logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Mary Quintero

www.paquebote.com > Todos los libros > Mary Quintero «Retratista desde os 15 anos»

ISBN:

978-84-9914-937-0

Mary Quintero «Retratista desde os 15 anos»

Editorial: Xerais    Páginas: 200
Formato: Rústica cosido a fío, 23,50 x 27,00
Precio: 33,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este libro recolle os máis de sesenta anos de profesión de Mary Quintero, retratista dende os 15 anos. Ordenado en catro apartados, os tres primeiros (épocas do branco e negro, da cor e o dixital) recollen datos privados e técnicos, referencias a artigos periodísticos e anécdotas contadas pola propia fotógrafa. No último pódese visualizar parte da obra fotográfica, estruturada en varios capítulos: fotografía coloreada, retoque analóxico, proxector de fondos, época romántica, cambio de estilo, ambientación, cerimonias, retrato, etc.
Ao finalizar, móstrase unha pequena selección da súa pintura, coñecemento indispensable do seu percorrido profesional, onde segue usando a imaxe fotográfica como base.

• Mary Quintero (Autor/a). Mary Quintero (Melide, A Coruña 1931) iniciouse no campo da fotografía cos seus pais, fotógrafos de profesión, que a enviaron a Madrid para rematar a súa formación con Pedro Jaraba e Carlos Pascual de Lara.Con quince anos realizou a súa primeira exposición, e antes de cumprir os vinte era xa unha fotógrafa recoñecida en toda Galicia polos excelentes resultados que obtiña no coloreado das súas fotografías desde o seu estudio vigués.Durante máis de sesenta anos de profesión traballou a fotografía analóxica –en branco e negro e en cor– e a dixital; colaborou como relatora en numerosos congresos e seminarios celebrados ao longo de todo o Estado Español, Europa, Rusia e mesmo América do Sur, foi agasallada polos seus compañeiros de profesión en numerosas ocasións e recibiu múltiples galardóns, entre os que destacan o Premio ao Mellor Fotógrafo de España, a Granada de Ouro, a Medalla de Meritxell, «La novia del año Kodak» 1986, o Óscar do ano en 1990 e 2005, o título de Viguesa Distinguida en 1994, a Medalla de Ouro e Brillantes de Sevilla e a Medalla de Galicia., Fernanda Padín (Autor/a).



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal