9788416721597
Confesións dun artista de merda
Philip K. Dick
Editorial: Faktoría K de Libros Fecha de publicación: 01/06/2020 Páginas: 336Formato: , 20,5 x 13,5 cm.
Ambientada na California dos anos 50, o protagonista é un tipo inxenuo, incapaz de diferenciar a realidade da fantasía e que non concibe o mundo coma a maioría da xente. Tras combater na II Guerra Mundial, retoma a súa afección preferida: recompilar de forma compulsiva teorías conspiranoicas e ideas estrafalarias. Por iso, para Charley, o marido da súa irmá Fay, é «un artista de merda»: Jack non se adapta á vida real e a súa irmá vese obrigada a rescatalo do caos no que vive acolléndoo no seu luxoso rancho ás aforas de San Francisco. Ela e o seu home representan o auténtico estilo de vida americano pero, baixo esa imaxe idílica, hai todo tipo de obsesións nocivas. Así, Jack verase envolto nun vórtice de angustia suburbana do que pode que non sexa quen de fuxir.