9788411103374
Mediometrópole e os superheroes
Carlos López
Editorial: Xerais Fecha de publicación: 29/06/2023 Páginas: 128Formato: 19 x 13,5 cm.
Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco saurio mutante chamado Morzilla que se dedica, entre outras cousas, a papar edificios enteiros, coma se fosen pasteis de cemento recheos de aceiro, e a ceibar lume pola boca sen considerar que é agosto e a xente xa está a pasar calor dabondo. As máximas autoridades da cidade toman cartas no asunto e tratan de acabar de varias maneiras, algunhas delas verdadeiramente disparatadas, coa terrible ameaza de Morzilla, a lagarta tamaño XXL.