9788484643388
Saltón no camiño
Arnold Lobel
Editorial: Kalandraka Fecha de publicación: 01/10/2017 Páginas: 68Formato: 21,5 x 15 cm.
?Saltón no camiño? reúne seis relatos do destacado autor estadounidense Arnold Lobel: O Club, Unha casa nova, A varredora, A viaxe, Sempre e Pola tarde. Con cada un dos personaxes
que atopa no seu longo camiñar, vivirá unha aventura,
unha experiencia que vai máis aló do que aparentemente amosa. Porque neste libro, o cerne está na propia viaxe.
As historias de Saltón, incansable camiñante e cidadán do mundo, trazan perfís inherentes á condición humana; transmítenlles
aos lectores a poesía que se oculta no cotiá. Mentres que para
o público infantil cada relato é un episodio máis nas peripecias
de tan peculiar protagonista, por riba das dificultades que atopa
no seu traxecto, os adultos atoparán nesta obra outras lecturas enriquecedoras: entre elas, que a felicidade está nas cousas simples, lonxe de cuestións que nos complican a vida e nos impiden acadar os nosos obxectivos ou gozar do día a día.