logo paquebote
3160 libros encontrados buscando Materia: Libros de en gallego

Orden: · Ver: · Tipo:
ISBN:

9788411104548

Ideafix e os irredutibles, 1 «En loita contra os romanos!»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 72
Formato: 20,2 x 16 cm.
Precio: 9,94
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Esta nova colección de cómics baseados na primeira serie de animación para televisión derivada do universo Astérix promete satisfacer a todos os fans. Nela descubriremos a historia de Ideafix e a súa banda de irredutibles antes de que o carismático cadeliño coñeza os famosos heroes galos. Nas páxinas deste libro, Ideafix e os seus amigos (cans, gatos e mesmo aves) loitan sen cuartel contra o invasor romano, que trata de romanizar a Lutecia antiga, e establécese así un paralelismo co que ocorre nos famosos álbums creados por Goscinny e Uderzo.


ISBN:

9788411104951

As matemáticas máis sorprendentes

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 224
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 15,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A curiosidade é un dos vimbios cos que se constrúe o berce no que nacen a aprendizaxe e o coñecemento que moven o mundo. E os aspectos máis sorprendentes do coñecemento, espertan en moitos casos a emoción que leva a desenvolver o espírito crítico e a iniciativa emprendedora e investigadora do ser humano, que nacen do asombro e a curiosidade.


ISBN:

9788411104753

Varetai. Protectora de espíritos

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 144
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 12,50
Añadir a la cesta
Próxima publicación. Se lo enviaremos tan pronto como aparezca.

Lía é unha rapaza especial, dende cativa é capaz de ver os Vareti, espíritos elementais que protexen o mundo. Cando as cousas comezan a se torcer na vila, decátase de que algo non vai ben. Quen está provocando desastres? Quen son eses seres que apareceron de súpeto? Xunto con Brisa, a súa inseparable amiga, tentará solucionar a desfeita antes de que cobre dimensións épicas.


ISBN:

9788411104821

Abonda con vivir «Luísa Villalta»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 192
Formato: 20 x 13 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva.
Unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta.
Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu.


ISBN:

9788411104623

Un animal chamado néboa

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que pode chegar a concibir o ser humano. É en situacións límite cando as persoas sacan a relucir comportamentos insólitos, para ben e para mal. No escenario da II Guerra Mundial tiveron lugar episodios tan estarrecedores e crueis que algúns deles resultan imposibles de dixerir.
«Un animal chamado néboa» é un libro de relatos onde a ficción se constrúe a partir de diferentes acontecementos sucedidos durante o conflito bélico. O cerco de Leningrado, o naufraxio do buque «USS Indianapolis», os métodos de tortura da banda de criminais ao servizo do italiano Pietro Koch, a realidade das mulleres prostituídas en Mauthausen ou a terrible misión do «Enola Gay» forman parte dalgunhas das historias que compoñen este libro. Escrita de xeito directo e descarnado pero sen perder nunca de vista o contexto histórico, esta obra é un retrato desolador e emocional do comportamento das persoas en circunstancias extremas. Un pulso crítico á condición humana.


ISBN:

9788411104609

Esperta do teu sono

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 482
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 19,50
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

«Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas.
Entre misteriosas mortes e vellos rancores, Vila Amparo, un porto de mar da Costa da Morte, será testemuña da paulatina toma de conciencia e organización por parte dunha veciñanza que non acepta un destino colonial. O bibliotecario, as profesoras, Vitoria, o percebeiro Urbano, os mestres xubilados, a peixeira Carmela, o Tetris e mais Rou protagonizan un núcleo de resistencia na vila nunha loita histórica que se enfrontou á corrupción das elites políticas e económicas no goberno.


ISBN:

9788411104593

Os vagalumes de Marí

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 56
Formato: 24 x 17 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase. Marí nunca podería imaxinar que o conto que lle contaba o pai sobre monstros e vagalumes teña algo que ver coa posibilidade de que o faro volva iluminarse antes de que o seu pai chegue a porto.


ISBN:

9788411104579

Formigas. Misión Entroido

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 112
Formato: 21 x 14 cm.
Precio: 12,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. En «Misión Entroido» as FORMIG4S enfróntanse ao doutor Paumao durante estas populares festas. Que tramará o malévolo científico? A brigada especial será capaz de poñer freo aos seus plans? Entroido, tempo de diversión e de aventuras da man das FORMIG4S entre máscaras e disfraces por Galicia adiante.


ISBN:

9788411104562

As peregrinacións a Compostela «Mito, historia e falsidades»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 208
Formato: 21,5 x 14 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

Que as peregrinacións a Compostela son un fenómeno multitudinario é obvio. A inflación xacobea é algo que se sente na cidade de Santiago e noutras partes do país, máxime cando hoxe está ligada ao desenvolvemento dun turismo de masas que ameaza a Galicia. Mais cal é a relación destas peregrinacións coa súa historia? Foron sempre así? As ducias de «camiños de Santiago» son reais ou pura invención? Teñen os ritos xacobeos fundamento histórico? Canto hai de operación política e turística na actual recreación contemporánea das vellas peregrinacións? Promoven realmente o desenvolvemento do país?
A estas e outras cuestións trata de responder este libro dende un punto de vista histórico, crítico, afastado por tanto da propaganda oficial que manipula o noso pasado no seu propio beneficio e dos que din crer nela.


ISBN:

9788411104555

Somos un pobo de artistas «O método Luísa Villalta»

Editorial: Xerais   Fecha de publicación:    Páginas: 248
Formato: 23 x 15,5 cm.
Precio: 17,95
Añadir a la cesta
Disponible. Normalmente se envía en 3 días.

O primeiro monumento da literatura galega son as cantigas medievais. Os "Cantares Gallegos" de Rosalía son o gran referente do Rexurdimento. Cantigas e cantares. Non obstante, a música sempre estivo ausente nas clases de literatura. En 1999 Luísa Villalta publicou "O outro lado da música, a poesía", libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si ambas as dúas artes. Seguindo o seu método, penetramos na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia. E buscámola especialmente nas marxes, territorios case invisíbeis para o gran público, onde medra cada día o poder da creatividade.




Si no ha encontrado el libro que busca, pinche en nuestro servicio de Pedido Directo y pídanoslo.

Volver a Página Principal

Otras novedades


© Paquebote 1998-2024 Todas las secciones | Ayuda | Aviso Legal