www.paquebote.com > CESÁREO SÁNCHEZ IGLESIAS
Memoria. Tierra y Luz y Silencio. Palabra y Revelación. Memoria. Tierra y Mar. La Nube el Río el Todo que fluye. La imagen del niño. La mariposa lenta del estilo. La comunión cósmica. El lienzo nunca acabado. El fuego inextinguible en que arde una mujer h
1ª edición.
«A árbore que dá as lágrimas de Shiva» nace da desposesión, de desaprender. Na visión do sagrado é templo a árbore, a pedra pintada, a máis delicada alfaia mogol. O poeta vive dentro de si o intemporal humano. Sente o desamparo dos «invisíbeis», vulnerado pola súa mirada até ferilo e facelo sangrar.
Desde o interior da linguaxe que lle nace do propio idioma, nomea o que permanece, achégase ás deusas que vencen a ignorancia co coñecemento e descobre a estarrecedora beleza e o continuo esgazamento de lugares onde o humano pode desaparecer na infinita crueldade do patriarcado.
No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm. Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais. As bolboretas do Mekong pretende ser xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.
En Caderno do Nilo o poema adéntrase na historia da humanidade, nacida do río, a través dunha viaxe sen meta que é unha viaxe ao tempo, a constatación de como se habitou a natureza nun deserto abafado de luz.
Este periplo poético conduce ao centro da soidade, transida pola beleza, e constitúese nun itinerario transformador, que estimula no poeta a interrogación e procura «buscar algo que amar. Facer da viaxe morada».
A través das páxinas de Caderno do Nilo percíbese unha viaxe poética ao tempo e simultaneamente unha estadía fóra do tempo que se relambe na aprendizaxe, na frescura da pedra fría que foi fogar dos deuses, e que permite habitar descoñecidos desertos que agochamos no noso interior.
Só na megápole do Cairo aparece o cotián, convivindo o pasado, o presente e o futuro nun corpo vivo con feridas e cicatrices.
Logo da viaxe, o poeta resulta transformado porque o Nilo que atravesa o deserto sedimenta na súa alma un desexo de nudez.