logo paquebote
354 libros encontrados buscando editorial: BAIA

www.paquebote.com > BAIA

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788496526518

Terra e nostalxia Galicia rural.

Editorial: Baia   Fecha de publicación:   
Precio: 11,06
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Velaquí temos entre as mans, nos tempos da imaxe, o que quere ser un receitario para recoñecernos no noso propio e infindo escenario. Territorio da "Galiza santa de romeiros e xoglares..." que cantou Cabanillas. Por moito que non se queira, parte nosa, a que, a pesares dos medos e das negacións, gardou as esencias da identidade e co esforzo do traballo ou da emigración, resistiu e nos fixo posibles. Fito e referente de futuro.
Ao pasar as páxinas deste libro, entre foto e foto, é como se abriramos xanelas ao espírito da terra, para atoparnos co maxestático e intemporal Nós que fomos e somos. Introducímonos aquí nun permanente convite de luces e sombras. Materia prima, abecedario, catecismo, para educar a ética e a estética fóra da domesticación consumista. Certo é que á natureza non podemos mellorala, pero si respectala. Cousa que os de antes tentaban, devotamente nela poñían aos deuses e ás deusas.
Fotos como fiestras, ás que non lles cómpre texto, que se abren ao escenario rural de Galiza, ese confín do mundo, cargado de misterios e nostalxias. Fisterras que dende o oriente das alboradas emproan cara ao occidente dos solpores, celebrando ao sol, a Venus, feita cuncha e vida. (...)
Como recomendación para a viaxe de internarnos no escenario do Nós, cómpre repetir as teimas do sabio don Ramón Otero Pedrayo: andar polo mundo coa mochila do saber sentir, de "enxergar" con todos os sentidos postos o "devalar", ese permanente devir heraclitiano: todo cambia, nós tamén e sempre entre esas rodas que enredan en bucles de espirais pasado e presente. Soamente poñendo todos os sentidos no seu sitio, tamén os da intuición poderemos introducirnos nunha especie de viaxe iniciática, de "Xogo da Oca", entre paisaxes e paisanaxes, para esvaecer brétemas e sombras, para recoñecer vellos camiños e sentirnos parte animista, panteísta dese devalar: vieiro, congostra que serpea polos ermos, entre as espesas fragas, atravesando por pontes antigos ríos que sempre van ao océano da Atlántida... vellos camiños, feitos polos pés dos camiñantes, vixiados por mosteiros, ermidas ou castelos. (...)
Nese andar pola vida temos comprobado, como é xente de fóra a que mellor recoñece e nos fai ver, enxergar, partes do Nós. Eles, como se de magos se tratara, introdúcennos naquilo que non nos prestamos a entender, a pesares de ser parte nosa. Namentres nos perdemos noutras alleantes e alineantes mimeses. Este é o caso de Gwendolyn Luo, ela que vén das casas do sol nacente, acende aquí, nos pétreos altares do solpor, en nós, conciencias alampeantes. (...)
(...)
Nós somos e seremos parte diso, e aquí, neste principio e fin, antes, agora e futuro, atopámonos. Un xeito de sacerdotisa do extremo oriente, coa súa cámara, fíxonos entender mellor o noso extremo occidente.
(extraído do Prólogo realizado por Felipe-Senén López Gómez)


ISBN:

9788496526709

(G).GUIA ARBORES DE GALICIA.(3.EDIC.)./GUIAS NATUREZA

Editorial: Baía   Fecha de publicación:   
Precio: 24,40
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.



ISBN:

9788496526297

A guía dos anfibios e reptís de Galicia

Editorial: Baia   Fecha de publicación:   
Precio: 16,55
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Esta guía estuda os 14 anfibios e 29 réptiles que é posíbel observar en Galicia, ilustrados a toda cor por Calros Silvar. Acompáñase a súa descrición coa información sobre a situación e riscos actuais que padecen, mapas de distribución e cunha completa clave de identificación con debuxos detallados das características morfolóxicas das distintas especies estudadas. Como novidade, inclúese un anexo que permite diferenciar as especies de máis difícil identificación.
Recollendo o mellor da divulgación e dos estudos realizados con anterioridade sobre a herpetoloxía galega, esta guía convértese, ademais, nun magnífico punto de partida para que persoas afeccionadas ao contacto coa natureza coñezan un mundo sempre sorprendente e "escorregadizo" e nun manual de uso imprescindíbel para estudantes e especialistas.


ISBN:

9788496526785

(G).GUIA DAS ORQUIDEAS DE GALICIA./GUIAS NATUREZA

Editorial: Baía   Fecha de publicación:   
Precio: 16,55
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788496526808

Os animais da cidade

Editorial: Baia   Fecha de publicación:   
Precio: 8,30
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días


ISBN:

9788496526471

Manual práctico de galego

Editorial: Baia   Fecha de publicación:   
Precio: 24,00
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.


ISBN:

9788496526310

Entre o ceo e o mar

Editorial: Baia   Fecha de publicación:   
Precio: 11,06
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Co ceo de eterna testemuña, a terra únese co mar ao longo de incontables quilómetros de costa en Galicia. A preciosista visión de Gwendolyn Luo busca a beleza detallista na vida cotiá do mar, dos mariñeiros e das xentes da beiramar, que viven todos os días a dureza e os agasallos desta terra-mar. Un exercicio de revelado e de rebelión contra todo o que de indiferente respecto ao mar ten identidade mariñeira.
(Prólogo do poeta Alexandre Nerium)


ISBN:

9788496526303

Ananiños do bosque

Editorial: Baia   Fecha de publicación:   
Precio: 11,06
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.


ISBN:

9788496526235

(G).GUIA MICOLOXICA DOS ECOSISTEMAS GALEGOS./GUIAS NATUREZA

Editorial: Baía   Fecha de publicación:   
Precio: 16,55
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal