logo paquebote
2 libros encontrados buscando autor: González Vicente, Manuel

www.paquebote.com > González Vicente, Manuel

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

8483028719

A casa da duna

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: Cartonado 21 x 21 cm.
Precio: 15,25
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

A casa da duna é un libro que nace dunha intensa comuñón entre texto e fotografía ao longo dun proceso de elaboración en común entre o escritor Fran Alonso e o fotógrafo Manuel G. Vicente. A casa da duna, desde a forza da imaxe e desde a intensidade da palabra e da historia que se narra, pretende reforzar o álbum ilustrado nese papel de pequena obra de arte que lle é outorgado no ámbito cultural europeo.
A casa da duna é tamén un texto fermoso, divertido, que se desenvolve á beira do mar e xoga cos elementos e as palabras relacionadas co mar, contándolles aos nenos, a través da palabra e da linguaxe fotográfica, unha historia apaixonante, misteriosa e engaiolante, dunha excelente calidade literaria. Practicamente por primeira vez e desde Galicia, A casa da duna renova e fai unha aposta pola fotografía como esencia do álbum ilustrado.
A protagonista do álbum, Alba, vive na casa da duna co seu gato Bicos. Encántalle deitarse na area para ver as ondas do mar. Un día, enriba dunha onda, chega unha nena descoñecida, pequerrecha como unha boliña, que lle dá un estraño aviso.
A casa da duna é, sobre todo, un álbum contemporáneo que emprega a linguaxe visual dos cativos e cativas aos que se dirixe. Un álbum que atrapa.


Disponible. Envío inmediato.

Enc. en tapa dura de la editorial con caja de conservación. 127 pp. Muy ilustrado con fotografías en color. Muy buen ejemplar. Textos en GALLEGO, CASTELLANO e INGLÉS. Edit. Ir Indo. Vigo, 1992.
Pensar en Baiona significa recrearse en imaxes de historia e de mariñeiría, pero a vila é, ante todo, un lugar señorial, cunhas xentes de modais cortesáns, pausados e encantadores. En Baiona, xunto á Virxe da Rocha, semella que o tempo se mestura nas formas xeolóxicas ou históricas creando ilusión arredor do observador. Lembranzas de Drake, das carabelas de Colón, do Novo Mundo; unha vila ao pé do mar.



[1-2]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal