logo paquebote
4 libros encontrados buscando autor: María Xosé Queizán Vilas

www.paquebote.com > María Xosé Queizán Vilas

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9782-593-1

Amor de tango

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 19,50
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

En Amor de tango María Xosé Queizán constrúe unha novela que reconstrúe o Vigo da república e da represión franquista a través dos recordos de Margot, unha das protagonistas. É a novela das mulleres que durante os esperanzados anos 20 e 30 foron rapazas activas, ilusionadas e decididas a descubrir o mundo. É a novela das traballadoras que espertaron á vida naquela urbe pioneira, atlántica e liberal que era o Vigo de preguerra. É a novela das obreiras das fábricas de sardiñas que están estreitamente ligadas están ao desenvolvemento industrial da cidade e da ría. É a novela dos trasatlánticos, das fábricas de salazón, do Cable Inglés, das grandes Navieiras, da emigración, do Berbés. Memoria viguesa, intimismo, historia miúda e persoal e retratos construídos desde un eficaz realismo constitúen os eixos sobre os que gravita este fermoso e inesquecible canto a Vigo e as mulleres que a poboaron.


ISBN:

9788497828895

Anti natura

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 136
Formato: Rústica
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Anti natura é unha viaxe polo saber. María Xosé Queizán descobre as trampas e simplifica as teorías que, desde Aristóteles ata Freud, lexitimaron o patriarcado, deténdose nas distintas concepcións do feminismo e apoiándose nos valores racionais de igualdade e xustiza. O saber é quen de mudarnos a mirada e de automodificarnos, de suprimir a opresión e a apropiación patriarcal; con todo, os cambios non serán inmediatos, a pesar das leis, e nin sequera se producirán de balde: traerán o custo do enfrontamento cos intereses sociais, políticos e económicos acomodados á situación, así como un custo de vidas humanas que as mulleres xa están a pagar. Toda viaxe leva a algures: esta viaxe parte do saber científico para rescatar as mulleres da escuridade á que estiveron predestinadas durante séculos para conducilas á luz pública.


ISBN:

978-84-9782-612-9

Cólera

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 64
Formato: Rústica, , 14,50 x 22 cm.
Precio: 16,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Este novo poemario de María Xosé Queizán tenta recuperar a memoria da resistencia contra o franquismo, desde mediados dos 60 a mediados dos 70. Foron anos de rebeldía en que se produciron as folgas obreiras, as loitas contra o réxime opresor, confrontacións que causaron mortes, detencións, cárcere, exilio… A autora reflicte un proceso histórico que viviu e padeceu. Foron anos de concienca ideolóxica e represión brutal; xa que logo non lle era posible rememorar ese terror sen ira, non podía escribilo sen cólera. Pero, aínda que a autora viviu os acontecementos, non os escribe en nome propio: están trazados dende o punto de vista masculino. Non podería escribirse desde a posición das poucas mulleres organizadas daquela en partidos e sindicatos: as mulleres non decidían, non contaban. Este poemario de lembranza e recoñecemento aos impulsores da conciencia política galega non sería o mesmo escrito desde a conciencia feminista. Tería que chamarse Cóleras, xa que as mulleres sentían unha dupla indignación porque padecían unha dobre opresión.


ISBN:

978-84-9914-197-8

Mary Wollstonecraft Shelley e a súa criatura artificial

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A escritora británica Mary Wollstonecraft Shelley espertou cedo o interese dos estudos feministas. A súa completa educación, pouco habitual nas mulleres da época, permitiulle crear a figura literaria de Frankenstein. Nese ensaio, a escritora María Xosé Queizán, coa excelente pulsión literaria que a caracteriza, adéntrase na personalidade da creadora británica, convidándonos a unha viaxe a través da súa biografía, a través do contexto sociopolítico do seu tempo, da revolución industrial, e tamén en torno ao poder que emana do seu personaxe de ficción, o imperecedoiro Frankenstein e o seu significado posterior. Mary Wollstonecraft Shelley herda da súa nai, a autora da Vindicación dos dereitos da muller, morta dez días despois do parto, a súa conciencia feminista e a busca dun racionalismo ilustrado.



[1-4]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal