logo paquebote
5 libros encontrados buscando autor: Francisco Calo Lourido

www.paquebote.com > Francisco Calo Lourido

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102322

A historia de España baseouse en falacias «Nin Reconquista, nin Imperio, nin Estado ata o XVIII, nin Nación ata o XIX»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 632
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 26,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Todos os pobos sentiron a necesidade de posuír unha Historia que lles permitise fachendear diante dos veciños. A de España foise forxando ao longo dos tempos ata rematar fixada, canonicamente, nos séculos XIX e XX. A súa síntese será transmitida, como adoutrinamento, a todos os cativos e cativas da totalidade do territorio: España é unha única nación cunha Historia común que, arrancando desde Altamira, facendo unha Reconquista, sendo unificada polos Reis Católicos, gobernando un Imperio etc., chega ata hoxe como a nación máis antiga de Europa. Con esta deturpada información histórica ficou a case totalidade da poboación. Os hispanistas discordaron con ese devir da nosa Historia e algúns historiadores españois sabían perfectamente que as cousas sucederan de xeito diferente a como tiñan que contalas, iniciándose, xa neste século, as discrepancias abertas coa Historia oficial. Este libro cuestiona toda a construción historiográfica dunha maneira orixinal, xa que o seu fío condutor discorre a base de ganduxar as ideas propias por medio de textos alleos para que aquelas vaian ben arroupadas cientificamente. Galicia non podía ficar á marxe desta historiografía.



ISBN:

8487819664

A plástica da cultura Castrexa Galego - Portuguesa. ( 2 vols.)

Editorial: FUNDACION BARRIE DE LA MAZA   Fecha de publicación:    Páginas: 912
Formato: Rústica, 21 x 15 cm.
Precio: 37,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

1ª edición.


ISBN:

9788499140964

Os Celtas «Unha (re)visión dende Galicia»

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 384
Formato: Rústica cosido a fío, 17,00 x 24,00
Precio: 30,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Os celtas, despois de moitos anos nos que se fixo investigación arqueolóxica sen precisar deles, rexurdiron, en Europa e en toda a Península Ibérica, como tema de investigación e, sobre todo, de polémica, na década dos oitenta. A comunidade científica, sensu lato, sufriu, en Galicia, unha división negativa entre celtófilos e celtófobos, como se de equipos de fútbol se tratase. Proliferaron, aquí, publicacións sobre o celtismo, nas que todo era, e aínda é, celta, ou nas que a verba celta pouco máis ocupaba que unha parte do título.(*CR*)Neste libro, o autor fixo un achegamento á cuestión, fuxindo dos tópicos e das repeticións miméticas do que se escribiu sobre o celtismo europeo. Galicia ten unha personalidade propia e diferenciada desde a Prehistoria, polo que o estudo do seu devir histórico precisa dun tratamento específico. Partindo da premisa de que o celta é, primo et per se, unha cuestión de lingua, faise un percorrido polo campo do indoeuropeo, polo Hallstatt e La Tène, tratados como culturas arqueolóxicas, así como polas actuais teorías científicas peninsulares, para rematar entrando en Galicia. Repásase, aquí, a historiografía de precursores e románticos sobre celtas e analízanse as fontes clásicas que fan referencia á Terra. Dedícase un denso capítulo á fulcral cuestión lingüística e outro á sociedade e a relixión no resto de España e en Galicia, sempre procurando as posibles semellanzas e diferenzas. Faise tamén unha incursión na materia de Bretaña, polo achegamento céltico medieval que puido significar e compárase a arte peninsular dos pobos ibéricos, da Meseta e galaicos, para rematar cun achegamento aos aspectos etnográficos que, de xeito superficial e mistificador, figuran nas publicacións sobre celtas.(*CR*)Ilustra o libro un completo aparato gráfico, elaborado ad hoc polo autor, así como unha bibliografía ampla, actualizada e en versión orixinal dos diferentes países europeos nos que se investiga a presenza ou ausencia de celtas. (*CR*)


ISBN:

978-84-88508-63-8

Vida e traballo no mar dos galegos

Editorial: MUSEO POBO GALEGO   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica
Precio: 20,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.



[1-5]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal