logo paquebote
2917 libros encontrados buscando editorial: Xerais

www.paquebote.com > Xerais

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411102599

A Señorita Bubble. Deus salve as raíñas

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 128
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A señorita Bubble recibe unha carta de Isabel II e ten que viaxar de inmediato ao Palacio de Buckingham. A raíña está en problemas: hai unha invasión de ratas na cidade de Londres. Conseguiron entrar no palacio e roubaron unha das pezas máis valiosas da colección de Isabel II. Os roedores actúan baixo as ordes de Jack White, un cazador de ratas que conseguiu adestralas coa intención de dominar o Reino Unido. A inventora vai ter que despregar todo o seu enxeño para recuperar a peza roubada e tamén para que a paz regrese a Londres. Mais non o vai ter nada doado.


ISBN:

9788411102575

A parte fácil

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen "A parte fácil" aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes... A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis. Os contos de "A parte fácil" conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.


ISBN:

9788411102346

Bullying

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 21 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o acoso escolar, "Bullying", de Álex Alonso, foi galardoada co Premio de Narración Curta Ánxel Fole. A mellor reflexión sobre a novela está nas palabras iniciais do seu protagonista: «Cada vez que entro ao instituto penso no inferno, e, sinceramente, preferiría mellor estar aí embaixo, no subterráneo, ardendo nas chamas. Mamá di que o inferno existe e que o ceo tamén. O do ceo está ben claro que existe porque levanto a vista e velaí o está, pero o inferno, de o haber, non creo que sexa tan terrible coma este onde estou».


ISBN:

9788411102339

Multitudes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 216
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o rumbo dun destino que, tras a Gran Desconexión, parecía de novo encamiñado á escravitude e á explotación. Desta volta, os seres humanos que procuran liberarse das cadeas que estableceron as Familias non están sós. Nunha travesía que as leva a explorar o pasado e a reescribir o presente, árbores e persoas tentarán espallar unha semente de cambio nun mundo que busca rexenerarse. Tras os acontecementos de "Cobiza", "Multitudes" retoma os seres completos nunha continuidade de acontecementos. Mentres Seh-Dong e as rebeldes loitan contra as Familias, Dandara, Tassi e o resto navegan o Mar de Plásticos na travesía contraria á que trouxo os seres completos á antiga Capital do Oeste. Na necesidade urxente de confluír, atoparán respostas, tamén sobre o que aconteceu no pasado. Cunha multiplicidade de voces e percorridos, "Multitudes" é unha chamada á rebeldía vexetal da especie humana.


ISBN:

9788411102414

Lugo Philadelphia

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 18,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York. Imaxes e versos atrás do «azucre marrón». Un pé no profundo e outro na lama do que non brilla. Honky Tonk Husqvarna. Como un ollo aberto do que nace ao mundo. Estrofa, retrouso e riff. E as pintadas de Lito Pereira nas paredes da Piringalla. Canta o cuco na Terra Chá cando ouvean os Rolling Stones. Sempre vagabundos atrás dun anhelo. É só rock and roll: o boneco branco cos brazos en cruz no medio do camiño. É a poesía.


ISBN:

9788411102353

O valo

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 64
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 11,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

No medio do deserto, o Soldadiño de Chumbo, un neno soldado, chanta unha bandeira e coloca un valo de arame xusto onde o mapa marca a fronteira. Do outro lado do valo, Sahara, unha rapaza que foxe da guerra, trata de convencelo de que a deixe pasar, xa que está procurando un pozo onde saciar a súa sede. Peza dun único lance para dous personaxes coa guerra de Siria como pano de fondo, «O valo» propón unha emocionante reflexión sobre a igualdade e a paz entre todas as persoas e comunidades.


ISBN:

9788411102544

Antoloxía poética de Antón Tovar

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 312
Formato: 22 x 14,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Esta "Antoloxía poética" de Antón Tovar (Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004), que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos, permite que nos adentremos na obra poética dun autor que, en palabras de Delfín Caseiro, responsable da biografía introdutoria, foi "un home desacougado, que semellaba vivir nun pesadelo eterno, intemporal, na procura infatigábel da luz, da calma, da verdade, da felicidade".
As angueiras existenciais da condición humana, que tan acertadamente plasma Tovar nos seus versos, marcan a lectura desta antoloxía. Son versos que nacen do íntimo, que suscitan unha profunda emoción e a reflexión crítica de quen se deixa seducir pola súa lectura. A iniciativa do profesor Xesús Alonso Montero, o Museo da Limia (Vilar de Santos) pon en marcha este libro, en colaboración con Xerais, que rescata unha das voces líricas máis importantes da segunda metade do século XX, precisamente arredor da celebración do centenario do
nacemento de Antón Tovar. O Museo da Limia, con vocación de entidade aberta e dinámica, ten un especial empeño en promover e difundir as creacións que se producen no seu territorio. A Biblioteca da Limia recolle, desde o ano 2018, a produción do poeta da Pereira, Antón Tovar, así como boa parte da creación literaria de máis de cincuenta autores.


ISBN:

9788411102384

Vémonos mañá

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 304
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 18,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando.
«Vémonos mañá» é o relato da súa relación e das circunstancias singulares que mudaron as súas vidas, pero non conseguiron cambiar os seus ideais. A historia dunha muller que coñeceu o triunfo e a represión das súas ideas e que loitou incansablemente, sen darse nunca por vencida. E, ao mesmo tempo, o retrato dun home que sempre considerou que a ciencia debía estar ao servizo do progreso e da dignidade humana e que pagou un alto prezo polas súas conviccións.
«Vémonos mañá» presenta nun mesmo plano a resistencia valente e silenciada das vítimas e as accións públicas de quen puxo toda a enerxía en combater a represión. Unha impactante historia de amor e compromiso que amplía o enfoque da loita pola liberdade para mostrarnos o protagonismo feminino na retagarda como a outra cara do ardor bélico na batalla. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall, que se le co magnetismo da ficción máis trepidante.


ISBN:

9788411102360

Pomodoro

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 48
Formato: 19 x 13,5 cm.
Precio: 10,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O oso Pomodoro vive tranquilo nunha pequena casa de cor vainilla rodeada de ducias de maceiras que coida con esmero cada día. Polas mañás, colle a súa cesta chea de mazás e fai repartimento entre a veciñanza. Non necesita nada máis para ser feliz. Un día descobre que unha comunidade de vermes se instalou a vivir nas súas mazás, e xa ninguén desexa comelas. Pomodoro vai ter que buscar unha solución se quere recuperar a súa feliz tranquilidade.


ISBN:

9788411102391

Lobos doentes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 328
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa e o enderezo de tres prostíbulos. Este será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías que semellan ter un só punto en común: a aplicación da lei do talión.
Esta novela, na que o policía Sánchez Pereiro se transforma noutro dos moitos lobos e lobas doentes que loitan pola supervivencia, débelle o título ao poema de Rosalía «A xusticia pola man». Antonio Tizón aproveita este contexto para afondar na temática recorrente da vinganza, enlazada co 11-M como marco histórico da trama, e volve incidir, como en obras anteriores, na impunidade do poder fronte ao crime ou na confusión entre a loucura e a maldade. Aínda que agora, en «Lobos doentes», a narración intenta tamén descifrar a escuridade que rodea certas tendencias sexuais.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal