logo paquebote
13 libros encontrados buscando autor: REI BALLESTEROS

www.paquebote.com > REI BALLESTEROS

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

978-84-941379-1-4

Presenza dunha ausencia

Editorial: AXOUXERE   Fecha de publicación:   
Precio: 18,00
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.



ISBN:

9788498653496

SOMBRA DOS TEUS SOÑOS (BIB. REI BALLESTEROS, 2. LITERARIA)

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 132
Formato: Rústica, 20 x 13 cm.
Precio: 16,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

NOVELA. CUENTO. NARRATIVA.


ISBN:

9788498652406

NOITE DO MOUCHO, A. (BIB. REI BALLESTEROS, 1. LITERARIA)

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 115
Formato: Rústica, 20 x 13 cm.
Precio: 14,20
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

NOVELA. CUENTO. NARRATIVA.


ISBN:

9788482888033

Non sei cando nos veremos

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 260
Formato: Rústica
Precio: 18,64
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

O protagonista da novela é quen conta a súa propia historia, unha vida na que plenitude e desengano, fracaso e ilusión aparecen mesturados inextricablemente. Desde o cárcere, e cun ton directo que non quere disimular nin agachar nada, o narrador confésalle a súa filla unha realidade persoal que, comezando polos anos de estudante nun colexio de relixiosos e despois como universitario en Compostela, chega aos lindes da experiencia humana ao participar na brutal represión exercida pola Triple A na Arxentina da ditadura militar. A vida e a morte como expresión dunha mesma experiencia, como dúas facianas dunha mesma realidade na que a vivencia espida e sen límites dos praceres da carne vai parella á da extición e a tortura. Rei Ballesteros fai convivir o asombro coa ironía, a orde coa desorde, o tempo como creador co tempo como destrutor, así logra transmitir ao lector a intensidade dunha existencia convulsa. Non sei cando nos veremos é unha novela que seduce e fai vibrar, narrada cunha habelencia literaria que non abafa a lectura e aliméntase dun pensamento inquisitivo e irreverente que se expresa a través do relato sen chegar a substituílo. Equilibrio na forma narrativa e intensidade no mundo que se expresa a través dela son as características que sinalan esta novela como a obra dun grande escritor.


ISBN:

9788482886039

Tempo e vinganza

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 308
Formato: Rústica
Precio: 23,25
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2002. Rei Ballesteros achégase a Hamlet, e faino cunha visión moi persoal á vez que extremadamente rigorosa, interpretándoo como síntoma e expresión da nova concepción do tempo e da vida, concepción que separou a sociedade e a cultura tradicional dun mundo no que a medición e o cómputo comezaban a ser os verdadeiros protagonistas. Un libro que nos redescobre a cerna da sociedade do século XXI ao constatar a pasaxe dun tempo "harmónico", natural e local, a outro eminentemente urbano e cosmopolita que pretende ignorar as contricións da natureza e no que prima a linealidade, a aceleración e a présa. A partir desta constatación, que vertebra e dá unidade conceptual ao ensaio, Rei Ballesteros realiza unha serie de suxestivos achegamentos a temas tan fundamentais na nosa cultural coma o amor, a morte, a familia, a orixe e a comunidade.


ISBN:

9788482882130

A sombra dos teus soños

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 136
Formato: Rústica
Precio: 12,40
Lo lamentamos, pero este libro no está ya disponible.

O autor non usa edulcorante, senón azucre de verdade; e o café del non é descafeinado, ao contrario: é negro e forte, e por iso pode inquietar. Atopamos relatos sobre un mundo antigo, unha Galicia rural, impenetrable, misteriosa, nos que o autor acada unha expresividade case magoante. Pero tamén hai contos sobre o mundo moderno, que se desenvolven tanto en Galicia como fóra. Fronte ao irracional dos tempos pasados queda patente aquí a irracionalidade da sociedade actual, da súa moral e das súas fatais atraccións. O máis importante nestes textos de Rei Ballesteros son sempre os personaxes: os seus erros, as súas feblezas, as súas obsesións, a súa individualidade. O autor non os describe, móstraos cunha actitude de sorpresa, como a pode ter o propio lector. A quen lle guste a literatura intensa e ben escrita, vaille agradar este libro, A sombra dos teus soños: un título igual de fermoso que cheo de sentido.


ISBN:

9788471548108

Loaira

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 504
Formato: Rústica
Precio: 31,75
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 7/14 días

Esta novela de lectura independente está intimamente emparentada con Dos anxos e dos mortos, pois os seus protagonistas son os mesmos. O erotismo, a política, a arte e a vida enteira, coa súa irredutible complexidade, aparecen agora contempladas desde a perspectiva da madurez nunha visión totalizadora e propia dun gran novelista. Nesta novela, Rei Ballesteros bota man dun humor lúcido, corrosivo e acedo, pero nunca desesperado.


ISBN:

9788471547859

Dos anxos e dos mortos

Editorial: Galaxia   Fecha de publicación:    Páginas: 174
Formato: Rústica
Precio: 16,60
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

É unha novela que pretende retratar a vida dun grupo de xóvenes, homes e mulleres, que viven no Santiago dos anos setenta. Un libro escrito con paixón e lucidez, que nos ofrece unha pintura viva e intelixente duns modos de vida que encarnan unha maneira de ser moi representativa da mocidade daquel tempo.


ISBN:

978-84-9151-585-2

DIFICULTADE DE FALAR, A. ARTIGOS E ENSAIOS

Editorial: GALAXIA   Año:    Páginas: 394
Precio: 19,60
Añadir a la cesta



[1-10]  [11-13]  

Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal