logo paquebote
4 libros encontrados buscando autor: Pedro Feijoo Barreiro

www.paquebote.com > Pedro Feijoo Barreiro

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-570-9

A memoria da choiva

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 472
Formato: Rústica
Precio: 24,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón.
En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano...
Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.


ISBN:

978-84-9914-919-6

Morena, perigosa e románica «Unha comedia dantesca»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 432
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século.
O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa. Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil... Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso?

• Pedro Feijoo Barreiro (Autor/a). Pedro Feijoo (Vigo, 1975). A súa formación é filolóxica, aínda que ao longo dos últimos anos exerceu profesionalmente como músico, levando a cabo unha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos. No ano 1997 publicou o seu primeiro libro, “Cousas do «Galicia», por Castelao”, ensaio no que se explica a importante relación do autor de Rianxo co xornal vigués que dirixiu Valentín Paz-Andrade entre os anos 1922 e 1926. No ano 2005 publicou “Viva o Fu Remol!” (Xerais), unha crónica desde a que se tenta botar unha pouca luz sobre os moitos problemas dos que adoece o panorama musical galego. En 2011 publicou o relato «O segredo do viaduto» no libro “XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos” (Xerais 2012). Como novelista publicou “Os fillos do mar” (Xerais 2012, Premio «Arcebispo Juan de San Clemente» 2013), traducida ao castelán, “A memoria da choiva” (Xerais 2013, Premio «Arcebispo Juan de San Clemente» 2015) e “Morena, perigosa e románica” (Xerais 2015), traducida ao castelán.


ISBN:

978-84-9914-346-0

Os fillos do mar

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 432
Formato: Rústica
Precio: 24,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.(*CR*)Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.(*CR*)Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.


ISBN:

84-9782-352-4

Viva o Fu Remol!

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 256
Formato: Rústica, 14,5 x 22 cm.
Precio: 20,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Pedro Feijoo, produtor musical e actual baixo de Lamatumba e anteriormente de Los Feliz e Kgben, neste libro desmiúza desde dentro o mundo da música popular en Galicia. Prologado polo escritor Suso de Toro e contando cun epílogo do músico e compositor Miguel Costas (Siniestro Total, Aerolíneas Federales, Los Feliz) ¡Viva o Fu Remol! ofrece de forma divertida, aguda e moi documentada un repaso á historia doméstica da música pop, ou popular, en Galicia e no noso tempo, de Jimi Hendrix e os Clash a Suso Vaamonde e Andrés Dobarro ou dos Ramones e Beatles a Resentidos e Diplomáticos… Consti-túe, ademais, unha auténtica guía e libro de instrucións para os mozos e mozas que pretendan adentrar-se no mundo do rocanrol, sexa analizando os problemas para formar unha banda, as posibilidades existentes para gravar as súas maquetas ou cómo realizar os primeiros concertos. Unha reivindicación da dignidade do traballo dos músicos. Un libro imprescindible para coñecer os acordes secretos do Fu Remol.



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal