logo paquebote
1 libro encontrado buscando autor: Lema Suárez, Xosé María;Domínguez Rial, Evaristo;Fernández Carrera, Xan;Mouzo Lavandeira, Roberto;Re

www.paquebote.com > En gallego > A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte

ISBN:

9788499141633

A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 352
Formato: Rústica cosido a fío, 14,50 x 22,50
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Comeza este libro cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos.
Os dous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un estudo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona.
Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar.
Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade.
Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten no encaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca.
Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público: o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestas…
Un apartado especial son as rutas para coñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como a arqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro.



[1-1]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal