ISBN:
Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
978-84-9782-609-9
Proxecto pomba dourada
Miguel Vázquez Freire
Editorial: Xerais Año: 2007 Páginas: 160Formato: Rústica, 13 x 21 cm.
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.
Arno ó baixar do aerobús, de volta da escola, atopou ós vehículos da policía e a dúas ambulancias aparcadas diante da súa casa, unha inmensa torre de oitenta e cinco andares, habitada por duascentas familias. Arno soubo con total seguridade que a traxedia ocorría na súa casa e que nela os seus pais desempeñaban un papel sobranceiro e doloroso. Na mesma porta, un equipo móbil de televisión tomaba imaxes, mentres o comentarista, co micrófono na man, discutía cun policía que se negaba a deixalo pasar ó interior. «Comprendo como te sentes, –díxolle o inspector Lesoto–, pero seguramente terás interese en que descubramos os culpables deste crime».