logo paquebote
11 libros encontrados buscando autor: Carlos González Reigosa

www.paquebote.com > Carlos González Reigosa

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-9914-337-8

Tras da Corda

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 320
Formato: Rústica
Precio: 22,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

"Estes relatos de Carlos G. Reigosa son unha realidade auténtica e constante. Neles hai tensión narrativa, paixón levada ós límites, humanas cobizas e fraxilidades, temple de heroe ás veces… Adivíñase ás claras o esforzo introspectivo do narrador, mentres vai burilando os personaxes e urdindo situacións, sen que a liberdade na inventiva estrague a coherencia ou a verosimilitude (…). O narrador forxa unha prosa fluída de alta transparencia semántica, de autenticidade inobxectable." (VALENTÍN PAZ-ANDRADE)
"Admirable libro de narracións de Carlos G. Reigosa." (ÁNXEL FOLE).
"Libro de estilo directo no que Reigosa nos traslada á súa Corda natal para facernos copartícipes da vida e milagres duns personaxes que sen dúbida son os heroes e heroínas dunha mitoloxía tan persoal como entrañable e inesquecible." (ALFREDO BRYCE ECHENIQUE).


ISBN:

84-8302-606-6

Irmán Rei Artur

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 12,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Tres relatos curtos que constitúen unha nova invención galega dos temas do ciclo da Táboa Redonda. Tres narracións que completan a vella historia do rei Artur e os cabaleiros da Táboa Redonda con cadansúa recreación persoal que Carlos G. Reigosa fai dalgún episodio desde unha nova perspectiva moi libre.
A primeira, “A tentación de Lanzarote”, presenta ó meirande cabaleiro e o máis amigo de Artur na encrucillada de volver, despois dun ano de aventuras polo mundo, a mergullarse de novo nos seus dous sentimentos en radical conflicto: a paixón por Xenebra e a amizade con Artur.
Se “A tentación de Lanzarote” libera ó meirande cabaleiro da carga da traición por amor, alumando o perfil máis humano do heroe, o segundo relato, “Amor de Merlín”, libera ao meigo de quedar para sempre pechado dentro dun penedo por culpa duhna rapaza tarabela e ingrata da que o vello sabio se namorara. Neste xogo de amor serodio Merlín encarna a eterna disputa entre a sabedoría e a felicidade. E como é vello, sabio, meigo e fillo do demo, non debía caer víctima dos seus propios feitizos. El descubriulle as súas artes á moza por amor, pero gardou para si o milagre de renunciar á sabedoría a prol do amor e da felicidade.
Tamén, no último relato, “A morte do rei Artur” propón unha lectura nova da fin do mítico monarca bretón. Non estaba ben que Artur perdese a derradeira batalla, morto a man do seu fillo Mordred. Por iso Reigosa búscalle un final máis digno e cheo de esperanza. De xeito que Artur, sen o amor e amizade dos que el máis quería (Xenebra, Lanzarote, Galván...), vendo o seu ideal traizoado por culpa da ambición, xa que o mundo de paz e de xustiza que el construira derrúbase nas argalladas da política mentireira, escolle desaparecer con todo aquilo que xustificara a súa vida e agardar tempos mellores para volver e levantalo de novo. E no íntimo desexo do autor, " volverá moi axiña. Porque o mundo cada vez seméllase máis a como era pouco antes de el chegar " .


ISBN:

84-206-4407-2

El periodista en su circunstancia

Editorial: Alianza   Fecha de publicación:   
Formato: 15 x 22 cm.
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Prólogo de Fernando Lázaro Carreter El oficio de periodista está atravesando uno de sus momentos más delicados y apasionantes. Las cosas son (existen) porque salen en los medios. Nunca como ahora la sociedad que percibimos a través de estos intermediarios ha condicionado tanto nuestras vidas. Pero ¿qué son los medios?, ¿qué (o quiénes) mueven los hilos ocultos de la comunicación?, ¿cuál es la responsabilidad del periodista en la conformación de la opinión pública?, ¿cómo regular (si es que hubiere que hacerlo) las relaciones entre el derecho a la información y el derecho a la intimidad de las personas, los intereses de la empresa privada y los derechos del ciudadano, el trabajo de los profesionales y los cada vez más poderosos (y sofisticados) mecanismos del poder? En este volumen, Carlos González Reigosa, escritor y periodista con más de veinticinco años de oficio (siete de ellos como director de Información de la primera agencia de noticias en lengua española), reflexiona sobre algunos de los problemas básicos de una profesión que sin duda es piedra angular del funcionamiento de nuestra sociedad. La relación entre el periodismo y sus fuentes, las áreas de influencia económica y política de la información, la concepción cada vez mayor de la noticia como mercancía o espectáculo, la dictadura del mercado, el poder político, el poder militar, la aparición arrolladora de las nuevas tecnologías, la relación entre el idioma y la cultura, el papel de la prensa regional en España, etc., son cuestiones candentes que se abordan con documentación y conocimiento de causa. "Carlos Reigosa ha dedicado tiempo y talento a reflexionar sobre su oficio , hoy tan difícil, comprometido y, en muchos casos, arriesgado -escribe en el prólogo Fernando Lázaro Carreter-. Peligroso para el periodista, por supuesto, pero también para los demás..."


ISBN:

84-8302-212-5

O doutor Livingstone, supoño

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 256
Precio: 22,45
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

EDICIÓN LITERARIA-CRÓNICA-.


ISBN:

9788476600740

Crim a Compostel.la

Editorial: Bromera   Fecha de publicación:    Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 14,95
Añadir a la cesta


ISBN:

84-7507-423-5

Fuxidos de sona

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Precio: 13,75
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto –o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aínda seguía daquela polos montes ourensáns. A versión oficial calificábaos de bandidos. Pero eran outra cousa. A memoria dun tempo de cataclismos.
Carlos G. Reigosa, xornalista, adicou varios anos de investigación e traballo profesional a seguir os pasos destes protagonistas non sempre ben coñecidos da nosa historia contemporánea: os fuxidos.
Nestas páxinas hai testemuñas, relatos e noticias de primeira man que só agora saen á luz, logo de tanto tempo. Nalgúns casos son documentos excepcionais. Tamén latexa nelas a vida, a paixón dos homes, o amor e a desolación, idealismo, barbarie e xenerosidade.


ISBN:

84-8302-629-5

Narcos

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 352
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 23,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro -un detective madrigalego, serio, un aventureiro internacional con experiencia abonda- que fure a fondo no mundo dos narcotraficantes, un xeito de facerlles perder o sosego e a tranquilidade na que desenvolven a súa actividade. Enleado na resolución dun caso tan pouco frecuente, Nivardo coñecerá que un gran alixo de drogas vai cruzar o Atlántico para ser desembarcado na costa galega. Un xuíz teimudo está sobre aviso e disponse a interceptalo para dar un golpe de morte ó narcotráfico galego e colombiano. A trama complícase coa inesperada aparición doutro alixo en marcha e cun axuste de contas entre dous reis da fariña, herdeiros do vello amo do fume Don Orlando, que segue desde o cárcere atento ós movementos do seu negocio de contrabando de tabaco e haxis, manexado, agora, polo seu avogado Lito Ferro. Nivardo Castro e o xornalista Carlos Conde (os xa familiares personaxes de Crime en Compostela, O misterio do barco perdido e A guerra do tabaco) e a fotógrafa nova María Candea teñen un miradoiro privilexiado neste labirinto de fogos cruzados entre os Mingallos, os Castaños, os grupos de Roque Caruncho e de Eustaquio Lamote, as activas bandas do narcotráfico de cocaína, con importantes conexións internacionais, que se moven nas Rías Baixas, entre as poboacións de Vilavedra, Marmaariz, Beiramar, Vilarousa, Grobas, Illarón e Salgueiros. Mentres desenvolven a súa perigosa investigación, onde acadarán un protagonismo decisivo, a esta aliaxe inquebrantable sóbralles tempos para facer ximnasia da lingua nos seus garitos composteláns preferidos, onde nunca faltan o xornalista Darío Berdial, o fotógrafo Elpidio Bandeira, Luís do Cerne ou o concelleiro Estevo Xiráldez.
Narcos posúe dende o inicio unha acción trepidante, de ritmo forte e rápido, que arrastra ó lector compulsivamente ata un final violento e imprevisto.


ISBN:

84-8302-922-7

Intramundi

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 312
Formato: Rústica, 14,50 x 22 cm.
Precio: 24,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O pobo de Tras da Corda emerxe en menos de cincuenta anos dende a Idade media ata o século XX, entre as tensións da República, a brutalidade da Guerra Civil e a represión da dictadura. Anxo Xesto vislumbrou a miragre en 1928, cando concebiu unha estrada que puxera remate a tanto illamento e atraso. Unha idea que non sería doado pór en marcha. Tiña na súa contra ao poderoso cacique don Nazario, que non admitía cambio ningún nos seus dominios, e ao mozo comunista Aníbal Coronas, teimudo con facer a revolución. Só Dolores Teixeiro e outros veciños compartían o soño de Anxo Xesto.
O enfrontamento entre todos estes pesonaxes e as súas concepcións do mundo constitúe o eixo argumental de Intramundi, a nova novela de Carlos G. Reigosa, un fermoso mosaico de voces, ambicións e sentimentos. Carlos G. Reigosa desvela así unha parte do noso pasado, agochado nos pregues montañosos de Tras da Corda de irresistible atractivo pola cantidade dos seus tesouros. Para Alfredo Bryce Echenique:
" Intramundi é sen dúbida a novela de Carlos González Reigosa en que máis profundidade alcanza a gran habilidade deste autor para trasladarnos constantemente máis aló dos feitos e palabras dos que é responsable un personaxe ó longo de toda a súa vida. Chámense Anxo Xesto, o pragmático; Saúl Centeo, o idealista; Dolores Teixeiro, a sensual e paciente amante; Xosé Trabada, o eterno cura, ou Don Nazario, o poderoso cacique, os habitantes de Tras da Corda percorren durante catro décadas da España republicana e franquista o desacougante camiño que os leva da luz ás tebras, da convicción á dúbida e da lóxica ó desatino. Contradictorios, incoherentes, poboados por todos os seres que poden habitar nun mesmo ser, entrelazados fatalmente nas múltiples historias que compoñen esta novela, os personaxes de Intramundi pertencen á saga dos grandes nomes da novela clásica, aqueles que o lector seguirá sempre con profunda inquietude desde o nacemento ata a desembocadura do río das súas vidas. E das nosas "


ISBN:

84-9782-466-0

Pepa A Loba

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 160
Formato: Rústica, 14,50 x 22
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Pepa A Loba, a muller por antonomasia do bandoleirismo galego, ten por fin a súa novela de raigame histórica, xurdida dos propios alicerces desta afouta e rebelde capitá de gavela, que acadou sona no século XIX por máis de media Galicia. A súa memoria medrou imparablemente nunha lendahistoria forxada polo pobo galego dende entón, para ofrecer, ao cabo, a imaxe libre e inapreixable que hoxe temos dela. Unha muller indómita e combativa, malia as duras adversidades que sufriu. (*CR*)Carlos G. Reigosa atina cun relato directo e punxente que trenza unha intensa historia de amor sobre un fondo de violencia que emparenta co das Comedias Bárbaras e Divinas Palabras de Valle-Inclán, fillas do mesmo territorio e do mesmo espírito do tempo. Unha novela memorable de lectura engaiolante que, por riba da lenda, nos reconcilia coa verdadeira historia da máis famosa bandoleira galega de todos os tempos.(*CR*)


ISBN:

9788499140025

A vida do outro

Editorial: Xerais   Año:    Páginas: 264
Formato: Cartoné
Precio: 20,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

>I>A vida do outro de Carlos G. Reigosa é un espello no que cada un pode descubrir o seu propio rostro. O protagonista, Miguel Cano Goiriz, vive nunha sociedade en transición e busca respostas para as súas preguntas esenciais. As experiencias e as teimas da súa existencia rematan nun berro radical de afirmación e redención. Porque Miguel, xornalista de éxito e testemuña insubornable do seu tempo, acaba por dexergar un descoñecido no propio espello. Por iso se revolve contra o que é -e contra o que os demáis queren que sexa-, para ousar converterse en si mesmo e recoñecerse como tal. A vida do outro ten o celme da vida e da Historia. Nas súas páxinas alenta o misterio que nos transubstancia en buscadores da felicidade, ás veces por vieiros de extravío. Carlos G. Reigosa atina ó profundar nas chaves íntimas da vida que vivimos e que non sempre é a nosa. Quizais porque ás veces é a doutro. Inevitablemente. Esta novela gañou o XX Premio de Novela Torrente Ballester (2008).



[1-10]  [11-11]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal