logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Miranda, Xosé; Reigosa, Antonio; Trigo, Ramón

www.paquebote.com > En gallego > A flor da auga «Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas»

ISBN:

978-84-9782-428-6

A flor da auga «Historias de encantos, mouros, serpes e cidades mergulladas»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 176
Formato: Rústica, 14,50 x 22
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro, segundo da colección “Lendas de Galicia”, preparada por Xosé Miranda e Antonio Reigosa, recolle cento vinte e un relatos lendarios nos que a auga, proveña esta de fontes, dos ríos, do mar ou do ceo, xunto cos seres da mitoloxía popular relacionados con ela son os protagonistas principais. A flor da auga é a que se colle ao raiar o sol sobre a tona da auga das fontes ou do mar no amencer do día de San Xoán, representando o renacer cíclico anual, a volta ao comezo coma se o vello, o pasado, quedase borrado e tivésemos a oportunidade de volver a comezar.
A auga na nosa literatura popular ten consideración de ser vivo: nace, come, dorme, anda e ata morre. Dá e quita a vida, cura, limpa, fertiliza, purifica, mais tamén afoga, cobre vid de homes e animais, e ata pode asolagar vilas e cidades enteiras que se chaman Alcaparra, estabañón, Vilachá, Roma, Veiga do Real…, e moitas outras. Auga prodixiosa, pois, que tanto fai pola beleza, polo amor e pola vida, e que forma parte das crenzas herdadas dos nosos devanceiros. A recuperación de todos estes mitos e crenzas galegas arredor da auga é o propósito deste volume.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal