Disponible. Normalmente se envía en 3 días.
Na inmensa sabana o león dorme, ronca, soña. Soña o león cun melocotón? O león esperta coa boca aberta. Entón lémbrase do melocotón dourado?, saboroso?, delicioso? O león estírase, levántase, despois mexa detrás dunha planta. Ole o aire e ponse en marcha? ?Elefante comellón? é un divertimento literario protagonizado por varios animais: o león, a pantera, a gacela, a galiña, a ra... a cada un antóxaselle unha froita e, percorrendo a sabana, buscan onde saciar o seu apetito. Trátase dun relato humorístico de estrutura acumulativa e repetitiva que establece un divertido xogo de palabras rimadas, polo que resulta especialmente indicado para ser contado a primeiros lectores. Rafael Ordóñez enriquece o texto con fragmentos narrativos e diálogos entre os personaxes, polo que o alcance desta obra faise extensivo tamén a lectores autónomos.