www.paquebote.com > Chus Pato
A sintaxe da utopía. Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama "a sintaxe da utopía". Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemaros de dificil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no 96 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora. A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que "recupra o silenciado e inscribe o utópico". A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo.
A escritura como desprazamento. O libro non como obxectivo, como final, senón como espazo que se alonga alén das súas marxes. Secesión é o resulado dun proceso de pensamento sobre a escritura, sobre os lugares, nomes e espectros que axudan a vivir. Textos nos que o sentido se despraza para, ao tempo, desprazar a literatura, rachar as ancoraxes que a fixan aos discursos de dominación. Chus Pato escribe para ferir, para traspasar a pel de quen le. Coma nun traballo de expulsión imparable, de separación, o texto xa non é de ninguén, é de si mesmo. Cambia, pérdese e permanece.
1ª edición.