logo paquebote
7 libros encontrados buscando autor: Héctor Carré

www.paquebote.com > Héctor Carré

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788413971209

Los criterios de oportunidad en el proceso penal mexicano. Teoría y práctica

Editorial: Tirant lo Blanch   Fecha de publicación:    Páginas: 280
Formato: 21,5 x 15 cm.
Precio: 24,90
Añadir a la cesta


ISBN:

978-84-9914-297-5

Febre

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 288
Formato: Cartonado, 13,00 x 21,00 cm.
Precio: 13,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoasmáis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dendeentón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombraà Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia eliberarse da tutela paterna. A represión, a inxustiza e a violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nesta páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Un western moderno, onde a pesar de que a súa loita é xusta, os heroes non son perfectos nin están exentos de culpa.



ISBN:

978-84-9121-915-6

Medos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 224
Formato: Rústica
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos... Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos. Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos poden ser ridículos e ata cómicos; pero outros son tan aterradores que nos impiden abrir os ollos. Ás veces temos tanto medo que nos falta o aire para respirar e cremos que non seremos quen de soportar a situación e, así e todo, conseguimos o valor necesario para tirar adiante e seguir enfrontando a vida. A fin de contas, temos medo porque aínda non estamos mortos.


ISBN:

978-84-9121-183-9

Febre

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 288
Formato: Rústica cosido a fío, 14 x 22 cm.
Precio: 13,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Carmucha, unha moza de dazasete anos, non ten medo de nada nin se amedrenta ante ninguén. Despois de coñecer as inxustizas que se cometen na mina de volframio, as atrocidades do corrupto e desapiadado cabo Marelo, e sendo consciente da actitude submisa daquelas mulleres, decide mudar o rumbo da súa vida de señorita e poñerse ao servizo das persoas máis humildes. Félix, o fillo dos caseiros da súa familia, será dende entón o seu gardacostas, máis tamén o seu máis leal conselleiro, a súa sombra… Carmucha, esta afouta heroína, terá que enfrontarse a un inimigo infinitamente máis forte ca ela para acadar a súa independencia e liberarse da tutela paterna.A represión, a inxustiza e a violencia daquel tempo do volframio, no inicio dos anos corenta, entrelázanse nesta páxinas coa esperanza, o amor e a loita pola liberdade e a igualdade. Un western moderno, onde a pesar de que a súa loita é xusta, os heroes non son perfectos nin están exentos de culpa.


ISBN:

978-84-9914-835-9

Hai que matalos a todos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 312
Formato: Rústica
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Nunha noite de marcha, Ernesto e Tesa gravan accidentalmente ao Príncipe cando atropela a un borracho. O feito non aparece en ningún medio de comunicación. Os rapaces pretenden vender as imaxes, mais non lles resulta fácil. Cando o CNI descobre a existencia do vídeo encarga ao seu axente Toni Capelán que impida a súa difusión. Xaora, uns xornalistas tratan de dar a coñecer a verdade do sucedido, mais para conseguilo terán que arriscar moito, xa que nas catacumbas do poder algúns pensan que para impedir o escándalo e a crise política hai que matalos a todos.
Unha historia que transcorre a través de tres continentes, chea de acción e de suspense, falando ás claras sobre o poder e o xornalismo, sobre a identidade e o anonimato, sobre a violencia e sobre o amor. Unha novela de acción trepidante e de lectura engaiolante coa que Héctor Carré se incorpora ao xénero negro.


ISBN:

978-84-9782-539-9

Diario do impostor

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 392
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 22,95
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Onofre García é un rapaz que se resiste a deixar de ser adolescente. Traballa nunha empresa de informática e un día, intentando impresionar a unha moza, asegura que é director de cine. O incidente provoca un cambio radical na súa vida, porque a moza resulta ser produtora cinematográfica e Onofre recibe unha oferta para dirixir unha película. Sen pensalo dúas veces, acepta e comeza a vivir como un impostor, tratando de aprender, en directo, os segredos da pantalla. Para saír airoso vese obrigado a disimular e enfrontarse a produtores, guionistas, axudantes de fotografía, actores, montadores, músicos, etc. Diario do impostor é unha novela trepidante que oscila entre a intriga e a comicidade, e ofrece un repaso do mundo do cine e a gravación dunha película desde os ollos dun neófito que aprende, a golpes, as leccións máis importantes.



[1-7]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal