresen e absolvan tanta dor afogada.


ISBN:

84-9782-089-4

Españois todos «As cartas sobre a mesa»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 21,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Neste libro o escritor Suso de Toro, recente Premio Nacional de Narrativa 2003 por Trece badaladas, pon as cartas sobre a mesa para reflexionar sobre temas políticos e sociais da maior actualidade. E faino desde un punto de vista persoal e como un acto cívico, con argumentacións cargadas de enerxía para volver a defender a democracia contra os que a queren desfacer desde dentro. Este libro propón unha idea de nación de cidadáns e de España totalmente distinta á dominante, construída sobre o nacionalismo ?castellanista? que chegou a nós directamente dende o franquismo. Unha España europea posible, e necesaria, na que convivan cidadáns e nacións. O autor parte da convicción de que Galicia (e Cataluña e Euscadi) precisa constituírse plenamente en nación que conta con poder político para saír do atraso e solucionar os seus problemas profundos. Estes textos son parte dun combate cívico a prol da permanente utopía democrática, impregnada de memoria republicana e federalista, que permita construír un novo espazo político de convivencia.


ISBN:

84-9782-245-5

Calzados Lola

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 408
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 25,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Calzados Lola é un relato mítico de iniciación no que o heroe, tamén a heroína, teñen que andar un camiño para gañar un coñecemento: quen son eles verdadeiramente, a través de coñecer a súa historia familiar oculta.
En Calzados Lola relátanse varias investigacións: a do desfalco dunha empresa, a dun pasado familiar, a de como construímos a nosa identidade. Varias historias contadas e suxeridas. Vidas veladas, o desvelamento da vida. O pasado e o presente, os pais e os fillos e os avós, os vivos e os mortos. Unha viaxe á orixe, unha escapada. O odio e o amor, a morte e a resurrección. Dúas novelas, unha de suspense e acción que nos arrastra na súa viveza,. e outra densa e fonda que conta a crise, esfarelamento e reconstrucción da identidade persoal. Un libro que conta, coa sensibilidade de hoxe, historias tan vellas como a xente. Unha novela atlántica.


ISBN:

84-8302-932-4

Nunca máis Galiza á intemperie

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 112
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nas páxinas deste libro, urxidas por unhas horas altas e amargas, reconstrúese a crónica do primeiro mes da enorme marea negra que atacou a ribeira atlántica. Dende os primeiros días do accidente do Prestige, o escritor Suso de Toro foi relatando e interpretando nos medios de comunicación esta catástrofe ecolóxica e humana, sepultada baixo un cobertor de silencio interesado, e a súa transformación nunha crise na política galega, logo na política española e agora nunha crise da política do Estado ante esta catástrofe de dimensións europeas e mundiais. Suso de Toro amosa nestas páxinas o seu convecemento de ter asistido durante este mes ao nacemento dunha nación; para el "o vello pole do orgullo nacional galego teimosamente gardado e transmitido atopou á fin un terreo humano no que prender. Unha sociedade que o acolleu". O escritor Manuel Vázquez Montalban sinalou que estas vibrantes crónicas de Suso de Toro merecerían formar parte dunha posible Historia Universal da Chapuza, título destinado a quen queira mergullarse nun dos capítulos menos estimulantes da conducta humana. Nunca máis Galiza á intemperie é un libro épico e comprometido, unha homenaxe aos mariñeiros galegos que, co seu valor e a súa determinación, nos deron a todos un exemplo de civismo e fecundaron o sentimento do orgullo de sermos galegos.


ISBN:

84-8302-827-1

Servicio de urxencias

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 14,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A doutora Chus Nespereira, a enfermeira Encarnación Silva, o doutor Paulino Pereiro, o celador Cipriano Vilariño e o doutor Dapena, Xefe do Servicio de Urxencias son os personaxes principais destas desternillantes quince minicomedias de situación que Suso de Toro preparou para televisión e que agora se publican, por vez primeira, recollidas nun libro. Quince guións da serie Servicio de Urxencias, emitida pola TVG en 1989, dirixida por Xaime Fandiño e protagonizada pola desaparecida Marisa Soto, e por Luma Gómez, Manuel Pombal e Antonio Durán Morris.
O espacio reducido do servicio de urxencias dun hospital galego, (as cabinas, as salas de agardar dos pacientes e a sala do persoal) serviulle a Suso de Toro para propoñer unha divertida escenificación do teatro da vida: os noivos intoxicados no banquete da súa voda, as propiedades curativas que poden ter os callos, uns vídeos pornos que provocan infartos, o papa Noel duns grandes almacéns que recibe unha boa vareada son algunhas das situacións que se recollen neste libro tinguido de humor e retranca de arriba abaixo.
O humor de Suso de Toro, nace da dor, como pensaba Castelao. O humor concibido como unha forma de encaixar a dureza das nosas vidas. E por iso é sempre máis ou menos cáustico, e por iso encerra o contrasentido de facernos rir das cousas que deben movernos a compaixón. Así sucede nestas situacións das urxencias hospitalarias, as minicomedias que se recollen neste volume: cando as persoas estamos máis desvalidas, vencidas, doridas… Iso é o humor: un modo de ir levando o que nos supera, as derrotas que non inflixe a vida. O humor é un modo de rebelarse contra a derrota.


ISBN:

84-8302-788-7

Trece badaladas

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 360
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha escritora ten dificultades para entrevistarse co director dunha productora de cine e coñecer a súa opinión sobre un guión que lle presentara. Cando finalmente o consegue, averigua que o seu texto nunca lle fora entregado ao productor, quen identificará no argumento daquela historia de sombras unha ameaza que lle resulta moi próxima a súa vida. A investigación dese enigma inquedante unirá aos mozos nun abrazo dramático, nunha historia de dous amantes sen esperanza. Trece badaladas, a nova novela de Suso de Toro, é un relato que arrinca dun acto de rebelión moi afastado no tempo, da cifra máxica por excelencia: a do destino maldito do rebelde. Unha novela froito da destilación do traballo literario de case unha década. Unha obra de intriga, que nos remite a un tempo de misterio, cando a xente cría no sobrenatural: a morte que axexa, o meigo resucitado que desafía ao Apóstolo, a Berenguela que anuncia a hora do demo.. Unha indagación sobre a memoria dunha cidade que é un labirinto hermetico sobre un mar de pedra: o enfrontamento entre o ben e o mal, o mito do sepulcro que alumou dende séculos a toda Europa. Un paseo, tamén, polos dilemas e as procuras de espiritualidade. Unha narración concibida como forma de coñecemento. Unha inmensa novela, abovedada de misterio, construída ao xeito de traxedia como unha rexa catedral románica.


ISBN:

84-8302-498-5

Non volvas «Filla da madrugada»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 20,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. 4ª Edición Premio da Crítica Española, 2001




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2025 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal