logo paquebote
21 libros encontrados buscando autor: Reigosa, Antonio

www.paquebote.com > Reigosa, Antonio

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411100724

Dicionario dos seres míticos galegos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 280
Formato: 28 x 21,5 cm.
Precio: 39,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 4 días.

O «Dicionario dos seres míticos galegos» é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ao tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o «Dicionario dos seres míticos galegos» pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña. O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no bergantín pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ao escoitar o paxaro da morte; enfrontarase co can negro, co lobo branco, coa peregrina, coa zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, pozos piagos e entradas do inferno, camiños ao alén e cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Mariamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá «O Ciprianillo» e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.


ISBN:

978-84-9914-916-5

Lendo lendas, digo versos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Velaí, en harmoniosa compaña, vinte lendas con cadanseu poema. Lendas extraídas das raiceiras da nosa tradición, a maioría pouco coñecidas, moi variadas tanto na procedencia xeográfica como na temática tratada; poemas que, como fillos da fantasía que son, tiveron que ser arrincados dos «recantos do … cerebro, anicados e espidos» pois semella que agardaban «en silencio que a arte
os vista da palabra para podérense presentar decentes na escena do mundo»
(G. A. Bécquer: Introdución a Rimas y Leyendas).


ISBN:

978-84-9782-468-2

Diccionario de los seres míticos gallegos (Cast.)

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 296
Formato: Rústica, 20,50 x 27
Precio: 39,95
Lo lamentamos, pero este libro no está disponible en estos momentos.

Con el rigor de un diccionario y el hechizo de una novela apasionante, este libro constituye una de las más importantes aportaciones al patrimonio cultural gallego de los últimos años.
En las 710 entradas de las que consta el Diccionario de los Seres Míticos Gallegos puede el lector encontrarse con gente pequeña, gigantes, ojancos, enanos, xacias, sirenas, xerpas, rabenos, encantos, lumias, lavanderas; entrar en los pazos de los moros y conversar con la Mourindade; robar el peine de la mora; recoger carbones que se conviertan en un tesoro; sufrir con paciencia a trasgos, diablos y tardos; dormir con Pedro Chosco, tener miedo de la Estadea; huír con Blancaflor o oír los cuentos de María Castaña.
El lector podrá visitar las tumbas de Orcavella y la Reina Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá en la fuente de Ana Manana; volará con brujas, chuchonas y nuberos; correrá siete parroquias con los hombres-lobo; verá como Dios crea demonios y ángeles; se asombrará con lobos, culebras, dragones, basiliscos, cocas, unicornios; navegará en el Bergantín fantasma; andará los caminos con la procesión de las ánimas; temblará en la noche al escuchar al Pájaro de la Muerte; se enfrentará con el Perro Negro, con el Lobo Blanco, con la Peregrina, con la Zarrulada, el Orco y con la Pastoriña; visitará ciudades sumergidas y enterradas, como Antioquía, Lucerna o Valverde, Pozos Piagos y entradas del Infierno, Caminos al Más Allá y Cabos del Mundo; conocerá a los cocos tales como el hombre del saco, el Sacamantecas, Maríamanta, la bruja de los dientes verdes; el Zampón y el Orco; leerá el Ciprianillo y desatará definitivamente el saco para coger a los biosbardos. Para encontrarlos, solo hay que abrirlo por cualquier página.


ISBN:

978-84-9782-428-6

A flor da auga «Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica, 14,50 x 22
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro, segundo da colección “Lendas de Galicia”, preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar.
A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobre vid de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Real…, e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.


ISBN:

84-9782-194-7

Arrepíos e outros medos «Historias galegas de fantasmas e de terror»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 168
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

“Arrepíos e outros medos” recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar.
O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de hoxe goce coa experiencia literaria do medo.


ISBN:

84-9782-115-7

Contos prodixiosos, II

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 80
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Estes dous volumes de Contos prodixiosos completan a colección Cabalo buligán, nacida hai cinco anos para recuperar e actualizar o conto popular de tradición oral galego. Preparados como as anteriores entregas polos escritores lucenses Xosé Miranda e Antonio Reigosa, a partir de versións orais existentes na actualidade, estes contos prodixiosos dan conta de algo ou alguén extraordinario que intervén na breve historia que refiren. Ás veces, o prodicio, a marabilla, é obra dun ser sobrenatural; outras, en cambio, é produto da habilidade e da capacidade dun personaxe listo que supera a situación con intelixencia. Sempre, en todo caso, como sinalan os autores, será o lector o que faga posible o prodicio do que se fala. O segundo volume, Contos prodixiosos II, que completa a vintena de entregas de Cabalo buligán, pon a disposición dos lectores contos que, dentro da clase de contos fantásticos, pertencen a unha nova categoría, a dos chamados relixiosos, pois son sempre protagonizados por Deus, por Xesús, polos santos e polo demo. Con todo, baixo a superficie pía destes contos, estásenos contando algo ben semellante o que se estaban contando nos de maxia, marabillosos, fantásticos ou de encantamento. Son estes, pois, estes os contos relixiosos de Cristo e san Pedro peregrinos en Galicia. O volume ilustrado por Chus Ferrín, inclúe o conto ?o vello e as lampadiñas da vida?, preparado por Antonio Reigosa e unha serie doutros máis breves, reesritos por Xosé Miranda, como ?Cristo e san Pedro en Galicia?, ?Os tres desexos?, ?A fonte no cu do lobo?, ?o ladrón transformado en asno?, ?o pecador resucitado?, ?A devota e o blasfemo?, ?Por qué é calvo san Pedro?, ?por qué a lúa está marxada?, ?As tres rosas? ou ?A fuxida de Exipto?.


ISBN:

84-8302-797-6

Máis contos de animais I "Contos da tradición oral de Galicia"

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

A colección Cabalo buligán reúne con­tos da nosa tradición oral, son as no­sas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un con­to. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou prin­cesas,en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corre­doiras da imaxinación.Os catro números da colección Cabello buligán dedicados ós contos de animais veñen a encher un oco baleiro no coñecemento, e no gozo, dos nosos contos e fábulas protago­nizados por animais.Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba transmítennos a través destes contos, aqueles míticos tempos "cando os animais falaban".


ISBN:

84-8302-798-4

Máis contos de animais II "Contos da tradición oral de Galicia"

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

A colección Cabalo buligán reúne con­tos da nosa tradición oral, son as no­sas historias, a nosa cultura. Cabalo buligán convida a contar e a escoitar un con­to. Poñámonos con el a salvo dos perigos da vida, transformémonos en príncipes ou prin­cesas,en torres que acobillan ós que están en apuros, tiremos do seu ramal, coa certeza de que cando sexa necesario nos prestará a súa montura áxil para bulir lixeiros polas corre­doiras da imaxinación.Os catro números da colección Cabello buligán dedicados ós contos de animais veñen a encher un oco baleiro no coñecemento, e no gozo, dos nosos contos e fábulas protago­nizados por animais.Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba transmítennos a través destes contos, aqueles míticos tempos "cando os animais falaban".


ISBN:

84-8302-550-7

Contos de parvos e pillos, II

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous volumes que titulan "Contos de parvos e pillos I e II" a un tipo de relatos orais que se distinguen doutros porque sempre hai un protagonista e un antagonista que son unha cousa ou a outra. Non sempre gaña o pillo, pois, como na vida, moitas veces o aparente parvo resulta ser un disfrace dun grandísimo pillabán. Contos moi divertidos que agochan o riso inxenuo, a burla inocente, nos que aboia a retranca do país."Contos de parvos e pillos I e II" dan continuidade ao amplo e rico abano de relatos orais tirados da tradición oral de Galicia, contos marabillosos, de maxia, de encantamento ou de animais. Unha edición coidada e un tratamento da ilustración de gran calidade iluminan esta sorprendente oferta literaria.O volume "Contos de parvos e pillos II", ilustrado por Hoa-binh Melgar, reúne os contos recreados por Xosé Miranda ("O galo, a escada e a fouciña", "As perdices do convite", "O matalobos", "o parvo e o xigante", "Bastián e Crispín", "os dez mandamentos", "O corazón do touro barroso", "Un bicho descoñecido") e por Antonio Reigosa ("O adiviñador").Cabalo buligán é un proxecto único en Galicia, que coa presente entrega acada os dezaoito títulos publicados, de recuperación e recreación da literatura de tradición oral que convida a lectores de tódalas idades a ler e contar.


ISBN:

84-8302-236-2

Contos de parvos e pillos, I

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: Rústica, 17 x 24 cm.
Precio: 10,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Xosé Miranda e Antonio Reigosa, responsables da colección Cabalo buligán, pretenden dar acomodo nos dous volumes que titulan "Contos de parvos e pillos I e II" a un tipo de relatos orais que se distinguen doutros porque sempre hai un protagonista e un antagonista que son unha cousa ou a outra. Non sempre gaña o pillo, pois, como na vida, moitas veces o aparente parvo resulta ser un disfrace dun grandísimo pillabán. Contos moi divertidos que agochan o riso inxenuo, a burla inocente, nos que aboia a retranca do país."Contos de parvos e pillos I e II" dan continuidade ao amplo e rico abano de relatos orais tirados da tradición oral de Galicia, contos marabillosos, de maxia, de encantamento ou de animais. Unha edición coidada e un tratamento da ilustración de gran calidade iluminan esta sorprendente oferta literaria.O volume "Contos de parvos e pillos I", ilustrado por Marcela Santorun, reúne os contos recreados por Xosé Miranda ("Ben pode ser") e por Antonio Reigosa ("As tres preguntas do rei", "Canto de hai e non hai", "O santo milagreiro", "Un pequeño xornal" e "O cura de Redondela", "O mentirán", "Xoán e Xoana", "O galego antes do naufraxio", "O Roso e o Mangante", "O conto de nunca acabar", "Contos falsos", "¿Queres que cho conte?", "Maneiras de contar os días da semana").



[1-10]  [11-20]  [21-21]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal