logo paquebote
10 libros encontrados buscando autor: Reimóndez, María

www.paquebote.com > Reimóndez, María

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

84-9782-040-1

O coche de carreiras

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica, 13 x 20 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Paquiño o galo, Xan o rato e Bartolo o gordecho sempre están dispostos a divertirse en Mulebap: montando en bicicleta, baixo unha fervenza ou descubrindo tesouros no vertedoiro. E aínda que un coche de carreiras é un tesouro fantástico, para estes tres amigos non hai nada mellor que estaren xuntos e compartiren os seus xogos e aventuras cun novo amigo."O coche de carreiras" recolle dúas novas das máis coñecidas historias escritas e debuxadas polo alemán Helme Heine, as tituladas "O coche de carreiras" e "A visita". Dúas divertidas historias dos habitantes da granxa Mulebap, unha granxa tan grande que nela hai lugar para todos; pero unha granxa, á vez, tan pequena que ata nos corazóns máis pequenos atopa lugar. Mulebap non lle pertence a ningúen igual que o sol e o aire non lle pertencen a ninguén. Mulebap pertence a calquera igual que o mundo nos pertence a todos.


ISBN:

9788491219903

Unha voz, moitas voces. Xela Arias tradutora

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 176
Formato: , 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Como tradutora, Xela Arias é unha voz e moitas voces. Non só porque usase a súa escrita para facer falar a outras, senón porque do seu traballo tradutor tamén se desprende unha ampla polifonía. Neste sentido, a súa obra dá testemuño do longo camiño que percorremos colectivamente no pensamento e na práctica da tradución en Galicia.
Estudar a obra de Arias de xeito atento, diverso en enfoques e como un opus
completo é importante para coñecela a ela, mais tamén para entender esa evolución, sen asumir saltos nin beatificacións. Xerais, en colaboración co equipo da revista Viceversa, non podía deixar de prestar atención a unha faceta tan relevante da figura de Xela Arias.


ISBN:

84-9782-442-3

Usha

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 152
Formato: Rústica, 13,5 x 19,1
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.





ISBN:

978-84-16121-96-0

XULIA MINGUILLÓN

Editorial: Urco   Año:   
Precio: 10,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

978-84-9914-500-6

Feminismos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 296
Formato: Rústica
Precio: 25,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora.
Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo.
En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou África subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos».
Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».





[1-10]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal