www.paquebote.com > ALFONSO ALVAREZ CACCAMO
Un liberal axustizado durante o reinado de Fernando VII, vai visitar, por obra e graza da arte narrativa, a Galicia de finais da centuria pasada. Co recurso do contraste entre dúas realidades históricas, esta divertida novela introdúcenos nun universo literario que opta polo humor como vía de interpretación da realidade.
A presente obra, coordinada por Alfonso Álvarez Cáccamo, fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e o primeiro dos seus biógrafos, recolle un detallado percorrido fotobiográfico (con catrocentas imaxes e fotografías, unha boa parte delas inéditas ata o momento) sobre a peripecia vital e traxectoria literaria da figura homenaxeada o 17 de maio de 2008. Inclúe," ademais a semblanza de Xosé María Álvarez Cáccamo (“Notas para o álbum da vida de Xosé María Álvarez Blázquez”) e o ensaio de Darío Xohán Cabana (“A forxa dun esculcador”). O volume complétase cunha completa cronoloxía e bibliografía de e sobre Xosé María Álvarez Blázquez.
Lembrar é unha das experiencias máis humanas que existen, sobre todo lembrar aquilo que un nunca viviu, como acontece con Gurzonia, un país que non existe, mais existe porque se alicerza na creatividade do mundo infantil. Con estes bimbios está construído este artefacto literario que é algo máis ca unha novela. Presente e pasado, realidade e ficción, lembranza e invención se mesturan maxistralmente coa presenza constante dun sutil humorismo.
EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-.
EDICIÓN LITERARIA-NARRATIVA-. 2ª Edición Premio de Catro a Catro de Novela Curta, 1988
Os Gotten son unha xenerosa familia afincada en Galicia, fundamentalmente en Vigo e bisbarra, dende a segunda década do século XX. Ao terminar a Primeira Guerra Mundial, os irmáns Herbert e Stéfano Gotten Dahandra, beneficiarios dunha cuantiosa herdanza, deciden saír de Austria e trasladarse a Vigo coa intención de instalar unha factoría de conserva e salga de peixe. Malia un comezo con certas dificultades, en dous anos serán realidade as dúas fábricas de conservas Gotten, absorbidas dende o ano 1977 por outra marca local de prestixio. Os Gotten, familia culta e emprendedora, colaboraron co progreso e co emprego na bisbarra viguesa durante tres xeracións.
Este libro recolle os sucesos e historias dos Gotten contadas polos seus protagonistas, moitos deles os propios membros da familia, ou por outras persoas que preferiron permanecer no anonimato. En todo caso, na totalidade dos relatos salienta a xenerosidade e o grato sentido do humor dos membros desta familia á hora de falar con liberdade e sen complexos da historia común.